Educación

Recordo escolar

Imagen 1 de 60

curso 1961 - 1962 cortesía | Moncho de Raso aparece | Os personaxes son Moncho de Raso, Quintela e Florita.

EDUCACIÓN

 

Casa o habitación suficiente para el maestro y su familia, local para la escuela, menaje y los útiles necesarios para la enseñanza, papel, plumas y libros para los niños absolutamente pobres…un atestado del alcalde y cura párroco de su domicilio que garantice su buena conducta moral”. A praza estaba dotada con 1.852 reás anuais nunha primeira convocatoria e, posteriormente, con 2000 reás anuais. Pero anos despois, a situación é de “desastroso y lamentable estado…con el censurable abandono de los maestros por parte de los alcaldes y ayuntamientos, sin pagarles sus asignaciones y material de escuelas que tenían y debían tener un capítulo seguro, cierto y determinado en el presupuesto municipal”… O sistema estaba corrompido e moitos dos mestres cobraban as prestacións correspondentes pero sen impartir a docencia esixida, de aí os enfrontamentos cos concellos e a falta de pagamento dos salarios.

 

 

 

MÁIS FAME CUN MESTRE DE ESCOLA E AS ESCOLAS DE FERRADO

 

No ano 1.845 en Santa Comba non existía ningunha escola pública e só había 5 privadas (Santa Comba, Cícere, Alón, Arantón e outra máis da que non se pode concretar o lugar) e sen dotacións, nas que os pais pagaban ós mestres polo seu labor. Estas escolas privadas coñecíanse como de “ferrado” xa que o estipendio do mestre pagábase cun ferrado ou máis de trigo, millo ou centeo, entre outros cereais, e soamente funcionaban nos meses de inverno, cando había menos traballo e os nenos dispoñían de tempo para aprender uns básicos coñecementos de lectura, escritura e cálculo. O grao de escolarización era practicamente nulo e só asistían ás clases 94 alumnos, case todos nenos.

 

No ano 1.847 créase en Santa Comba unha escola pública de “primeiras letras” e o concello estaba obrigado a facilitar “casa o habitación suficiente para el maestro y su familia, local para la escuela, menaje y los útiles necesarios para la enseñanza, papel, plumas y libros para los niños absolutamente pobres”.

 

Pero catro anos despois, en 1.851, segue sen estar provista en propiedade e requíreselles ós aspirantes “un atestado del alcalde y cura párroco de su domicilio que garantice su buena conducta moral”. A praza estaba dotada con 1.852 reás anuais nunha primeira convocatoria e posteriormente, en 1.851, con 2000 reás anuais.

 

No ano 1.857 coa reforma do ensino, a cargo do ministro Moyano, a escola pasará a ser obrigatoria desde os 6 ós 9 anos e Santa Comba contará cunha escola completa de nenos, dotada de 2.500 reás anuais, e unha incompleta de nenas, con 1.100 reás anuais. As ensinanzas eran de catecismo, escritura e rudimentos matemáticos, nas incompletas, e nas completas, as mesmas pero con nocións de xeografía, debuxo, historia ou xeometría, aínda que a relixión era a materia máis importante.

 

Os mestres non estaban dignificados e os concellos non cumprían as condicións esixidas pola lei, nin sequera no pagamento. De feito, o mestre de Santa Comba, Andrés Casal Carril, denunciou ó concello perante o Goberno da Provincia por falta de pagamentos de 1.250 reás que se lle debían desde o terceiro trimeste de 1.868-1.869 ata o segundo de 1.870-1.871.

 

O Goberno da Provincia, en outubro de 1.873, amosaba a realidade da situación “desastroso y lamentable estado en que se encuentra esta provincia con el censurable abandono de los maestros por parte de los Alcaldes y Ayuntamientos, sin pagarles sus asignaciones y material de escuelas que tenían y debían tener un capítulo seguro, cierto y determinado en el presupuesto municipal”.

 

Pero o sistema estaba corrompido de tal xeito que moitos dos mestres, que si cobraban as prestacións correspondentes, non impartían a docencia esixida, de aí os enfrontamentos cos concellos e a falta de pagamento dos salarios.

 

Sábese, polas actas municipais do 25 de setembro de 1.882, que os mestres de Fontecada e Cícere mantiveron no máis absoluto e lastimoso abandono o ensino entre 1.868 e 1.874, a pesar de percibir as súas asignacións. Do mesmo xeito, nas actas do 12 de maio de 1.890 consta que a mestra de Santa Sabiña, Juana Argudín, pretendeu cobrarlles o material escolar ás alumnas, pero foi denunciada por seis dos pais das nenas e tivo que dar contas da súa actitude ante a Xunta Provincial de Inspección Pública.

 

SEGUNDA METADE DO SÉCULO XX

 

É sen dúbida a época educativa que máis presente está no recordo dos veciños. As fotos de “recuerdo escolar”, o Ppo no salón parroquial, algo similar ó que hoxe sería unha FP (Formación Profesional), a gran xuntanza deportiva dos Xogos Escolares que se celebraron por primeira vez en 1971 na zona deportiva de Santa Catalina (onde agora está o Instituto e Gardería), e posteriormente tamén en Ser, as obras de teatro, os festivais na Sala Xallas ou na Sumara, as escolas rurais e mestres, como Margarita, José Lens, Quintela, Doña Lola, doña Luz Vidal, Florita ou incluso no PPO, o monitor Junquera.

 

Pero o verdadeiro desenvolvemento da educación nesta época non se produciría ata mediados dos anos 60, cando a dictadura franquista tenta modernizar a educación e cando a Junta Provincial de Construcciones Escolares realizará os trámites para a compra de terreos onde situará o “Colegio Libre”, de ensinanza media mixta. Era unha modernización educativa nada ambiciosa, pero xa era algo. Xa nos últimos anos da vida de Francisco Franco o ministro Villar Palasí leva a cabo unha reforma educativa que durará  ata mediados da década socialista. Implántase unha Educación General Básica, a xa famosa e desaparecida EGB, obrigatoria e gratuita, que durará ata os catorce anos, o Bacharelato e Formación Profesional ata os 18, mentres que o ensino privado, nembargantes, non terá na práctica ningún control rigoroso.

 

Así a principios dos 70 iniciouse a construción o Coléxio Barrie de la Maza, que comenzou a funcionar en maio de 1975, pero con numerosas deficiencias, xa que non estaba totalmente rematado. Por iso, inaugurouse cinco anos máis tarde cando xa estaba a pleno rendimento. O coléxio contaba tamén con casa para os mestres. Paralelamente en 1973 os maridos das mestras e pais de alumnos cos seus propios medios construíron o campo de fútbol, que estaba entre o novo colexio e as coñecidas como as Escolas Rurais de Santa Catalina, construídas entre 1950 e 1.960. A finais dos 80 as escolas derrúbanse para construír o Centro de FP.  Sobre 1.995 desaparece o campo da fútbol para construír o aulario do Instituto e postriormente a principios do 2000 derrúbase parte das escolas para construir a gardería.

 

Nos seus mellores momentos da EGB obrigatoria é inevitable lembrar a mestres como José Carlos, Carril, Celia, Paz, Mª Carmen, Santiago, Luz, Florita, Ramón Durán, Grille, Pepita, María José ou Baleato do Coléxio Barrié de la Maza que chegaron a contar con máis de 1000 alumnos.

 

 

Imaxes con descrición.
Ano.
Cortesia de.
Quen aparece.


 
 

Santa Comba na memoria

Historia fotográfica de Santa Comba

One comment

  1. Tamara dice:

    Extraordinario traballo, José Luis Varela.

    Estou estudando Educación Infantil na Universidade de Santiago de Compostela e ter fotos das antigas escolas é un verdadeiro regalo. Ademais os comentarios das fotos son moi bos. Tamén me encanta ver como era antes Santa Comba e como cambiou.

    Así que grazas, moi bonita a páxina!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *