A Mina de Varilongo

A MINA DE WOLFRAMIO DE VARILONGO


[Ver a pantalla completa e con descripcións]

Mineiros de Varilongo

Imagen 1 de 71

Mineiros de Varilongo


[Ver a pantalla completa e con descripcións]

A MINA DE WOLFRAMIO DE VARILONGO. “O OURO NEGRO”

 

“si alguien trata de sacarnos estamos dispuestos a hacer explotar la dinamita y morir dentro de la mina, todo menos salir con la cabeza baja como cobardes”. “nadie”, aseguraba de forma tallante un deles, “nos sacarán de aquí con vida por la puerta”.

 

ENCLAVE ESTRATÉXICO NA II GUERRA MUNDIAL

O FILÓN MÁIS IMPORTANTE DE ESPAÑA E EUROPA EN EXTRACCIÓN DE WOLFRAMIO

MAIOR RESERVA ESPAÑOLA DE WOLFRAMIO

 

 

Santa Comba está considerada como o centro mineiro antigo de maior importancia e trascendencia no comercio mediterráneo e atlántico.

 

Durante a época dourada da mina, o nome de Santa Comba era coñecido nas chancelarías de toda Europa. Das minas de Varilongo salía o wolframio necesario para a construción da artillaría pesada do exército nazi e as Panzers divisións do Tercero Reich Alemán, aínda que tamén para os ingleses, e para os americanos durante a guerra de Corea.

 

Cando se descubriu a mina, o quilo de wolframio custaba 200 ptas (1,20 euros) e o xornal dun obreiro era de 19 ptas (0,11 céntimos de euro), o que veu a determinar que desde ese intre se coñecese o novo mineral como “Ouro negro”, ademais de que nun principio pensouse que a mina era de ouro.

 

A lenda di que había tantos cartos que os cigarros acendíanse con billetes de mil pesetas (6 euros), nun momento en que “La mayor parte de los feligreses estaban debiendo dinero en Santa Comba, las casas eran todas casi como chozas, la gente vivía míseramente, comían mal, las camas como pocilgas, en vez de colchón o jergón, tenía un poco de paja y retama (xestas), sin sábanas, a lo sumo una por abajo, de lino áspero, que hacían por aquí en los telares de aldeas, vestían pobremente”

 

Nos anos 80 a produción estábase incrementando ano tras ano nun 50%, sendo a produción da mina de Varilongo a maior de España e Europa, acadando a cifra de case 250.000 toneladas de concentrado de wolframio no ano 1.984 e preto de 20.000 toneladas de estaño, así como indeterminadas cantidades dun produto mixto de wolframio e estaño.

 

En época de máxima tensión, co motivo do peche da explotación, uns 20 mineiros encérranse na mina mantendo secuestrados ós directivos. As forzas antidisturbios estaban dispostas a actuar; pero receosos ante esta posibilidade, os mineiros pechan a entrada ás galerías con dinamita, coas súas correspondentes conexións eléctricas e aparentemente listas para facelas estoupar “si alguien trata de sacarnos estamos dispuestos a hacer explotar la dinamita y morir dentro de la mina, todo menos salir con la cabeza baja como cobardes”. “nadie”, aseguraba de forma tallante un deles, “nos sacarán de aquí con vida por la puerta”.

 

 

 

 

Nun contexto de máxima pobreza na historia do pobo áchanse as minas de Varilongo. Nos anos 30 ou 40, o párroco de Padreiro, don Celestino Lema Castro describía ós feligreses no Libro de Contas da seguinte forma: “La mayor parte de los feligreses estaban debiendo dinero en Santa Comba, las casas eran todas casi como chozas, la gente vivía míseramente, comían mal, las camas como pocilgas, en vez de colchón o jergón, tenían un poco de paja y retama (xestas), sin sábanas, a lo sumo una por abajo, de lino áspero, que hacían por aquí en los telares de aldeas, vestían pobremente”.

 

1914 foi un ano clave, xa que se produciu un achado que cambiaría a vida dos xalleiros: un depósito de wolframio en Varilongo a 8 quilómetros da capital municipal. Unha pedra deste mineral, que cabía nun puño, podía representar para o seu dono meses de traballo na terra ou coidando o gando. Nun tempo no que o quilo de wolframio custaba 200 ptas (1,20 euros) e o xornal dun obreiro era de 19 ptas (0,11 céntimos de euros), e cun pouco de sorte podía gañar entre 1.000 e 2.000 ptas (6-12 euros) nunha hora, “roubeta” (contrabando) a parte. Nun principio pensouse que a mina era de ouro, o que veu a determinar que desde ese intre se coñecese ó novo mineral como “Ouro negro”.

 

A xente adicouse masivamente á mina, na que, cunha extensión de 8 km de longo por 1 de ancho e filóns paralelos de Norte a Sur chegaron a traballar ata a 130 metros de profundidade, preto de 4.000 persoas procedentes de toda España, tanto oficialmente como de contrabando, acto coñecido como “A roubeta”. Santa Comba converteuse nun sitio distintivo en Galicia.

 

Pero tamén houbo unha parte negativa, xa que contáronse numerosas mortes. Coller o volframio na mina implicaba unha serie de  riscos. A dictadura comezou a orixinar pánico e varios grupos de gardas armados (carabineros) non tardaron en impoñer o seu poder, que segundo recordan os mineiros máis vellos, “as súas actuacións non envidiaban as do oeste americano, houbo moitísima xente que quedou no sitio correndo polo monte”.

 

Coa II Guerra Mundial, Santa Comba foi enclave estratéxico, xa que Alemaña necesitaba o mineral para endurecer o aceiro dos carros de combate, e en momentos de loita armada querian atopalo en Europa e non ir a lugares como China ou Birmania. Hitler pídelle permiso a Franco para explotar a mina co obxectivo de cobrar, deste xeito, parte da axuda prestada durante a Guerra Civil. A partir dese intre, das minas de Varilongo saía o wolframio necesario para a construción da artillaría pesada do exército nazi e as Panzers divisions do Tercer Reich Alemán.

 

Era por diante, e á vista de todos, Varilongo; pero por detrás, un enxamio de espías, negociantes alemáns e británicos, contrabandistas, especuladores, aventureiros e campesiños reconvertidos en mineiros que pululaban en busca do escuro obxecto da codicia, o wolframio. A feroz batalla polo mineral, indispensable para alimentar a voraz industria bélica alemana. Nestas redes destacaba Johannes Bernhardt, o rei do volframio, enredado nunha mesta tea de raña onde estaban os consulados, a trama local de Vigo, a Xestapo, a Abwer e a SD (servizios de intelixencia e espionaxe alemán), mesmo un gran equipo de propaganda nazi levada desde Madrid, o restaurante Horcher e a embaixada alemana, ou a casa do gran xefe de propaganda nazi: Josef Hans Lazar facía os cargos locais da falanxe, curas e oficinas de correos.

 

O mineral vendíaselle oficialmente ó exército alemán de Hitler, pero tamén e de forma non oficial ós ingleses, que non o necesitaban, pero comprábano dentro da estratexia militar de rebentar o mercado e deixar sen existencias ós alemans. Os británicos tamén tiñan as súas redes de contraespionaxe, entre elas, figuraba a rede de evasión entre Francia e España de Ponzán, un profesor republicano que estivo no veciño concello de Dumbría; así como outro grupo no norte da península, cun total de 60 enlaces. Encargábase de sacar fotos ás defensas costeiras galegas, controlar a produción nas fábricas de armas e establecer a información da entrada e saida de buques. Algo que conseguiron a medias, porque o tungsteno, nome co que tamén se coñece o wolframio seguiu fluindo cara a Berlín ata vésperas da rendición Nazi.

 

CRONOLOXÍA

 

Péchase así unha etapa da historia de Galicia na que o nome de Santa Comba era coñecido nas chancelerías de toda Europa. A cronoloxía da mina é a seguinte:

 

Ano 1.914: Áchase a mina, segundo dín, “como consecuencia duns canteiros que estaban construindo unha casa para un enxeñeiro da mina de Corcoesto, e viñeron por pedra a Varilongo. O tal enxeñeiro descubriu que a pedra contiña wolframio e estaño, preguntou de que sitio a quitaran, e ó pouco  fixeron unhas exploracións que confirmaron a riqueza da zona”.  Nun principio o mineral era explotado e vendido libremente pola xente “viñan os compradores pola mina adiante e vendiaselle ó que mellor pagaba. Os principais eran de Coristanco, Noia e A Coruña”. Un quilo de wolframio custaba 200 ptas (1,20 euros) e o xornal dun obreiro era de 19 ptas (0,11 euros).

 

Ano 1.943: O cura de Cances (municipio de Coristanco) e os Abelenda de Carballo denunciaron a situación á Xefatura de Minas. José Parga Moure mercou a explotación pero non foi capaz de controlala situación e asociouse ó grupo Fierros de Madrid que pasou a dirixir a mina co  51% do capital. Os que traballaban de forma legal na mina podían cobrar 15-20 pesetas por quilo extraído, pero se ademáis se adicaban á “roubacha ou roubeta” (contrabando), podía obter a maiores de 100 a 200 pesetas (0,60 – 1,20 euros) por quilo.

 

Entre 1.939 e 1.945: Segunda Guerra Mundial. De Varilongo saía o wolframio necesario para a construción da artillaría pesada do exército nazi e as Panzers divisións do Tercer Reich Alemán, e tamén para os ingleses de forma non oficial, que só o querían para desabastecer ós alemans. A utilización principal do wolframio era a industria bélica, aceiros especiais e útiles de sondaxe de petróleo. Nesta época a produción española de wolframio multiplícase por 17, pasando de 225 toneladas a 3.974, e os precios multiplícanse por 42. Varilongo incluso se viu favorecida polo peche no ano 1940 das minas de Corea e China.

 

Ano 1.948: Na Segunda Guerra mundial, non todo foron desembarcos célebres como o de Normandía ou batallas que deron pé á rodaxe de numerosas películas, como “Los cañones de Navarone”, que con toda probabilidade estaban construidos con wolframio de Santa Comba; senón que a estratexia tamén estaba baseada no Wolframio. As forzas aliadas que pretendían liberar Europa  presionan a España para desabastecer ós Nazis. Cando Franco albisca o fin da contenda prohibe a exportación “legal” e comeza a esboroarse a cotización que chegara a unhas 260.000 ptas/tonelada (sobre 1.560 euros) no cumio da guerra, para baixar a 150.000 ptas (sobre 900 euros) nos primeiros meses de 1944. Unha vez rematada a guerra baixou a demanda e só se ofrecian 25.000 ptas (sobre 150 euros) por tonelada, e durante uns anos só se aproveitaba o estaño. Pero a mina pasa a mans de Compañía Minera Celta que comenza a explotación de forma  organizada, nomeouse ó director e a diversos encargados, funcionaban 80 lavadoiros cunha media de 20 persoas en cada un deles, e había máis de 1.800 persoas traballando.

 

Entre 1.949 e 1.963: Este novo período é a etapa de maior produción da mina, xa que se estabilizan as vendas de wolframio e xorde un novo cliente: os americanos, que necesitaban o wolframio para a guerra de Corea (1.950-1.953). Nos anos 50 vaise profesionalizando a situación, diminúen os acidentes; o nivel de vida comeza a mellorar, pero co fin desta guerra e coa regularización dos grandes produtores comeza a definitiva decandencia da minería do wolframio.

 

Entre 1.964 e 1.967: Novamente un decaemento do precio do Wolframio provocou o peche “tiñamos montañas de wolframio preparadas para o embarque, pero non había quen o quixera”. A mina está durante catro anos sen actividade, e moitos traballadores emigraron, sobre todo a Europa.

 

Entre 1.967 e 1.981: Redúcese o número de traballadores de 1.700 a 115, un cadro de persoal reducido que traballaba a bo ritmo, e que chegou ós 192 operarios e outros 20 eventuais. Xestionaba a mina a Compañía Mineira Santa Comba que dirixía José Barreras. En 1.974 o Grupo Fierros mercou a Parga a súa parte por 18 millóns de ptas. (sobre 108 mil euros) e a sociedade pasou a chamarse Grupo Minero de Santa Comba, explotándose así ata o ano 1980.

 

Ano 1981: Foi vendida ó Banco Nacional de París, e posteriormente a Coparex Minera cando a explotación se levaba de maneira case artesanal. A inxección de capital francés foi cuantiosa, 3.300 millóns de pesetas da época (arredor de 20 millóns de euros), o que permitiu desenvolver un proxecto de renovación tecnolóxica avanzada con importantes niveis de mecanización. Procedeuse á montaxe dun lavadoiro e o cadro de persoal incrementouse pronto ata contar con 213 traballadores, dos cales 196 eran fixos e 17 contratados, deles, 190 eran veciños do municipio de Santa Comba.

 

Ano 1982: A agonía comezou cedo. A unidade técnica cotizábase entón entre os 130 e 140 dólares; pero xurdiu un imprevisto, que foi a caída dos prezos do wolframio pasando a unha cotización de 110 dólares, e baixando posteriormente ata os 60 dólares o quintal. As expectativas favorables esfumábanse e iniciábase unha lenta agonía que se converteu na solicitude dun expediente de regulación de emprego ante a autoridade laboral. Segundo manifestaría posteriormente o Sr. Zapico, Varilongo levaba acumuladas perdas de 1.027 millóns de pesetas (algo máis de 6 millons de euros) nas campañas de 1.982, 1.983 e 1.984.

 

Ano 1.983: Uns 20 mineiros péchanse na mina mantendo secuestrados ós directivos. As forzas antidisturbios están dispostas a actuar. Receosos ante esta posibilidade, os mineiros pechan a entrada ás galerías con dinamita, coas correspondentes conexións  eléctricas e listas para facelas estoupar “si alguien trata de sacarnos estamos dispuestos a hacer explotar la dinamita y morir dentro de la mina, todo menos salir con la cabeza agachada como cobardes”. “nadie”, aseguraban de forma tallante un deles, “nos sacará de aquí con vida por la puerta”. Foi unha acción que tivo moita repercusión, por parte duns traballadores que en 30 anos nunca protagonizaran nin un só conflito laboral; a pesar de saber que unha protesta por non ter ventilación nin elementos protectores era contestada co envio do traballador para a súa casa durante un mes, ou falar de irresponsabilidade nas condicións de hixiene ou seguridade podía supoñer quince días de suspensión. Despois de varios días de peche logrouse, segundo o comité de empresa, un auténtico éxito, lograr que lles pagasen indemnizacións por 40 días por ano traballado cando o habitual eran 30-32.

 

Ano 1.985: Cando a produción era dunhas 40 toneladas mensuales (“e perdíase case a metade do que se podía producir, porque había tanta riqueza, que se malgastaba moito…se se aproveitase, podían acadarse as 70 toneladas mes, pero miles de quilos de wolframio foron para ás escombreras”). A mina estaba xestionada por Coparex Mineira cando se produce o peche definitivo da explotación e contaba con 290 operarios. Pagábase ó mes 18 millóns de pesetas (uns 108 mil euros) de nóminas, unha media de 62.000 ptas (un 370 euros) por operario, cartos que quedaban no propio municipio, xa que practicamente tódolos traballadores eran de Santa Comba. “La empresa Coparex Minera ha decidido cerrar sus explotaciones en Varilongo, y despedir a los 200 trabajadores que integran la plantilla”. Palabras textuais de D. José María Zapico Sánchez, director da mina, na prensa do sábado 2 de febreiro de 1985, motivado segundo el, polo descenso da cotización do wolframio no mercado internacional, motivo polo cal a explotación deixara de ser rentable. O día antes presentárase ó Comité de Empresa, autoridades locais e na Delegación de Traballo da Coruña o expediente de crise que contemplaba a rescisión de 196 contratos ademais de outros 17 temporais. A comunicación caeu como xerra de auga fría entre os traballadores, ainda que eles xa sabían que a sucesión de acontecementos reserváballes esa desagradable noticia. De nada serviu que Varilongo fora o filón máis importante de España e de Europa en extracción de wolframio, o centro de traballo con maior número de postos de todo o municipio, e a maior reserva española de wolframio, co 64%, seguido de Salamanca (9%), Asturias (3,5%) e Estremadura (3%).

 

Ano 1.986: A empresa española PMC, pertencente ó grupo Cavosa, desiste de adquirir os dereitos sobre o filón, posibilidade que barallou durante os últimos meses e que garantizarían a volta á actividade da mina. Argumentaban que a baixa cotización do mineral e do dólar non faría rentable a explotación. Da mesma opinión eran os profesionais. O alcalde de Santa Comba por aquel entón, profesionalmente enxeñeiro industrial aseguraba que “pode comercializarse ata case as 800 ptas kilo/metal; pero que incluso esta cotización non fai rentable a explotación”. O Subdirector Xeral de Minas da Xunta de Galicia sinalaba que “el wolfram ha bajado, y la tendencia es que siga haciéndolo. Su cotización ahora es de 47 dólares kilo/metal, y ha llegado a ser más del doble. A pesar de los avances notables que hubo en la mina no sería rentable explotarla, máxime cuando ha bajado también espectacularmente la cotización del estaño de las 10.000 libras/tonelada, hasta las 4.000”

 

Ano 1.988: Despois de estar pechada, volve a ser mercada, neste caso por Miguel Jiménez Barbero, responsable de relacións exteriores de Coparex Minera, que pagou por ela 26 millons de ptas (arredor de 156 mil euros) comezando a súa explotación como canteira.

 

Ano 1.991: Eliseo Mourelle Brenlla “Eliseo da Mina” comprou a concesión coa intención de explotala tamén como canteira co nome de Canteira da Mina.

 

Comenzos do 2000: O Concello de Santa Comba compra a Miguel Jiménez Barbero o edificio principal e os terreos anexos para restaurala e instalar alí servicios municipais. A restauración de parte das instalacións desenvolvéronse a través de Obradoiros de Emprego subvencionados pola Xunta de Galicia.

 

Ano 2011: A parte restaurada atópase en estado se semiabandono e carece de contido despois de fracasar a posta en marcha de varias ideas. Outra parte das instalacións están sendo explotadas por empresas privadas do sector de areas, pedras e gravas. Rumoréase, e cada vez con máis insistencia, que hai algunha empresa interesada en retomar a explotación da mina, e que incluso conta cos permisos pertinentes, aínda que isto non puido ser confirmado, e no concello non consta nada de forma oficial máis que certos rumores que chegan de cando en vez.

 

O PECHE

 

Cando Coparex Minera decidiu pechar a mina en 1.985 o comité de empresa denunciou as condicions infrahumanas de traballo e os baixos salarios dos 60 empregados que traballaban no seu interior, cuxa media ascendía a 60.000 ptas (360 euros) cando no resto de explotacións mineiras chegaban ás 120.000 ptas (720 euros). Destacar tamén que os 60 operarios que traballaban no interior sufrían silicose en segundo grao, e preto da metade padecía esta enfermidade de forma irreversible.

 

Doutra parte, os representantes da intersindical afirmaban que durante o ano 1984 a produción bruta de concentrado de wolframio foi superior ás 243.000 toneladas destinadas a Alemaña para o seu refinamenteo, xa que en España non existía elaboración e procesado wolframio. Esto significaba, a xuizo dos traballadores, que sendo un material utilizado fundamentalmente na construción de armamento, que a empresa non estaba en crise, ainda que o wolframio se cotizara no ano 1984 a 6,6 dólares o quilo.

 

Resultáballe tamén estraño o peche cando Sodiga facia pouco que investira 400 millóns de pesetas (preto de dous millons e medio de euros) en controlar a evolución financieira, asegurando ademais que a explotación sería óptima ata o ano 1992. Afirmaban tamén que a produción estabase incrementando ano tras ano nun 50%, sendo a produción da mina de Varilongo a maior de España e Europa, alcanzando a cifra de casi 250.000 toneladas de concentrado de wolframio no ano 1.984 e preto de 20.000 toneladas de estaño, así como indeterminadas cantidades dun producto mixto de wolframio e estaño.

 

Pero o director da mina o Sr. Zapico era rotundo “es imposible, la explotación es indudablemente inviable y hay que cerrar sin remedio. Si Coparex Minera prolongase la agonía, en este ejercicio perdería del orden de 400 millones de pesetas (preto de dous millóns de euros). Dous meses despois do peche sae á luz pública que o endebedamento de Coparex acada os 2.763 millóns de pesetas (16 millons e medio de euros), case triplicando a cifra facilitada pola empresa.

 

Ó final os traballadores, tras duras negociacións nas que non faltaron as tensións, acadaron ser indemnizados con 40 días de soldo por ano traballado, e o 100% da paga de vacacións, comprometéndose a empresa a conservar uns cantos postos de traballo (un mecánico, un electricista, un facultativo e tres gardas xurados) para evitar que a mina non se inundara, aínda que parte da mesma xa estaba inundada a partir dos 50 metros de profundidade.

 

A RIQUEZA DO MONTE DE VARILONGO

 

O monte de Varilongo é un macizo de 538 m de altitude de pendentes suaves, con granito de dúas micas, polo que discorren unha serie de filóns de cuarzo en paralelo de 8 km de longo, cuxo grosor vai de 1 cm a 50 cm, con dirección N30º-40ºE e buzamento case vertical (80ºE).

 

Os compoñentes principais do granito que se pode atopar son cuarzo, moscovita, biotita, feldespato potásico (Microclina) e plagioclasa (albita e/o Oligoclasa), destacando a presenza de fenocristais de feldespato (macla lei Calsbard de 4-5 cm de tamaño) de moita dureza e compacidade da rocha.

 

Tamén se pode atopar apatito, circón, turmalina, rutilo e filóns de cuarzo non mineralizados con cristais leitosos de cuarzo, ás veces acompañados de fluorita, verde ou violeta, con hábito cúbico ou octaédrico. Ademáis, é bastante frecuente atopar no granito arsenopirita e turmalina cristalizados, pero de pequeno tamaño.

 

Tamén se atopan minerais a tamaño macroscópico como cuarzo, wolframita, casiterita, scheelita, fluorita, arsenopirita, opalo hialino, ópalo común, litioforita, scorodita, turmalina, pirita, calcopirita e outros óxidos de manganeso.

 

Fontes especializadas tamén citan a presenza de outros minerais como estanina, bismutina, esfarelita, bismuto nativo, helvita, marcasita, tetraedrita, bournonita e estibina, pero difíciles de atopar polo seu pequeno tamaño, nalgúns casos a niveis microscópicos.

 

Os cristais de wolframita son escasos, non así a Casiterita, que sempre adoita aparecer cristalizada, de cor pardo escuro, cristais aislados e macla pico de estaño, a Scheelita masiva de cor crema suave, o Cuarzo é leitoso lixeiramente traslúcido pero de pequeno tamaño (2 cm max.). Aparecen placas de ópalo cor castaño entre o granito, e menos frecuente ópalo hialino de aspecto botroidal, transparente no momento do descubrimento pero co tempo ponse lixeiramente turbio.

 

 

GRAN CENTRO MINEIRO

 

Santa Comba está considerado como un dos centros mineiros de maior importancia e trascendencia no comercio mediterráneo e atlántico. Aínda que a máis coñecida e popular é a mina de Varilongo. Nos años 40 e 50 traballáronse neste municipio máis de 10 minas que ninguén se preocupou de estudar desde perspectiva histórica, xa que non existían como tales e só se explotaban con permiso de investigación (calicateo) evitando impostos, deslindes, declaracions oficiais e aumentando o contrabando e os ingresos. Aínda hoxe en día as informacións son moi limitadas pero lémbranse, entre outras, as de estaño, casiterita, titanio, rutilio e outros minerais, sobre todo no río Abuín preto do castro de Freixeiro, Portomedal, Vilamaior, A Pereira, Rieiro-Arantón, Bazar e a de Ventosa, a de maior importancia pola súa rendabilidade.

 

 

“Vamos para Santa Comba

vamos para o ouro negro

cando veñamos de volta

xa viremos de sombreiro”

 

 

 

FOTOS MINEIROS

 

001. Manuel García Rey “Barracas”. Xefe de equipo. O Busto-Santa Sabiña

002. José García Rey “García”. Encargado xeral e xefe de Seguridade. Santa Sabiña

003. José Teijeiro Toledo “Teixeiro”. Xefe de equipo e encargado. Boaña-Castriz

004. José Abelenda Pose “Mozito”. Canteiro, vagoneiro e xefe de equipo. O Busto-Santa Sabiña

005. José Bouzas Facal “Bouzas”. Peón. Os Picotos-Santa Sabiña

006. Manuel Negreira Castro “Vilardante”. Xefe do lavadoiro central. Santa Salvador

007. Adolfo Mourelle González “Adolfo de San Salvador”. Perforador. San Salvador

008. Alfredo Muñiño Martinez  “Alfredo de Nazarico”. Barreneiro e peón. Grixoa

009. Benigno Pérez Mouro “O xastre de Sal Salvador”. Vixilante. San Salvador

010. Herminio Brenlla Mourella “Brenlla de San Salvador”. Condutor. San Salvador

011. Manuel Negreira Mouro “O Vieiro”. Vieiro. San Salvador
Imaxes con descrición.
Ano.
Cortesia de.
Quen aparece.

Santa Comba na memoria

Historia fotográfica de Santa Comba

2 comments

  1. Fátima Fernández Sánchez dice:

    Bo día.
    vin nas fotos a algunhas mulleres e gustaríame saber se traballaban na extracción de wolframio igual que os homes.
    Moitas gracias
    Un saúdo

  2. javier casal dice:

    me gustaria saber los datos de una escritora ( y del libro) que anuncio hace un par de semanas en La Voz de Galicia sobre las minas del wolframio ya que la pelicula de lobos sucios que esta en cartelera por estas fechas trata de las minas de wolfram de Ourense.
    Yo queria saber quien tiene informacion sobre la mina Carmen y la que estaba en San Salvador (Sta Comba) y las que hubiera en Sta Comba. Mi suegro trabajo allí. Gracias….
    Javier
    639057788
    981256411
    javicasal@gmail.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *