Edificios

EDIFICIOS, EMPRESAS E NEGOCIOS

Casa de Basilio na Avda. Alfonso Molina

Imagen 1 de 77

1963 aproximadamente cortesía | Basilio Quintáns aparece | A casa da dereita é a de Basilio, que tiña unha tenda de televisores. De feito, vese claramente o letreiro. O solar do lado é o que agora está ocupado por un edificio, tamén da familia de Basilio, onde parte do baixo está ocupado na actualidade por Deportes P. Alvite. O personaxe que está sentado en primeiro plano é Suso de Basilio e o que está de atrás de pé é Basilio.

EDIFICIOS, EMPRESAS E NEGOCIOS

 

No desenvolvemento e no progreso dun municipio xogan un papel importante a cultura, a educación, o deporte ou as estradas; pero sempre haberá dous negocios que por riba de todos marcarán para sempre ós veciños dun pobo: As tabernas e os ultramarinos. Considerados centros de reunións, de ocio, de comercio, lugar da compra diaria, faladoiro, e onde os nosos devanceiros comezaron a ver as primeiras novelas nunha televisión en branco e negro.

 

Na primeira metade do século XX eran poucas as parroquias que dispoñían dun punto de venda de comestibles ou dunha taberna. Nesta época comezan a aparecer as primeiras tabernas e ultramarinos en Santa Catalina, onde tamén estaban abertos dúas cafetarías: Las delicias e La Santiaguesa. Só Grixoa e Santa Sabiña contaban cunha taberna no ano 1.901.

 

É a partir do ano 1.945 cando empezan a aparecer os primeiros bares, onde teoricamente só se vendería bebida, aínda que a maioría deles formaban parte desa ampla gama de tabernas ou ultramarinos típicos da sociedade galega de antano, nos que había produtos de varios tipos. Nalgunhas aldeas aínda hoxe en día podemos atopar este tipo de bares.

 

Nesta época o crecemento da vila trouxo consigo un incremento da demanda de consumo por parte da  poboación, o que implicou a aparición dos primeiros comerciantes, como foron:

 

José Arán (ataúdes, en 1.905)

Carmen Pombo (mercería, en 1.905)

Francisco Taboada (fertilizantes químicos, en 1.915)

Francisco Capeáns (máquina de coser Singer, en 1.925)

Antonio Bardanca (pirotecnia, en 1.925)

José Arufe (fábrica de electricidade e serradoiro, en 1930)

Talabarquería de Tomás Rico (sobre 1.930)

Sastreria La moda de  C.Vede (sobre 1.935)

Tienda y Sastreria La moda Americana de Miguel Negreira (sobre 1.935)

Autos García (transporte de viaxeiros1.938)

 

Despois virían outros moitos como:

Talleres de reparaciones  López (Sobre  1.944)

Ultramarinos de Eliseo Ferreiro (sobre 1945)

Celestino Carracedo

Capeáns y Sobrino

Ferretería e Ultramirnos de Severino Amarelle (sobre 1.950)

Francisco Romar (Reloxería en 1.952)

Raso (Viaxes e xestións)

Francisco Romar (Autobuses)

Durán e Mercedes (os dous cinematógrafos cos que contou este concello en 1.950)

Antonio Landeira (Bebidas gaseosas)

Calzados Moledo

Surtidor de gasolina da de Barrreiro

Taller de Fidel Amigo (sobre 1950)

Tejidos y paquetería Otero (sobre 1.950)

 

Ou locais xa míticos como:

Casa Capeans (F. Capeans Comestibles. Expendiduría de explosivos. Hospedaje. Distribución de Cervexa El Aguila Negra).

Casa Ordóñez

Casa Aurelio “A de Fachal”

A Costiña

Bar Cine e as súas empanadillas dos domingos

Rebeirán, co polbo os días de feira

O Cachorro, cos seus claretes

Finisterre, coas súas partidas, cando aínda estaba na rúa Afonso Molina

O Xallas, sede social do equipo de fútbol do mesmo nome

O Raposo

A Pista Jallas

 

Son todos os que están, pero non están todos os que son. Xa que existe unha ampla lista de comerciantes e profesionais que ían desde ferradores e carpinteiros ata zapateiros, estanqueiros, xastres, perruqueiros,… En definitiva, xente á que se lle debe boa parte da historia da nosa vila que, aínda hoxe en día, coas novas xeracións familiares, nalgúns casos, seguen mantendo en pé os negocios.

 

 

Imaxes con descrición.
Ano.
Cortesia de.
Quen aparece.


[ngg_images id = 1 template = caption]
 
 

Santa Comba na memoria

Historia fotográfica de Santa Comba

4 comments

  1. Jose pena azquez dice:

    O primeiro terno que eu fiz ao completar 18 anos, foi com a primeira (SASTRE MULHER), do Ayutamiento de SANTA COMBA,(DARIA DA REDONDA), de Santa cataliña, sera esse o nome da minha primeira SASTRE?????????

  2. Jose pena azquez dice:

    Embora reconhecendo o valor do conteúdo de SANTACOMBANAMEMORIA, para o mundo, não podemos deixar de lamentar a ausência de monumentos (?) históricos, que muito tem a ver(creio eu), com SANTACOMBANAMEMORIA,Muito se orgulhariam nossos antepassados ( se aqui estivessem), se aqui em (SANTACOMBANAMEMORIA), lembrassem de colocar imagens dos Horrios, dos moinhos movidos a aguá (principalmente), do córrego que vem do lugar das farinhas,passando pelo lugar do cubelo e ia tocando os nuinhos SALGADO e o moinho de BRENLHA e que depois desaguá no Rio Xallas, la no lugar do cumbarro ,lugar da Ponte e da Aldeá (3 LUGARES), e temos também o Moinho de PEDROSO, que fucionava na represa vicinha ao lugar das SESTEIRAS.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *