Imaxes de Santa Comba

A historia de Santa Comba por medio de fotografías non sería posible sen a colaboración dos veciños deste pobo.
Uns cedendo fotografías e outros identificándoas, están todos os que son e seguro que nos olvidamos dalgúns…
O NOSO ESPECIAL RECORDO ÓS COLABORADORES QUE SE FORON SEN PODER VER ESTE PROXECTO REMATADO

HISTORIA FOTOGRÁFICA DE SANTA COMBA
A TODOS, GRACIAS

 

José Luis Varela Martínez

Deseñador da Web
 

Comarca do Xallas
Santa Comba

  • Desde hoxe http://www.santacombanamemoria.es ofrece un percorrido gráfico polo pasado de Santa Comba a través de máis de 5.000 fotografías.
  •  

    • Grazas á achega de máis de 400 veciños e empresas da zona.

     

    Santiago, 5 de maio 2013.- “Santa Comba na Memoria” é unha web para o recordo e un repaso a historia do século XX do municipio xalleiro, que desde hoxe está accesible na dirección http://www.santacombanamemoria.es.

    A través de máis de 5.000 fotografías “Santa Comba na Memoria” abre unha fiestra ao pasado do concello desde o ano 1900. Tras o traballo de escaneado, e clasificado realizado por José María Suárez Mariño e o seu equipo, fun o encargado de crear a páxina web e dotar de contido aos milleiros de documentos gráficos que achegaron 400 veciños e empresas do municipio.

     

    O resultado, unha páxina web que nace co obxectivo de manterse viva nutríndose coas achegas dos xalleiros transformouse un vello proxecto do Concello en realidade.

     

    Os visitantes de “Santa Comba na memoria” atoparán a traxectoria do municipio ao longo do século XX clasificada por temas. A historia de Santa Comba coas lendas, os comezos da banca e o patrimonio artístico compoñen un dos principais apartados da web. A mina de Varilongo, que converteu ao concello nunha das principais zonas mineiras de Wolframio desde a II Guerra Mundial ata mediados dos anos 60 ten o seu propio espazo, así como os edificios, os vehículos, as rúas e os personaxes emblemáticos do concello ao longo do pasado século. A estes apartados súmanse outros que aglutinan as fotografías agrupadas por temas: música, educación, emigración, vida social e relixión. O contido complétase con espazos dedicados á flora, fauna e micoloxía de Santa Comba.

     

    Tras un traballo de cinco meses a web  reúne nun mesmo espazo os retallos de historia gardados en papel durante un século nos fogares de Santa Comba.

    Santa Comba na memoria

    Historia fotográfica de Santa Comba

    Edificios

    No desenvolvemento e no progreso dun municipio xogan un papel importante a cultura, a educación, o deporte ou as estradas; pero sempre haberá dous negocios que por riba de todos marcarán para sempre ós veciños dun pobo: As tabernas e os ultramarinos. Considerados centros de reunións, de ocio, de comercio, lugar da compra diaria, faladoiro, e onde os nosos devanceiros comezaron a ver as primeiras novelas nunha televisión en branco e negro.

    77 Fotos

    Edificios de educación

    Construindo os edificiós de educación.

    10 Fotos

    Educación

    “Casa o habitación suficiente para el maestro y su familia, local para la escuela, menaje y los útiles necesarios para la enseñanza, papel, plumas y libros para los niños absolutamente pobres… un atestado del alcalde y cura párroco de su domicilio que garantice su buena conducta moral”. A praza estaba dotada con 1.852 reais anuais nunha primeira convocatoria e, posteriormente, con 2000 reais anuais. Pero anos despois, a situación é de “desastroso y lamentable estado…con el censurable abandono de los maestros por parte de los alcaldes y ayuntamientos, sin pagarles sus asignaciones y material de escuelas que tenían y debían tener un capítulo seguro, cierto y determinado en el presupuesto municipal”… O sistema estaba corrompido e moitos dos mestres cobraban as prestacións correspondentes pero sen impartir a docencia esixida, de aí os enfrontamentos cos concellos e a falta de pagamento dos salarios.

    60 Fotos

    Emigración

    “Pues padre es para decirle que hoy a las 7 de la tarde em- barcó Manolo y Che do Manchego. Lleva el baúl que vd. decía... Manolo lleva varios encargos, ya todas llevan el nombre y quien son para vd. vá 1 blta. Carbonell de 10 lts. Aceite, 4 botellas de Veterano... 10 latitas de pulpo a la primavera... o sea que todas las cosas que van sin nombre son suyas, que las encargas van bien aclaradas con nombre... hace dos días que le entregué a los de Mallón las 1.000 pts, también va el baúl una bolsa con garbanzos y un poco de unto para el Souto ese no lleva nombre, creo, pero tienen la bolsa por fuera el nombre de Primitiva... y de las encargas café, sacos, puros, enfin todo lo que vd. decía recibimos integro...”.

    35 Fotos

    Fotos de perxonaxes tipo carnet

    Conscientes de que os verdadeiros autores da nosa historia son tó- dolos fillos e fillas de Santa Comba, nacidos nesta terra ou adoptados por ela, esta lembranza a uns poucos, que quere ser o testemuño do paso do tempo.

    260 Fotos

    Música

    Santa Comba non é un concello que teña moita tradición musical, onde ano tras ano se manteñan numerosas bandas de música, gaiteiros, charangas ou orquestras, como ocorre en moitos mu- nicipios onde a tradición, a formación de base e as sagas familiares fan que as formacións perduren no tempo. Santa Comba non tiña unha formación musical estable, pero houbo uns cantos xalleiros empeñados en deleitar ós veciños cunhas actuacións e anécdotas que permanecerán na memoria de moitos.

    78 Fotos

    Personaxes

    Conscientes de que os verdadeiros autores da nosa historia son tó- dolos fillos e fillas de Santa Comba, nacidos nesta terra ou adoptados por ela, esta lembranza a uns poucos, que quere ser o testemuño do paso do tempo.

    94 Fotos

    Rúas

    DE 1953 A 1965 UN PERÍODO CLAVE PARA SANTA COMBA A PRIMEIRA GRANDE ENTRADA NA MODERNIDADE
    A vila ía entrando a pasos axigantados na modernidade, mudando o aspecto rural por un máis urbano, pero sen perder a cohesión do primeiro. Santa Comba experimenta un cambio acorde cos tempos de desenvolvemento e obtén grande importancia a nivel provincial.

    64 Fotos

    Vehículos

    “Los Diputados que suscriben, teniendo presente el estado de abandono que por parte de la provincia se ha considerado el distrito judicial de Carballo, que no tienen una sola carretera provincial completa, ni un camino vecinal que hubiese sido subvencionado con fondos provinciales, ruegan a la Excma. Diputación se sirva declarar carreteras provinciales las de Santiago a Lage, por puente Portomouro, Santa Comba y Zas, la de Carballo a Alvite por Santa Comba, la de Corme al puente de Portomouro por Puenteceso y Castriz”.

    137 Fotos

    Vida social

    A nosa vida social réxese por unhas normas non escritas, pero por todo o mundo coñecidas, e que no caso dos pobos pequenos, en tempos pasados, baseábase nuns costumes e actos sociais ós que todo o pobo asistía e onde todos se coñecían. A forma de vida de antano, as difíciles comunicacións e os escasos vehículos facían que a participación nas mesmas, por parte de foráneos, se reducira ós que, por un ou outro motivo, estaban obrigados de desprazarse e establecerse en Santa Comba, onde moitos deles, posteriormente, botarían raíces. Xeralmente era persoal cualificado, sacerdotes, persoal da cámara agraria, enxeñeiros da mina, mestres ou persoal sanitario que vivían de fonda na “Casa de Capeáns” ou na de “Ordóñez”.

    347 Fotos

    Relixión

    Nunha pequena ermida en “Santa Catalina Darmada… muy sucia y llena de basura e paresce que en ella hacer muchos fuegos..., duermen hombres y mujeres, personas deshonestas y de mal vivir y hacen estúprulos y deshonestidades en ofensa de Nuestro Señor Dios y de la Virgen Santa Catherina”.

    91 Fotos

    A Banca

    Empezaban a chegar remesas de cartos procedentes dunha emigración enraizada e tamén diversas transaccións agrarias, así como a implantación do comercio e da pequena empresa, polo que comezaron a facer acto de presenzia os bancos.

    8 Fotos

    Enerxía Eólica

    AQUÍ INSTALOUSE EN 1983 O PRIMEIRO MUÍÑO DE VENTO CON FINS COMERCIAIS
    Galicia converteuse, desde hai anos, nun referente no desenvolvemento da enerxía eólica. É a comunidade española líder en produción, grazas a unhas condicións de vento excepcionais, que a sitúan como o sexto país do mundo que máis electricidade xera a través dos aeroxeradores. Pero os comezos non foron, nin moito menos, sinxelos, donde Santa Comba pasará á historia como o pioneiro deste tipo de enerxía.

    14 Fotos

    Feiras

    Datan de principios do século XIX e os feirantes de Xallas, en realidade, son os grandes protagonistas do comercio de subsistencia de Galicia. A habitual feira de Santa Comba ten a súa orixe en 1813 “por estar Santa Comba en el centro de unas 18 parroquias que distan de él, la más legua y media y que no tienen a igual inmediación sino una, llamada de la carballeira, que se celebra en uno de los extremos”. Chegou a haber feiras en varios lugares do municipio.

    9 Fotos

    Irmandamento con Río de Xaneiro

    Irmamento con Río de Xaneiro,Río de Xaneiro,Santa Comba, Xallas,Xalleiros, todo xuntos coma irmans.

    21 Fotos

    Rede hidrográfica

    RIO XALLAS UNICO EN EUROPA EMBLEMA DUNHA BISBARRA
    O río Xallas é o elemento definidor da bisbarra. Drena e articula a paisaxe recollendo cursos de auga mentres cruza o concello de norleste a suroeste e divide o municipio nunha parte norte e outra sur, para proseguir por Mazaricos e desembocar na ría do Ézaro no municipio de Dumbría. Pero o Xallas é realmente río no municipio de Santa Comba, onde nace, donde lle dá xentilicio ós poboadores do contorno e onde se manifesta libremente na natureza descendendo polo seu cauce. Fóra do termo municipal de Santa Comba o río pouco ten que ver con un de verdade, onde as súas augas se converten nunha máquina de producir electricidade e nunha antoloxía da explotación industrial durante máis de un século.

    7 Fotos

    Orixes Celtas

    OS XALLEIROS OS MÁIS XENUINOS DESCENDENTES DOS CELTAS
    “aquella comarca marcada con el poderoso sello de aquella rama, la última, pero no por eso menos noble, de las tribus célticas que acamparon sobre el suelo de Europa”. Manuel Murguía. Historia de Galicia.

    12 Fotos

    Santuarios

    SANTUARIO DE RUBÍN
    No Santuario de Rubín (lugar do mesmo nome), capela gótica do século XVI, existe unha fonte onde se baña ós nenos enfermos, polas súas supostas cualidades salutíferas. Despois de bañalos na pía da fonte, abandónanse as súas roupas molladas ó redor dela. Dáse o caso de que moitos nenos son mergullados nas augas case xeadas, e outros levan as augas para as súas casas, constatádose algunhas curacións miragreiras. A imaxe de San Miguel, que se conserva no interior da Capela, chámaselle popularmente “ O demo de Rubín”, supostamente por referirse á chocante figura que pisotea o Arcánxel.

    3 Fotos

    Alonso de Fonseca

    Arcebispo de Santiago de Compostela, fundador da Universidade galega, encargado de derramar a agua bautismal sobre ese neno que, anos despois, ocuparía o trono español co nome de Felipe II de España (Rey de España, Portugal, Nápoles, Sicilia, Cerdeña, Inglaterra e Irlanda, Duque de Milán, Soberano de los Países Bajos y Duque de Borgoña), foi párroco de San Pedro de Santa Comba de Xallas. Non debeu ser pequena a importancia da parroquia de San Pedro de Santa Comba xa na segunda metade do século XV, cando Alonso de Fonseca III, un dos señores máis relevantes da Galicia do século XVI, arcebispo de Santiago de Compostela e de Toledo, fundador da Universidade de Santiago, contaba entre os seus méritos o ter sido “nomeado cura de San Pedro de Santa Comba, en tierra de Jallas” como el mesmo lembra no seu testamento outorgado en Salamanca o 17 de febrero de 1534.

    4 Fotos

    Antonio Amigo Ramos

    Foi profesor de composición no Conservatorio de Música de Valladolid onde concluiu a carreira de piano. Formou parte como arcodeonista da orquestra Sintonía e tamén tocou na Banda de Santa Comba. Dirixiu a banda de Música de Silleda (Pontevedra), a de Viveiro (Lugo) e da Merza (Pontevedra) coa que grabou un disco e actuou en América. As súas composicións encheron un disco da Banda de Música da Garda Civil. Ten máis dun cento de composicions propias e creou un selo musicial. O Concello adicoulle unha rúa.

    9 Fotos

    José Antonio Anido Martínez

    Membro das corpos e forzas de seguridade do estado infiltrado en ETA Natural de Santa Comba, de profesión Garda Civil, foi o último “topo” que o CESID (Organismo estatal encargado de coñecer e informar ó Goberno de todo aquilo que puidese afectar á seguridade, estabilidade e defensa do Estado, na actualidade denomínase Centro Nacional de Intelixencia) logrou infiltrar na cúpula da banda terrorista ETA ata converterse en chófer do por aquel entón número un da banda, Mikel Albitzu Iriarte, alias “Mikel Antza”.

    3 Fotos

    Antonío Tomé Taboada

    Aínda que licenciado en mediciña e cun amplo curriculum como médico, tanto en Santa Comba como na guerra, Atomé aínda segue moi vivo en moitas casas de Santa Comba, e non pola súa laboura de médico, senón polas súas viñetas e debuxos coas caricaturizou a unha chea de personaxes locais perfectamente recoñecibles e fíxolle retratos a moitos personaxes da vida pública, tanto galega como española. Unha das rúas da vila recibe o seu nome.

    7 Fotos

    Carlos Negreira Souto

    Naceu o 16 de xullo de 1.960, e fixoo como moitos outros fillos de xalleiros emigrantes en Río de Janeiro (Brasil), donde Santa Comba conta cunha importante colonia de veciños e descendentes, ata o punto de que ambos municipio están irmandados. Ó cumplir os 3 anos regresou a Galicia establecendose na Coruña, que se convirte na cidade de destino para él e a súa familia e donde estudiou no vello colexio dos Maristas na rúa Teresa Herrera. Posteriormente licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago. Ten unha ampla traxectoria política na filas do Partido Popular.

    10 Fotos

    Costiña

    O Retiro da Costiña, restaurante. Premiado con unha estrea Michelim.

    3 Fotos

    David Blanco Rodríguez

    Ciclista. Corriu o Giro, a Volta, o Campeonato de España en Ruta o Campeonato de España contrareloxio e foi internacional por España disputando o Mundial de Ciclismo de 2005. En 2001 deixou o ciclismo para ser Broker en bolsa para posteriormente recuperar a bicicleta e converterse nunha celebridade do deporte en Portugal.

    17 Fotos

    Frei Basilio Río Brenlla

    Traballou en Palestina, na Misión de Terra Santa, a “perla das misións” no dicir dos seguidores do santo de Asís, foi superior no Santo Sepulcro (1.981-1.983), en Betania (1.983-1.990) e en Caná de Galilea. Estivo destinado na Procura Xeral de Terra Santa, foi membro do comité da parroquia latina de Xerusalén. O goberno español, concedeulle a “Encomienda de Isabel la Católica”. Finou en Xerusalem eeestá soterrado no Monte Sión en Palestina.

    1 Fotos

    Esperanza Calvo Vázquez

    Conta con ampla experiencia en tódolos campos relacionados co xornalismo: televisión, prensa e internet, que a levaron a percorrer medio mundo realizando numerosas reportaxes, algúns deles premiados, para recoñecidos medios informativos de todo o país. Traballou como redactora, presentadora, colaboradora, guionista ou produtora para numerosos medios informativos, entre os que destacan a Televisión de Galicia, Tele 5, CNN+ ou Mediaset España. Compartiu noites con prostitutas, bandas organizadas e todo tipo de delicuentes, ao lado dos servizos especiais de diversas policías do país. Entre outras coberturas informativas estivo presente na intervención dun alixo de 4.000 quilos de cocaína en Punta da Buitra (Muxia) en 2009; no accidente do voo 5022 da compañía Spanair no que faleceron 154 persoas en agosto de 2008; na operación das forzas especiais antinarcóticos da policía Colombiana para a destrución dun laboratorio de cocaína na selva de Cúcuta (Colombia) en Novembro de 2010; na incautación dun alixo de 700 quilos de hachix coa Garda Civil de Alxeciras en Agosto de 2006 ou nos atentados do 11 M. Así mesmo, en 2008 cubriu en Austria e Suiza a Eurocopa de fútbol que gañou España. É Premio do Ministerio de Defensa pola reportaxe "Aprendices de Soldado" sobre a loita contra a Pirataría en Somali,. entregado pola Ministra de Defensa Carme Chacón en Xuño de 2011. Tres das súas reportaxes relacionadas con temas de narcotráfico obtiveron a Nécora de Ouro, o máximo galardón que cada ano outorga a Fundación Galega contra o Narcotráfico en Outubro de 2007. Despois de que Informativos Telecinco a destinase á sección de reportaxes en coberturas internacionais, vive China dende 2011 onde exerce de correspondente de Mediaset España e Informativos Tele 5 para Asía-Pacífico.

    28 Fotos

    Frei García de Pardiñas Villar de Francos

    Foi un home relevante como escritor e membro da xerarquía eclesiástica católica nos séculos XVII e XVIII chegando a ser bispo mercenario de Tarazona, provincial da súa orde relixiosa e catedrático de Teoloxía Moral na Universidade en Salamanca. Na súa parroquia natal de Cícere, amais de reface-la igrexia e levanta-la capela de Nosa Señora da Mercede fixo valiosas doazóns.

    1 Fotos

    Isabel Blanco Picallo

    Douse a coñercer no programa a Repanocha e na serie Mareas Vivas, ambas da Televisión de Galicia. Rodou xunto con Antonio Banderas as ordes de Pedro Almovodar en La Piel que Habito. Ten unha dilatada traxectoria en presentación de programas cine, televisión, destacando traballos na serie Cuéntame ou películas como o Lápis do Carpinteiro. Representa actores e intérpretes en varias entidades audiovisuais. É Premio Mestre Mateo a Mellor interpretación femenina protagonista en 2006 por Un franco, 14 pesetas.

    20 Fotos

    José Ferrero Castaño

    Sen nacer en Santa Comba, trasladouse o noso pobo para facerse cargo dunha botica e ademais de boticario (descubriu unha medicina contra a sarna, que patentou) acabou sendo xuiz de paz e alcalde. Pero a súa fama venlle pola súa gran afección a música, ensinaba, escoitaba, compoñía e dirixía, así como a animación cultural, na súa botica celebraba xuntanzas coa xente nova, veladas literarias e musicais.Formou un coro, tocaba o piano, cantaba nas misas dos domingos, seleccionaba voces e foi o artífice da fundación da banda de música. Cando as bandas de música viñan a tocar nas festas de Santa Comba, a primeira peza tocábana diante da súa casa e él dirixíaas coa súa batuta. O seu enterro celebrousese con 13 sacerdotes e unha orquestra. Unha rúa da localidade está adicada a súa persoa.

    2 Fotos

    Antonio Landeira Landeira

    Con Carbónicas Landeira creou un pequeno imperio familiar ao abeiro do, por aquel entón, boiante negocio da mina de volframio, que hoxe vai pola cuarta xeración e compite no mercado nacional e luso con outras multinacionais. Toda a bisbarra do Xallas e a Costa da Morte medrou coas gasesosas de Landeira e a marca "A Pitusa". Foi galardoado coa insignia de ouro da Asociación de Empresarios local e o Concello de Santa Comba concedeulle a primeira medalla de ouro ó Xalleiro do Ano que outorga a un veciño. No momento do seu falecemento tiña a honra de ser o máis veterano bataneiro de España, o último dunha estirpe dun oficio xa desaparecido.

    4 Fotos

    Manuel Xaime Barreiro Gil

    Economista, senador, parlamentario, conferenciante e colaborador de prensa, chegou a ser presidente do Partido Socialista no Senado durante dúas lexislaturas e representante de España en importantes organizacións europeas como a OTAN, CE ou OCDE.

    2 Fotos

    Florentino Francisco Romar Blanco

    Labrador, músico e empresario, formou parte da histórica Banda de Música Municipal de Santa Comba e puxo en marcha o primeiro auto de transportes de viaxeiros na zona. Foi galardoado coa insignia de ouro da Asociación de empresarios de Santa Comba.

    4 Fotos

    Eliseo Seoane Bardanca

    Aínda que crego e franciscano, destaco una química. As súas investigacións e publicacións coronadas por varias patentes científicas acredítano como relevante investigador e traballou principalmente nas Universidades Británicas de Londres e Glasgow, xunto ó premio Nobel de Química do ano 1.969 D.H.R. Barton. Elaborou estudos sobre os constituíntes de resinas vexetais Mastic, separando nelas por primeira vez no mundo dúas substancias, tirucalol e ácido oleanónico, e outras dúas descoñecidas. Dirixiu os departamentos de Química Orgánica de Barcelona e Valencia e do Concello Superior de Investigación Científicas de España (CSIC).

    1 Fotos

    José Baña Pose

    Foi o poeta máis popular da Terra de Xallas. Xa en 1892 escribía en Galego, como case sempre fixo o longo da súa vida, e defendía o celibato opcional dos curas. A pesar de que ata case os 20 anos asistiu a escola intermitentemente, emigración de por medio, acadou o tíulo de mestre de instrucción pública. Na emigración participou no ambiente cultural do Centro Galego da capital cubana mantendo admiración e amizade con Manuel Curros Enriquez, gran poeta civil da Galicia do século XIX. Foi socio de honra da sociedade dos galegos “La Benéfica” na Habana. Os seus restos descansan no Panteón do Centro Galego do Cemiterio de Colón da cidade da Habana. A única ocasión na que volveu á terra natal foi no ano 1921, cando contaba con 49 anos, pero non foi obstáculo para que en Santa Comba haxa un colexio de primaria en Traba, na parroquia de Castriz, unha asociación vecinal en Santa Sabiña e máis unha rúa na capital xalleira que levan o seu nome.

    3 Fotos

    José Suárez Suárez

    Foi empresario, Xuíz de Paz, encargado de quintas, funcionario e un dos máis míticos xestores deportivos no fútbol da Costa da Morte ó fronte do Xallas F.C., non solo polos resultados deportivos do club que presidía senón tamén polos métodos de xestión utilizados propios do século XXI, reflexados incluso en diarios de prestixio da época. Como empresario está considerado como o verdadeiro artífice da emigración Xalleira e concellos limitrofes cara a América, especialmente cara Brasil. Xestionou un dos primeiros bancos que se estableceron na localidade, o de Hijos de Olimpio Pérez, e na casa na que na viviu ata a súa morte estableceuse o telégrafo É socio fundador e presidente honorífico do Xallas F.C. e o único membro do clube que ten a insignia de ouro do clube. Conta coa insignia de recoñecemento o mérito da Federación Galega de Fútbol e do Coléxio Galego de Árbitros. O Concello de Santa Comba concedeulle o galardón deportivo no apartado “Toda unha vida” nun recoñecemento a persoeiros locais destados no seu papel de promoción no deporte ..

    1 Fotos

    Pilar Rodríguez Blanco

    Restaurante Casa Aurelio Premio Galicia de Gastronomía e galardon de Ouro de Publi Parla. Un dos seus descentes acadou o título de “Nariz de Oro” como mellor sumiller de Galicia. Con 78 anos foi galardoada no ano 2002 co Premio Galicia de Gastronomía no apartado de “Toda unha vida”.

    6 Fotos

    Manuel García

    "Fun electricista, taxista e aprendín hostalería en Australia"

    103 Fotos

    Victor Manuel Espasandín Facal

    Chegou o Barça por petición propia (e chamada persoal) de Pep Guardiola cando adestraba as categorías inferiores do clube catalán. Ademáis estivo as ordes de Frank Rijjkaard e Luis Enrique. Foi capitán do Barça B donde solo acadou títulos e ascensos compartindo vestiario e adestramentos con xogadores do mítico Barcelona de Guardiola como Thiago Alcantara, Pedrito, Messi, Etoo, Xavi Ronaldinho ou Iniesta. En 2008 foi convocado por primeira vez polo primeiro equipo do FC Barcelona por Frank Rijkaard e ainda que non chegou a xogar compartiu banquiño con Ronaldinho. En 2009 durante a pretempada foi un dos elexidos para xogar dous partidos amistosos no mítico Estadio de Wembley de Londres, debutando ante o Tottenham e marcando o internacional inglés Aaron Lennon. Formou parte das plantillas do Atlético Mineiro de Santa Comba, SD Compostela, Real Valladolid, SD Ponferradina, Barcelona B e o Omonia de Nicosia co que debutou en Champions League.

    116 Fotos

    Ángel María Carracedo Álvarez

    Médico, científico e investigador Referente mundial en investigación sanitaria “El mago Mundial del ADN” Fillo predilecto de Santa Comba e Medalla de Ouro Terra do Xallas “ Eu son dunha aldeíña que se chama Santa Comba onde hai moi boa xente” “De la gente de esta tierra do Xallas aprendí humildad y trabajo que son las características de la gente de esta tierra… mientras Dios hacía la maravilla de nuestra costa, San Pedro se dedicó a hacer nuestra tierra de Xallas, que sin salirle mal, no le salio del todo bien porque es una tierra de montaña fría. Cuando Dios vió esto se dedicó a esmerarse en hacer la gente de esta tierra e hizo gente trabajadora, humilde y luchadora ante la adversidad, maravillosa gente de la yo siempre presumo como la mejor del mundo…sin duda la etapa que pasé íntegramente aquí fue no solo de las más felices de mi vida sino que marcó sin duda mi manera de ser”. Palabras deÁngel Carracedo durante a súa proclamación como fillo predilecto de Santa Comba e Medalla de Ouro Terra do Xallas.

    85 Fotos

    Elenita

    Elenita

    5 Fotos

    Fútbol sala

    O fenómeno do fútbol-sala comezou na década dos oitenta das mans de Carducho de Capeáns e Manolo Amarelle, entre outros, e xogábase nunha pista deportiva de cemento no colexio Barrié de la Maza, a única que existía daquela, actualmente está cuberta. Era a época de equipos como Telefunken, Deportes Amarelle, Citroën Da Costa, Galo Boys, Butano, Xalco, Deportes Amarelle ou Sala Xallas. A arbitraxe corría a cargo de Manolo Amarelle, Daniel do Rianxeiro, Pepe de Capeans ou Domingos do Lavano.

    27 Fotos

    Fútbol Local

    Os primeiros vestixos comprobados da afección polo fútbol na zona da Costa da Morte datan de comezos da década dos anos 20, e como sucede noutras partes de España e Galicia, faino por mar, co amarre no porto de Brens-Cee de numerosas embarcacións de orixe anglosaxón. A chegada do fútbol ás Terras do Xallas data dos anos 30, concretamente na época da 2ª República Española. Existen documentos fotográficos de 1933 do que pode ser o primeiro equipo de fútbol da historia do municipio. Aínda que esta afección ben puido ser introducida na zona, pola influencia dos arrieiros xalleiros que achegaban os cereais destas terras ata a Costa da Morte e a capital de Galicia, ata Castela e Portugal. Novamente aparecen os arrierios e a súa influencia sobre a vida xalleira como se pode comprobar na economía, emigración e posiblemente tamén no fútbol.

    30 Fotos

    Atlético Mineiro

    25 Anos crecendo ata acadar o teito da 3ª división. Como rezaba a letra do seu himno coa música da Compostela e a voz de Miguel Torres: “nacido en el año 80…”. Ahí comezou a historia dun novo clube de Santa Comba, tras 2 décadas no que o fútbol federado na Terra do Xallas tiña só o nome do Xallas. Ben coma unha escisión deste clube, ou ben como fogar para o incipiente número de fubolistas que ía xerando o deporte escolar nesta terra, o Atlético Mineiro nacía para pervivir ata celebrar as súas bodas de prata cun histórico ascenso á 3º división, a élite do fútbol afeccionado galego.

    29 Fotos

    Xallas

    A comezos dos 60, nace o primeiro clube na zona da Costa da Morte, concretamente ó C.D. Baio, no ano 1.962, e con él outros moitos clubes, algún deles de curta historia como o San Isidro de Quintáns. Nace así a primeira competición regulada da zona, a Liga da Costa, que chegaría a ser emblemática, e a Copa da Costa. O Xallas FC non se inscribe coma clube ata a terceira tempada da liga, aínda que equipos de Santa Comba xa xogan partidos amigables por diversos campos da xeografía costeira. Na tempada 64-65, nun verán posterior á primeira Eurocopa gañada por España co famoso gol do galego Marcelino, fedérase o Xallas F.C. baixo a presidencia de José Suárez Suárez “Raso”, empresario local e polifacético impulsor de diversas iniciativas. O Xallas F.C. xoga os seus partidos coma local no Campo do Carreiro, primeiro aínda sen vestiarios (os xogadores ían xa cambiados ou facíano nalgunha casa próxima). A cor verde da elástica chega pola xestión de Raso coa empresa de xabóns “Lagarto”, que regala unha equipación (a primeira con patrocinio publicitario en toda a Liga da Costa e casi do fútbol español). Así, o Xallas FC comenza a competir oficialmente con casca verde e calzón negro.

    176 Fotos

    Notas de Prensa

    Notas de prensa

    27 Fotos

    A mina de Varilongo

    Santa Comba está considerada como o centro mineiro antigo de maior importancia e trascendencia no comercio mediterráneo e atlántico. Durante a época dourada da mina, o nome de Santa Comba era coñecido nas chancelarías de toda Europa. Das minas de Varilongo saía o wolframio necesario para a construción da artillaría pesada do exército nazi e as Panzers divisións do Tercer Reich Alemán, aínda que tamén para os ingleses, e para os americanos durante a guerra de Corea. Cando se descubriu a mina, o quilo de wolframio custaba 200 ptas (1,20 euros) e o xornal dun obreiro era de 19 ptas (0,11 céntimos de euro), o que veu a determinar que desde ese intre se coñecese o novo mineral como “Ouro negro”, ademais de que nun principio se pensou que a mina era de ouro.

    71 Fotos

    Perfecto Pereira Barcia “Pereiriña”

    Nado no lugar de Montouto. Debutou como músico ós 9 anos de idade nas festas de Bustelo, despois de subir sempre ós escenarios cando viñan as orquestras ás festas da súa aldea. A partir dese intre, estivo tres décadas enriba dos escenarios. Pasou por célebres orquestras da época como foron a “Santa Comba” (na que debutou como cantante), “Los Dinámicos” ou “Los Panters”, “cobrando mil pesetas diarias cando non había estradas e os instrumentos levábanse nos carros polos camiños de terra”. Acadou o cumio coa orquestra “Los Seikos”, na que levaba a dirección, era o vocalista. Durante os últimos oito anos alternaba dita función coa de batería. “Los Seikos” foron creados polo propio Perfecto Pereira xunto co seu veciño Daniel, outro recoñecido persoeiro no mundo das orquestras, nado no concello da A Baña pero afincado na nosa terra. Daniel aportou grandes cousas á música xalleira. Formou parte doutra recoñecida orquestra como “Xuntanza”, e acadou a cima musical como pianista da orquestra “Compostela”.

    23 Fotos

    Amanita Cesarea

    37 Fotos

    Boletus Aereus

    28 Fotos

    Boletus Edulis

    42 Fotos

    Boletus Fragans

    21 Fotos

    Coprinus Comatus

    46 Fotos

    Amanita Muscaria

    32 Fotos

    A historia de Santa Comba por medio de fotografías non sería posible sen a colaboración dos veciños deste pobo.
    Uns cedendo fotografías e outros identificándoas, están todos os que son e seguro que nos olvidamos dalgúns…

    HISTORIA FOTOGRÁFICA DE SANTA COMBA
    A TODOS, GRACIAS

    DROGUERÍA RIEIRO
    JOSÉ MANUEL ARUFE RIEIRO
    SINDITA ARUFE
    MATILDITA ARUFE E PEPE DURÁN
    JULIO DA REDONDA E LOURDES
    MERCEDITAS E JOSÉ LUIS DE RAFAEL
    MERCEDES DURÁN E RICARDO CARRACEDO
    FELA E CHUCHO DE FELA
    LOLA E PACO DO SÓTANO
    MATILDITA E RAMÓN DURÁN
    SANTI DURÁN
    LUIS CORDEIRO
    CHEMA DO ALBORADA
    MIRO
    TACHA DE ALISANDRO E CONSTANTINO AMIGO
    JOSÉ MARíA PINTOS RECAREY
    LUIS NOVO ORDOñEZ
    FINA E MANOLO DO RAPOSO
    MARUJA E TONO DE TURNES
    MESTRE
    VIñOS MATEO
    MARUJA E CARLOS DE ARTURO
    OBDULIA E RASO
    PAZ DE RASO E PANCHO DE ORDOñEZ
    KIKO DE RASO
    MANOLA E RASO E GONZALO
    PAULA E FÁTIMA
    M.ª ESTRELLA DA RENFE E MONCHO DE RASO
    JOSÉ E MIGUEL
    CHITA E PEPE DA CROCA
    MARY PAZ DE CARLOS DA CROCA
    TINA E PEPE LANDEIRA
    ANTONIO E JORGE LANDEIRA
    TALLERES CAMACHO
    ARGIMIRO
    MANOLITO ROMAR
    MARíA E LUIS ALFONSO RIEIRO
    RUBIO DA GRASEIRA
    JAVIER DA GRASEIRA
    BENIGNO DA FERRALLA
    FOTOSTECA
    CONSTANTE LEMA
    FATIMA E MONCHO LEMA
    ANUNCIA E ELISEO DA MINA
    M.ª LUZ E SANTIAGO PÉREZ
    ANTONIO DE VICENTE
    CAPITÁN DAS TRAVESAS
    MATILDE E ALBINO
    CAMILO CASTRO DO VIDEOCLUB
    MINUCA DE MANOLO DA AUTOESCOLA
    ENRIQUE DA AUTOESCOLA
    DELFINA E PERFECTO PEREIRA
    CRISTINA PEREIRA
    SEVERINO AMARELLE
    MANOLO AMARELLE
    M.ª CARMEN E CARLOS DO PASTOR
    M.ª JESÚS DO REDONDO
    LUIS DA PANADERIA
    M.ª CARMEN E PACO DE OSCAR
    M.ª CARMEN DE ORDOñEZ DE PEPE RIAL
    SUSANA DE ORDOñEZ
    VIñOS GARRIDO
    ELOINA E ANTONIO FERNÁNDEZ
    SOFIA E CHICHO DA COSTA
    RICARDO DE LÓPEZ
    ESTHER E LITO
    RASADO
    PACO DURÁN
    JOSÉ AMIGO RAMOS
    MARISA DE AROSA
    AUTOS GARCíA
    DOñA LOLA E AURITA DO CELTA
    MARY E PACO DE BARCIA
    MARíA POSE E CHUCHA DA DROGUERIA
    CARRO
    DURAN RADIO
    ISABEL DA FARMACIA
    EMILIO POSE OTERO
    AURORITA E JOSÉ
    ROSY E CARDUCHO CAPEANS
    ANUNCIA E ELISEO DA MINA
    PEPE DE CAPEANS
    M.ª LOLY DE CAPEANS
    MANOLO DE CAPEANS
    MALENA, SONIA, CHIRUCA E KIKO DE CAPEANS
    AMÉRICA E PINTINHO
    RICARDO DO GARROTE
    BEATRIZ E JOSÉ QUINTELA BUSTO
    O PARDELO
    GILA
    MANOLO RODRIGUEZ (O GARROTE)
    PACO RODRIGUEZ (O GARROTE)
    MARUJA E RAFAEL SUÁREZ
    CALZADOS MOLEDO
    MALENA E BIRI
    BENIGNO DA TRITA
    GENEROSO DOMINGUEZ DOMINGUEZ (GENE)
    CASA DA ZAPATEIRO
    PEPE O ELECTRICISTA DE SER
    CARMIñA E ANA MARY DO CABO
    AURORA DE ORENTE E LUIS
    CELIA E ÁNGEL DE BASILIO
    MUCHA E BASILIO
    MARGARITA FDEZ OSENDE
    SUSO BLANCO
    MARISA DE CAPEANS E JAIME
    CARMINA E ÁNGEL CARRACEDO
    DAVID TUñAS
    ANDRÉS O JARDINERO
    MARILI DE AFRIQUITA
    CALIXTO DE FLORITA
    CHARO E TOñITO DA CROCA
    AVELINA DE FRAMIL
    JOSEFA DO PEPUCHO
    MARíA E FERNANDO DA CARNICERIA
    MATILDE E PICHíN
    ADRIANA E JOAQUíN
    COMERCIAL CÉLTIGOS
    CELIA E AURELIO DURÁN
    FERNANDO DURÁN
    RIANXEIRO
    CASA LOIS
    CASA DO CASTRIXEIRO
    CARTEIRO
    MERCEDES DO CAJITO
    CHICHA E PEPE
    JUAN E SERGIO DE CHICHA
    CARMEN E JULIO DO REBEIRÁN
    MIGUEL DO REBEIRÁN
    PEPE DO REBEIRÁN
    REGINA DE TURNES
    ANA, PEPE, PILI E MANOLITO TURNES
    ANTONIO MANUEL ARUFE (O PORTEIRO)
    MARUJA E IGNACIO
    RUPPER
    EVÁNGELINA DA FRADA E PEPE DA SATURNA
    HUELVIS
    JUAN VÁZQUEZ
    MANOLO DE FRAMIL
    M.ª CARMEN DEPORTES AMARELLE
    NURIA, ÁNGEL E MARTíN AMARELLE
    VICTOR ESPASANDíN FACAL
    PEPITA DA COSTA E JOSÉ
    ESPERANZA CALVO VÁZQUEZ
    PATRICIA DE CLAUDIO
    ÁNGEL MARíA CARRACEDO
    ISABEL BLANCO (NETA DE NARCISA)
    AMELIA E ARTURITO
    MANUEL ARINCÓN ANDRÉS (RA)
    PEDRO REGUEIRO (PEDRO DE SANTA LUCíA)
    JOSÉ EDUARDO DA CASEIRA DE MONTOUTO
    JOSÉ CARLOS TORREIRA
    HISTORIA FOTOGRÁFICA DE SANTA COMBA
    A TODOS, GRACIAS
    A historia de Santa Comba por medio de fotografías non sería posible sen a colaboración dos veciños deste pobo.
    Uns cedendo fotografías e outros identificándoas, están todos os que son e seguro que nos olvidamos dalgúns…
    O NOSO ESPECIAL RECORDO ÓS COLABORADORES QUE SE FORON SEN PODER VER ESTE PROXECTO REMATADO

    RASO
    OBDULIA
    JAVIER ROMAR
    IGNACIO
    PEPE LANDEIRA
    ARTURO DA RABELA
    DURAN RADIO
    MANOLITO ROMAR
    CHICHA DO REBEIRÁN
    MANOLO DA CROCA
    MONCHO DE RASO
    CONSTANTE LEMA

     

    http://www.santacombanamemoria.es/