Os inicios do proxecto

José María Suárez Mariño o pai desta ídea.

O proxecto comenzóu en 2005, cando despois de ver alguns proxectos similares lle propuxen o entón alcalde José Toja Parajó e a Concelleira de Cultura María José Ares Casal facer algo similar. Era un momento no que os escáneres se popularizaban e se facían asequibles para o uso doméstico.

 

Durante todo o tempo desenrrolei o proxecto eu solo, salvo na última fase, cando o actual alcalde Antonio M. Landeira Gallardo, considerou procedente a apertura da Casa do Pozo (Pazo de Santiso) e ubicar alí o novo Museo Terra do Xallas cos fondos fotográficos recuperados.  Nesta última fase contei co apoio do meu compañeiro José Manuel Vázquez Rodriguez “Huelvis” do servizo de deporte e xuventude.

 

O fondo documental está composto por unas 3.500 fotografías de o redor de 7.000 que se visionaron. Todas foron dixitalizadas persoalmente por min una a una cun scanner doméstico, polo que o proxecto non tivo coste algún para o concello, máis alá do coste da electricidade e o toner para impresión nun impresora laser. Todas as fotografías son en branco e negro e teñen máis de 25 anos de antigüedade, a excepción das que documentan una parte da historia do Xallas FC e do comenzo do fútbol sala no municipio.

 

A recopilación das fotografías fíxose casa por casa, cos álbumes personais de máis de 200 personas do municipio. Unha vez scaneadas foron identificadas unha por unha con datos como unha breve descripción do feito a que corresponden, a data da fotografía e a persoa que cedeu.

 

Previamente a recopilación fixen un guión-memoria sobre feitos, anécdotas, ou edificios históricos de relevancia, entre outros. Desta forma non solo dixitalizamos as fotografías que nos cedían, senón que nos dedicamos a documentar fotográficamente feitos e cousas que nos iba contando a xente.

 

Desta forma poidemos documentar a historia da automoción no municipio, incluidos os históricos coches de liña, as Copas da Costa do Xallas FC e as diferentes plantillas o longo da historia, o comenzo do fútbol no municipio, a antiga igrexa románica desaparecida (que serviu de base para construcción dunha maqueta en pedra exposta no museo), o retablo da mesma, numerosos actos relixiosos como a inauguración da nova igrexa, a educación e as escolas, as diversas formacións musicais que houbo o longo da historia, o desenrrolo urbanístico, detalles da emigración, así como a historia da famosa Mina de Barilongo, e numerosos personaxes e actos sociais, entre outros feitos.

 

Aínda que como dixen o proxecto desenrrolado durante sete anos non tivo coste para o concello no referente a dixitalización, o ser realizado con medios propios, si houbo outra parte que si tivo un coste. Foi a realización de plotters expositivos por parte dun profesional para a súa exposición o público no Museo Terra do Xallas, pero estivo subvencionado nunha gran parte pola Deputación Provincial da Coruña.

 

Posteriormen e como consecuencia deste proxecto xurdiron outros paralelos como a historia biográfica dos Xalleiros máis salientables, a historia do fútbol no municipio (Xa tiñamos do Xallas e incluiuse o Atl. Mineiro, faltanos o Castriz). E na actualidade estase ultimando a web Santa Comba na memoria e a recopilación das famosas “paroladas” do afamado debuxante, caricaturista e humorista de Santa Comba D. Antonio Tomé “Atomé”.

 

José María Suárez Mariño

Edificio Multiusos – Concello de Santa Comba

663728210

One comment

  1. Ricardo Tomé dice:

    Impresionante trabajo el realizado. Nuevamente quiero felicitaros efusivamente por esta gran iniciativa, que hace que perdure en la memoria la historia no solo de una comarca, sino tambien de sus gentes. Mi más sincera enhorabuena. Tengo raìces xalleiras, pues mi padre, Carducho Tomé, era natural de Santa Catalina. Reconozco a muchas personas que aparecen en las fotos, algunas que ya no estan entre nosotros y algunas que todavía sí.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *