Emigración

TRANSATLÁNTICO LAVOISIER

Imagen 1 de 35

cortesía | Juan da Saturna aparece | Un dos moitos barcos que levaban emigrantes cara América.

A EMIGRACIÓN XALLEIRA

 

“Pues padre es para decirle que hoy a las 7 de la tarde embarcó Manolo y Che do Manchego. Lleva el baúl que vd. decía…Manolo lleva varios encargos, ya todas llevan el nombre y quien son para vd. vá 1 blta. Carbonell de 10 lts. Aceite, 4 botellas de Veterano…10 latitas de pulpo a la primavera…o sea que todas las cosas que van sin nombre son suyas, que las encargas van bien aclaradas con nombre…hace dos días que le entregué a los de Mallón las 1.000 pts, también va el baúl una bolsa con garbanzos y un poco de unto para el Souto ese no lleva nombre, creo, pero tienen la bolsa por fuera el nombre de Primitiva…y de las encargas café, sacos, puros, enfin todo lo que vd. decía recibimos integro…”

 

Aínda que Santa Comba destaca pola emigración a Arxentina e Uruguai e, posteriormente, a Suíza; o noso municipio sobresae en toda Galicia como exemplo de emigración a Río de Janeiro-Brasil.

 A primeira vista, quizais para o visitante non se perciba ese detalle na arquitectura, nen sequera nas persoas. É algo discreto, silencioso, que se vai revelando sen présa. Unha rúa chamada Brasil, un comentario en “brasileiro”, un local denominado “Carioca”, unha fermosa casa dun “brasileiro”, un que ven de pasar uns días “no Río”, unha camiseta do Flamengo, outra do Botafogo, outra do Vasco ou  por suposto “da canarinha”;  bandeiras brasileiras en ventás e edificios municipais,… Abonda con preguntar e falar “brasileiro” e aparecen os brasileiros.

 

Un anaco moi importante de Santa Comba está en Río de Janeiro, e unha parte moi importante da “cidade maravillosa” está na memoria dos retornados. Foron, ademais, os problemas económicos e sociais que tivo Brasil ó longo da historia o que provocaría que os xalleiros foran cara Arxentina e Uruguai.

 

 

 

OS COMENZOS

 

Todos pensamos en Centroeuropa, Brasil, Arxentina ou Uruguai, pero nada máis lonxe da realidade. Os xalleiros emigraron a Portugal, concretamente a Oporto e esa cidade foi o “trampolín” cara América,  vía Rio de Janeiro.

 

Na primeira metade do século XIX xa había galegos establecidos nos barrios centrais de Río de Janeiro. O pequeno comercio carioca, as hospedarías, as tendas de ultramarinos e os bares, eran controlados polos portugueses. O norte de Portugal, moi representativo en Rio de Janeiro, ocupou a un sector profesional que posteriormente sería compartido con galegos. Así, nos barrios e nas rúas do centro, instaláronse emigrantes galegos que buscaban medrar económicamente detrás dos mostradores dos bares, das hospedarías ou dos almacéns. Estes galegos presentábanse camuflados baixo a figura dos portugueses (a maioría dos que estaban en Río eran do Norte de Portugal), que eran os emigrantes máis antigos e numerosos, debido a que foron os colonizadores ate 1822, cando Brasil acadou a independencia.

 

Os galegos aparecen nas listas de vapores, en navíos que partìan de portos portugueses como o de Leixöes e Porto, nos paquebotes ingleses que recollían pasaxeiros en Vigo e nos navíos que saían desde Cádiz.

 

A Comunidade Española de Río de Janeiro ocupaba o terceiro lugar como estranxeiros en Brasil, despois de portugueses e italianos. A conexión galego-portuguesa levou a que tamén se lle chamara galegos ós portugueses que estaban en Brasil. Posteriormente o termo galego estendeuse para identificar a tódolos estranxeiros, e, nalgunhas rexions brasileiras, a palabra define as persoas de pel moi clara e cabelos louros.

 

O caso de Santa Comba é unha excepción dentro da provincia da Coruña que non tiña tanta tradición migratoria a Brasil como Pontevedra ou Ourense.

 

 

PORTUGAL, TRAMPOLÍN CARA BRASIL

 

Aínda que a crenza popular é que a emigración xalleira comenzou cara Brasil, está documentado que os habitantes deste pobo emigraron antes a Portugal onde posteriormente empregaron os portos de Lisboa, Porto ou Leixoes como trampolín cara Río de Janeiro. Os xalleiros xa coñecían as posibilidades de Portugal desde máis de 100 anos antes, cando levaban mercadorías na súa calidade de arrieiros. Entre 1757 e 1784, o 18% dos varóns xalleiros casados estivera algunha vez en Portugal.

 

Gran parte dos mozos emigraban clandestinamente a Portugal onde buscaban “unha saída o mar” cara a América por medio dos portos de Porto, Lisboa ou Leixoes. Nesta época,  a emigración a Rio de Janeiro concentrábase basicamente nos municipios do sur das provincias de Pontevedra e Ourense, ambas raianas con Portugal. Tampouco podemos  esquecer que moitos galegos  xa levaban varios anos traballando no país luso, e, parte dos que quixeron ir a Brasil, apoiáronse na cidade de Viana do Castelo como ponte para alcanzar terras tropicais.

 

Pero, xa moito antes de querer empregar o pais veciño coma ponte cara América, Portugal estaba entre os destinos preferidos dos xalleiros que ían directamente a Porto a traballar como mozos de servizo. Esta cidade era  a única capaz de absorber un número elevado de empregos temporais e de ambulantes. Entre 1757 e 1784, o 18% dos varóns xalleiros casados estivera xa en Portugal.

 

Este dato tiña unha explicación lóxica, e non era outra que moitos habitantes de Santa Comba para obter uns ingresos complementarios o da agricultura traballando en terras arrrendadas; tamén traballaban  como arrieiros transportando mercadorías, principalmente cereais, sal, viño, carbón e area. Aínda que estes transportes eran principalmente a cidades como Santiago ou Pontevedra, ás veces desprazábanse  ata Castela  e Portugal.

 

Aínda que nos censos do Concello de Santa Comba, xa en pleno século XX, continúan aparecendo casos de emigración a Portugal, preferentemente a Porto; este número de emigrantes decrece a medida que o século avanza. O destino muda cara países americanos, incluso cara Madrid. En 1909 foron 70 as persoas que emigraron a Porto, 153 a Madrid, 119 a Cuba, 85 a Uruguai, 104 a Arxentina e 326 a Brasil, o que supón o 8% do total de habitantes totais do concello naquel momento.

 

A partir da década dos 40 a emigración a Portugal desaparece, pero esa emigración con destino a terras lusitanas, equipara a Santa Comba ós concellos pontevedreses fronteirizos con Portugal, onde teñen novas de Brasil a través dos retornados ou dos familiares en América.

 

 

A PRIMEIRA EMIGRACIÓN MASIVA

 

Froito da abolición da escravitude en Brasil, e para suplir o traballo escravo por medio dunha política migratoria, o goberno daquel país abre as portas a outros traballadores chegados dunha Europa Latina en crise económica.

 

A primeira emigración masiva produciuse en 1890,  froito da abolición en 1888, da escravitude. Logo desta prohibición, xa non había escravos para traballar, polo que era imprescindible buscar man de obra para suplir ese traballo escravo. Esa búsqueda fíxose a través dunha política migratoria. Deste xeito, os galegos que xa estaban establecidos en Brasil cos seus negocios, e que, como sucederá ó longo de toda a historia da emigración, déronlle ou buscáronlle traballo a compatriotas da mesma aldea ou municipio. Eses compatriotas  ocuparon os postos que antes ocupaban moitos escravos.

 

Nesta época, pese a non seren maioritarios, foron os pioneiros e sentaron as bases do que sería a futura emigración galega a Río. Unha emigración espontánea, baseada en lazos de parentesco e adicada principalmente ó  ramo do comercio e da hostalaría. Vinte anos despois, en 1910, España prohibe a emigración a Brasil (Italia xa o fixera en 1902), feito motivado polas promesas incumpridas polo goberno brasileiro sobre a asunción de diversos gastos dentro dun  réxime económico baseado por entón na pequena propiedade rural .

 

 

 

COMENZA A EMIGRACIÓN A CENTROEUROPA E A OUTROS PAISES DE AMÉRICA DO SUR

 

A ditadura en Brasil e a Segunda Guerra Mundial reducen a entrada de emigrantes nese país e os xalleiros dirixense a Centroeuropa, destacando Suiza como destino.

 

A ditadura de Getulio Vargas en Brasil nos anos 30 e, posteriormente, a Segunda Guerra Mundial reduciu a entrada de emigrantes en Brasil.  Desde que en 1910 o goberno español prohibiu a emigración ó país carioca  motivado polo incrumprimento do goberno brasileiro do seu compromiso da asunción de diversos gastos;  os galegos en xeral e os xalleiros en particular tiveron máis dificil a súa  saída do país.  As dificultades aumentaron tras a  promulgación en 1921 do decreto que regulaba a entrada de emigrantes.  O nome deste decreto deixa claro as restriccións: “A Lei dos Indesexábeis”.  Por esta lei os emigrantes eran vistos como unha das causas do desemprego e como un elemento provocador da desorde económica e da inseguridade social.

 

A pesar de que se retomou nos anos 40, o seu fluxo xa non era o mesmo. Nesa década eran mellor aceptados ó darlles preferencia ós inmigrantes de orixe latina (portugueses, italianos e españois) por seren culturalmente máis próximos e asimilables e rexeitando ós xudeus, xaponeses, negros e incluso ós alemáns por consideralos perigosos para a seguridade nacional.

 

No caso dos emigrantes que xa estaban en Brasil, algúns regresaban, pero este feito, para moitos, era considerado un fracaso e unha humillación. Por iso, en vez de regresar novamente a Santa Comba, ían para outros países de Sudamérica. No caso dos xalleiros fixérono maioritariamente cara Arxentina, seguido de Uruguai, e, en menor medida e a moita distancia, a Cuba e a Venezuela. Antes, en 1931, a proclamación da II República constituiu unha boa oportunidade para que algúns prófugos volvesen a España.

 

Calquera problema en Brasil, xa fora político, social ou económico, como a caída de precios na produción cafeteira;  reflectíase no índice de retorno ou na reemigración hacia o Río de la Plata ou a outros países latinoamericanos. Incluso, en moitas ocasións, os membros dunha mesma familia dirixíronse a diferentes países.

 

Nacía así a emigración masiva e diversificada a outros países. A emigración xalleira quedaría marcada para sempre en Brasil-Río de Janeiro, Arxentina-Buenos Aires e, en menor medida en Uruguai-Montevideo, no que se refire a Sudamérica;  e en Centroeuropa a  Suiza-Cantón de Berna fundamentalmente.

 

Desde 1960 a nova emigración dirixiuse a outros países europeos. No caso de Santa Comba sempre destacou Suiza, e en menor medida e a moita distancia Holanda, Alemaña ou Francia; onde as economías eran máis prometedoras e onde o ascenso social podía ser máis rápido. Tamén muda o perfil emigrante,  estando máis coordinada por parte do Estado.

 

 

O PRIMEIRO EMIGRANTE XALLEIRO EN RÍO DE JANEIRO

Anselmo José Barbeito

 

Foi pioneiro na emigración en Río de Janeiro cando aínda existía a escravitude e o país non abrirá as súas portas ás grandes transformacións urbanas de comenzos do século XX. É posible tamén que sexa un precursor das cadeas migratorias que alimentou a corrente, ó recibir e insertar ós seus paisanos xalleiros no mercado laboral carioca.

 

Non quere dicir que fora o primeiro, seguro que hai máis antes del. Califícase como o primeiro emigrante porque, na enorme cantidade de arquivos e documentos analizados, este galego de Santa Comba aparece na década dos setenta do século XIX rexistrado oficialmente como comerciante.

 

Chamábase Anselmo José Barbeito, era dono de panaderías en Río de Janeiro e estaba establecido na rúa da Ajuda. No Hospital Espanhol de Río de Janeiro consérvanse os seus datos personais, inscrito como socio en outubro de 1873 no libro nº 1. Foi o socio nº 207, de profesión comerciante, solteiro e de trinta e cinco anos. No Consulado, o rexistro máis antigo que se conserva pertence a José Turnes Vázquez, que chegou a Río en 1887, procedente de Mallón.

 

Sábese que este xalleiro non só daba emprego ós emigrantes procedentes da nosa terra, senón que tamén era fiador doutros españois que pedían licenza na Prefectura para traballar como ambulantes, cargadores de auga ou de obxectos en xeral. Ó fiador supoñíaselle recursos económicos, xa que, normalmente, adoitaba ser un comerciante xa establecido que podía asumir os gastos do traballador, posto que, no caso de este non tivera licenza ou estivera en situación irregular, sería multado. Converteuse así nun posible precursor das cadeas migratorias que alimentou a corrente, ó recibir e insertar no mercado laboral carioca ós seus paisanos xalleiros. Este dato pódese corroborar  ó  analizar a lista do Hospital Espanhol de Beneficencia con 65 inscritos naturais de Santa Comba.

 

Este mesmo emigrante atópase documentado en distintas fontes localizadas noutros países, sen dúbida, ó verse obrigado a fuxir por ter unha panadería. Este ramo, predominantemente portugués, estaba organizado na “Unión dos Empregados de Panadería”, sindicato cuxos membros (galegos e portugueses) foron castigados polo goberno brasileiro a principios do século XX coa expulsión dos seus membros. O feito de que houbera unha significativa presenza de emigrantes que exercían esa profesión, da súa capacidade para  unirse e formar un sindicato propio e polas súas reaccións, pacíficas ou violentas, contra os que perxudicaban os seus intereses e explotaban o seu sector;  foi o que motivou esa expulsión.

 

 

O PERFIL DO EMIGRANTE A AMÉRICA

 

Era labrego, igual que ó 80% dos habitantes de Santa Comba, e a cada cal máis pobre, como todos os da súa aldea. Levaban traballando desde nenos para axudar na economía familiar. Non coñecían nada que non fora o seu arredor, nunca saíran da súa aldea, vivian sen ter unha estrada, luz ou baño e sen coñecer outra cousa que non fose a miseria.  Andar coas ovellas ou as vacas, plantar millo, centeo ou patacas, para poder comer e trocar un quilo de patacas por un quilo de azucre era o seu día a día. Iso si, todo o mundo tiña algún ben, aínda que fose unha casa humilde ou algúns animais para prover as necesidades máis básicas da economía doméstica. Pero en tempos de crise ou malas colleitas, as familias non conseguían os recursos suficientes para pagar os impostos.

 

En canto a alfabetización, en realidade eran analfabetos. Pero o elemento utilizado para distinguir a unha persoa alfabetizada dunha analfabeta foi a sinatura, así que,  un alto porcentaxe estaban considerados como alfabetizados, cando en realidade non o eran, aínda que algúns sabían ler e escribir o esencial “as catro reglas”.

 

O primeiro que facían ó chegaren a un país descoñecido era buscar unha institución benéfica que lle proporcionase algún tipo de asistencia. Cando a emigración xa estaba máis consolidada, o normal era que tiveran un familiar esperándoos, incluso que os reclamara previamente e lle enviara a pasaxe.

 

Na emigración, a maioría traballaban, e aínda traballan en hoteis, bares, restaurantes e no pequeno comercio.Tanto os que se viñeron como os que se fixeron ricos, entraron maioritariamnte no mercado laboral carioca lavando pratos, cociñando ou servindo mesas nos restaurantes. Non lles importaba o tipo de emprego, só querían traballar e aforrar canto antes, coa esperanza de montar o seu propio negocio ou retornar a Santa Comba co futuro asegurado. Pero os traballos eran arduos, ocupaban moitas horas con salarios escasos,  vendo un mundo que nunca se imaxinaran. Por iso, moitos non estaban dispostos a pasar as privacións que tiñan na aldea. “Os que querían divertirse gastaban todo, ían os cabarés, ás casas de xogo e o diñeiro, ainda cun bo salario, nunca sobraba” , manifesta un emigrante.

 

Non tiñan por costume casar con mulleres brasileiras e , moitos dos que emigraron solteiros, volveron ó seu lugar de orixe para casar. En moitas ocasións , estes matrimonios eran pactados de antemán con familiares máis ou menos lonxanos.

 

As leis eran rigorosas coas mulleres, que precisaban autorización do pai ou do home para viaxar a outro país. Por iso, a emigración era fundamentalmente masculina, e as mulleres quedaban coidando da familia e da economía doméstica ata que regresase o pai, esposo ou irmán. Algúns nunca regresaban.

 

 

 

POR FAME SÍ, PERO TAMÉN FUXINDO DO SERVIZO MILITAR.

 

Houbo momentos nos que o 87% dos emigrantes estaban en idade de ser chamados a filas, testemuña esta  de que fuxían para evitar ir ó servicio militar ou a outras obrigas co estado. De feito, máis da metade eran declarados prófugos.

 

A emigración clandestina dos mozos que fuxían do servicio militar pode comprobarse nos 41 libros de expedientes militares do Concello de Santa Comba. Se se suman tódolos anos analizados desde 1901 a 1955, compútanse un total de 4.457 mozos alistados no servizo militar, dos que compareceron menos da metade. O 53% restante foron declarados prófugos. Houbo momentos en que o 87% dos emigrantes estaban na franxa de idade de entre 14 e 19 anos, testemuña de que os emigrantes viaxaban clandestinamente, ocultando a súa nacionalidade para evitar o cumprimento do servicio militar e outras obrigas co estado español.

 

 

ANTES DE EMIGRAR, TODO ATADO E BEN ATADO.

 

Os fillos e fillas que permanecían na casa coa familia quedaban co terzo e o quinto de tódolos bens e a obriga de coidar dos pais e amparalos na súa vellez.

 

Nas escrituras notariais de Santa Comba correspondentes ás tres últimas décadas do século XIX, atopamos varios casos de emigración a Porto con testamentos onde quedan as cousas clariñas.

 

No testamento de Ignacio Barreiro Álvarez e a súa dona Antonia Abelenda Antelo, ambos da parroquia de Alón, datado en 1871; exprésase a súa vontade de que as dúas fillas herden o terzo e o quinto das terras e unha parte dos bens. Dos oito fillos, dous varóns están ausentes, un “en el servicio de las armas” e outro “en el Reino de Portugal”.

 

Nas familias numerosas coma esta, percíbese que algúns fillos (principalmente mulleres) ían para a casa das familias dos cónxuxes que herdaran a maior parte dos bens. Outros eran menores de idade e os varóns, no caso de seren os primoxénitos, moitas veces eran os primeiros que emigraban esixindo a súa parte da herdanza para pagar os gastos da viaxe.

 

No testamento de Antonio Espasandín Lois, da parroquia de Santa Comba, o seu fillo, Manuel Espasandín Blanco, solteiro e maior de idade, figura como ausente, aínda que non consta o seu destino. A casa familiar e o hórreo son para a filla. No documento sinálase que Antonio Espasandín vendera unha parte do seus bens para que o fillo poidese emigrar.

 

 

DOCUMENTOS

 

En distintos arquivos históricos brasileiros e españois constan testumuñas do que facían os emigrantes xalleiros, das que, pola súa curiosidade ou polos movementos que articulaban para burlar ás autoridades e mesmo ás familias, reproducimos aquí algúns deles. Estes feitos incluso están documentados nos protocolos notariais do Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela de 1.893.

 

Un tal Manuel Riveiro Pose, de 20 anos, da parroquia da Pereira, en Santa Comba, marchou para Rio de Janeiro con 15 anos aproximadamente “con el fin de agenciarse la vida”. Traballou na panadería de Anselmo Barbeiro (o primeiro xalleiro oficialmente emigrante en Río) e despois de catro anos regresou a Santa Comba levando parte dos seus cartos e deixando o resto, 1.500 pesetas (9 euros) nun banco daquela capital brasileira, segundo datos dos protocolos notariais do Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela de 1.893.

 

O neno Juan Antelo Rodríguez, segundo o Consulado Español, saíu de Arantón con tan só nove anos e chegou a Río de Janeiro en 1903, pero non se presentou no Consulado ata 36 anos despois. En 1939, cando tiña xa 45 anos declararou ser comerciante de nacionalidade brasileira e estar casado. Pero antes, en 1935, aparece rexistrado no censo de Santa Comba como panadeiro o que leva a supoñer que efectivamente era panadeiro e que cando se rexistrou no consulado xa pasara de empregado a dono dun comercio.

 

O neno Manuel Tomé Barbeito. En 1891 con 13 anos, deixou o seu traballo como labrego na súa aldea natal, San Cristobo de Mallón, e marchou a Río de Janeiro, cidade que non coñecía pero onde tiña contactos con xente da súa aldea. De feito agardaban a súa chegada e ofrecéronlle aloxamento no mesmo lugar de traballo, que neste caso era nunha panadaría. Consta que en 1.932 está casado con María Santos Tomé e ten dous fillos, Palmira e José Tomé Santos; e que, antes de casar, retornou a Santa Comba en varias ocasións, a primeira delas en 1900 con 22 anos, e nove de residencia en Brasil. En 1.960 regresou a Santa Comba a pasar a súa vellez xunto coa súa esposa e fillos. Aínda que estes fillos continuaron o ciclo migratorio, habendo constancia de que José casou con Lucinda Areas Tomé.

 

O neno Celestino Ramos García, veciño do Catadoiro, parroquia de Alón. En 1909, con 9 anos, xa estaba en Río de Janeiro. En 1955 xa tiña fillos e estaba casado con María Celeste Lourenço Ramos, que nacera en Río de Janeiro. Non era habitual nesa época  casar con mulleres brasileiras.

 

Francisco López Landeira veciño de Vilar de Céltigos. Pouco máis coñecía que o seu arredor e as 6 vacas e un cabalo que tiñan na casa cando en 1936, con 17 anos, chegou a Río de Janeiro seguindo os pasos dun tío e de seu pai. Éste  envioulle unha pasaxe despois de pedirlle él que o reclamase. Apoiado polo seu tío que xa tiña experiencia, comenzou lavando pratos nun restaurante. “O primeiro negocio que comprei xunto con catro socios máis, foi unha hospedaría, a custa do meu salario. Aforrei durante seis anos”. Como moitos emigrantes, volveu a Galicia e casou cunha moza da súa aldea. Tódolos seus fillos e netos naceron en Brasil e continúan a tradición migratoria, polo que esta familia, como moitas outras, está dividida en dous continentes.

 

Francisco Mouro Castro foi un claro exemplo do movemento migratorio, non só das redes familiares, senón tamén do movemento entre países e intermediario entre veciños. Francisco saíu con destino a Río de Janeiro o 27 de setembro de 1906 cando contaba con 17 anos de idade. Durante 13 anos, ata 1919, a súa vida foi un constante ir e vir entre Rio de Janeiro e Montevideo. Non só emigraba dun lado a outro, senón que mantiña relacións cos seus compatriotas, anotanto, con nomes e cifras, tódolos empréstitos dos que lle debían cartos. Preservaba o vínculo co seu lugar de orixe encargándose de levar as encomendas, cartas ou obxectos  que os familiares mandaban para os emigrados dun lado a outro. Enchía o seu caderno de anotacións con nomes de xente da súa aldea que desexaban enviar algún agasallo, que necesitaba cartos para pagar algunha débeda ou simplemente quería saber noticias dos seus familiares.

“Juan Lema Souto 1 par de zapatos para la chica y par de brincos par Andrea e 25 pestas para su madre, un peso para Lino un para Lelo; José Gerpe Rial Outeiro 1 nabalha, 1 tigera, 1 carta; Teresa Quintans un embrullo para su hermana Estrella; Jesús Ameijeira 1 carta para su padre”.

 

Os documentos e apuntamentos de todo tipo que Francisco anotou, con constantes referencias ós que querían emigrar ou ós que estaban en Río de Janeiro, e que a súa familia conserva; é unha valiosa testemuña da importancia da transmisión da información e  do contacto que se seguía mantendo entre os retornados e os que ficaban nas aldeas.  Este contacto fixo persistir unha corrente humana durante varias xeracións e estableceu comportamentos migratorios moi marcados en zonas especificas. Nesta familia é destacable un feito habitual entre os emigrantes, como é o retorno en 1952 do seu irmán Antonio (que tamén estaba en Río e traballaba no Hotel Araújo) xunto coa muller e os fillos ó Couto-Alón, deixando un poder notarial a Francisco para autorizarlle a administrar o que deixara no Brasil. Posteriormente chamou ó seu fillo Manuel para que lle axudase no seu negocio, un hotel que continúa existindo na actualidade no barrio de Sao Cristovao. Por último, hai que indicar que Francisco casou cunha moza brasileira chamada Albina que coñeceu en Santa Comba e tivo dous fillos, Albina e Manuel, que, entrados xa nos anos 2000 estaban establecidos na zona de Flamengo en Río de Janeiro.

 

 

A EMIGRACIÓN XALLEIRA EN CIFRAS.

 

Emigración cara América

 

Desde 1904 ata 1960 emigraron a Brasil 2.649 persoas , aínda que o dato debería de ser máis abultado e non representa o total de emigrantes de Santa Comba a Río de Janeiro, xa que non figuran os mozos que emigraron clandestinamente para non prestar o servicio militar (índice de prófugos),  que, como indicamos noutro apartado, chegou a superar ó 50% dos varóns en idade militar.

 

Nunha primeira onda migratoria, o número de mulleres do Concello de Santa Comba que emigraron a Brasil non pasaba do 12% do total de emigrantes e só o 5,5% escolleu como destino Río de Janeiro. Tampouco o tiñan fácil. As leis eran rigorosas coas mulleres, que precisaban autorización do pai ou do home para viaxar a outro país. Por iso a emigración era fundamentalmente masculina.

 

A partir da segunda onda migratoria, en 1955,  o número de mulleres emigrantes a Rio de Janeiro xa chegaba o 18,9%. Cinco anos máis tarde, en 1.960, a emigración da muller xa era máis importante que a do home,  representando ó 53,21% de emigrantes.

 

EMIGRANTES POR PAÍSES E ANO A AMÉRICA

ANO

BRASIL

ARXENTINA

URUGUAI

CUBA

VENEZUELA

1904

280

104

119

85

1924

174

170

89

169

1960

689

216

178

18

103

 

 

RANKING DOS CINCO CONCELLOS MÁIS EMIGRANTES DA PROVINCIA DA CORUÑA CON DESTINO A AMÉRICA

NO PERIODO 1961-1989

BRASIL

ARXENTINA

URUGUAI

CONCELLO

%

CONCELLO

%

CONCELLO

%

Santa Comba

448

27,80%

Vimianzo

189

8,10%

Carballo

114

8,40%

A Coruña

92

5,70%

Santa Comba

140

6,03%

Santa Comba

88

6,50%

Santiago

85

5,20%

Santiago

138

5,90%

A Coruña

75

5,50%

Mazaricos

79

4,90%

A Coruña

133

5,70%

Val do Dubra

68

5,06%

Ferrol

78

4,80%

Muxia

119

5,10%

Mazaricos

52

3,80%

 

No caso de Brasil, os concellos veciños de Negreira, Val do Dubra, Zas, A Baña e Tordoia aportaban conxuntamente outros 261 emigrantes (16%). No caso de Arxentina os concellos veciños de Zas, Val do Dubra e Mazaricos aportaban conxuntamente outros 267 emigrantes (11,30%). No caso de Uruguai os concellos veciños de Coristanco e A Baña aportaban conxuntamente outros 93 emigrantes (6,8%).

 

No caso de Venezuela, non era esta unha zona que elixira ese destino. Aínda así aportou no mesmo período, 88 emigrantes (1,87%). Esta cifra pódenos levar a confusión si a comparamos con Uruguai, xa que nos dous destinos é idéntica, pero coa diferencia que no caso de Uruguai, Santa Comba é o segundo concello que máis emigrantes aporta; e no caso de Venezuela, é o 14ª cunha porcentaxe moi pequeña,  moi lonxe dos concellos do entorno da Coruña cidade e do Val da Mahía.

 

O groso de emigrantes a Venezuela na provincia concentrábase nos concellos de A Coruña, Oleiros, Santiago, Sada e Ortigueira. Na zona intermedia,  estaban os do Val da Mahía e arredores, Val do Dubra, Brión, Ames, Tordoia, Outes e Negreira. Aínda así, e con cifras similares as de Santa Comba, houbo un pequeno foco en A Baña de 84 emigrantes (1,78%).

 

Si sumamos os datos dos catro países citados o resultado é que 764 foron os veciños que emigraron por primeira vez desde Santa Comba cara América no período 1961-1989, sendo o concello máis emigrante da provincia cara América, sin contar as aportacións doutros municipios cara Venezuela.

 

Emigración cara Suiza

No caso da emigración a Centroeuropa, Santa Comba difire pouco do resto de Galicia. Iniciouse a finais dos anos 60 cando o goberno franquista puso en marcha un programa de modernización baseado na apertura do país á economía mundial. Esta apertura chegou depois de que España estivera aillada e excluida do Plan Marshall, permanecendo estancada no subdesenrrolo, mentras as democracias europeas disfrutaban da miragre económica da postguerra.

Cos cartos americanos do Plan Marchall, Europa necesitaba perentoriamente man de obra. Países como Suiza, Reino Unido e Alemaña, ademáis de Holanda, Bélxica e Francia convertéronse nos principais destinos dos emigrantes galegos.

No caso de Santa Comba, a maioría dos que emigraron fixeronno cara Suiza, establecéndose no Cantón de Berna, sen poder precisar con exactitude a causa pola que elixiron esta zona.  Dase  por feito que, tras os primeiros contratos que lles ofreceron ós xalleiros para traballar nesta zona; e, ó igual que na emigración cara América, as redes familiares e a intermediación entre veciños encargáronse de facer o resto.

É importante salientar novamente que a emigración a Suiza comenzou a finais dos 60, acadando o seu mellor momento na década dos 70. Todo isto, no momento xusto e máis importante para poder manter o ritmo económico municipal, xa que esta nova oportunidade laboral xurdía paralelamente a un dos peores momentos da Mina de Varilongo. Entre 1.964 e 1.967, a decadencia do precio do Wolframio provocou o peche da principal economía local naquel intre, a Mina de Varilongo. Durante catro anos e cando contaba con 1.700 traballadores, a crise polo precio do mineral,  foi aproveitada por moitos dos seus traballadores para emigrar. Outros aínda quedaron en Santa Comba coa esperanza dunha reapertura do xacemento, pero cando este se produciu, foi só con 115 traballadores (ainda que por momentos chegaron os 190). Esta sensible baixada de postos de traballo  provoucou outra onda de emigrantes que perderan xa a esperanza de atopar un traballo na súa terra.

 

O perfíl tipo do emigrante a Suiza era de xente xoven, de entre 25 e 29 años, varón (ó 84%), casado (ó 70%), e case a metade, asalariado agrícola sin formación. Nun principio, nos anos 60, chegaban ó país de destino na súa maioría  cun contrato temporal anual, para emplearse na construcción (30%), a industria metálica (25%) e a hostalería (23%), entre outros.

Pero a tendencia cambiou, e en  1971 os contratos temporais de como máximo 8 meses e sen posibilidade de renovación xa representaban a metade do total.

Aínda que a  maioría dos emigrantes eran casados, a súa familia permanecía en España, evitando así o reagrupamento familiar. O traballador só o acadaba si cumprira 18 meses vivindo en Suiza. Os emigrados noutros paises europeos vivían polo xeral en familia, en Francia, ó 70%, en Alemaña, ó 63%. En Suiza a cifra era menor ó 25%.

Ó estar no mesmo continente desaparecía o suposto desarraigo dos emigrantes cos seus municipios de orixe, e ,o contrario dos que o facían cara América, prácticamente non había unha emigración definitiva. É máis, había unha tendencia a regresar habitualmente en vehículos de alta gama, sobre todo xaponeses, que eran unha rareza en España, nun claro síntoma de desmostración ante o vecindario do seu progreso ante a nova vida.

POR PARROQUIAS

 

O comezo da emigración xalleira a Río de Janeiro (1901 – 1960) concéntrase na zona suroeste do municipio, nas parroquias lindantes cos municipios veciños de Mazaricos, Negreira, Zas e A Baña, o que explica que houbese un foco migratorio a Brasil nestes concellos. As tres parroquias que destacaban na aportación de emigrantes a Río de Janeiro eran  Mallón co 27,43% dos emigrantes, seguida de Santa Comba co 19,46%, e Arantón co 15%. O ranking completo é o seguinte:

 

Mallón :      27,43%                Santa Comba :  19,46%         Arantón:     15,00%                Alón:  8,84%           Fontecada:       7,96%

A Pereira :    7,00%                Cícere:                6,19%         Grixoa:         4,42%                Ser:    2,65%          Santa Sabiña:   0,88%

 

En tódolos casos a parroquia máis emigrante foi a de Santa Comba seguida por Mallón, Alón e Santa Sabiña, sendo esta última a que tiña os emigrantes máis repartidos polos catro países indicados. No caso de Santa Comba o maior número de emigrantes decidiuse por Arxentina seguido de Brasil. No país carioca destacan Mallón, Santa Comba e Grixoa. Mentras que Bazar, Freixeiro, Padreiro ou Esternande a emigración a este país é case inexistente.

 

No censo de 1950 non hai ningún emigrante a Brasil das parroquias de Esternande, Padreiro e Freixeiro, pero sí había varios ausentes en Arxentina, país preferido polos habitantes destas parroquias. Na parroquia de Castriz, en 1904 só constan catro ausentes en Brasil, mentres que trinta e dous parroquianos vivían en Arxentina (o 4,5% da poboación total). No censo de 1904 chama a atención Freixeiro, que rexistrou unha alta porcentaxe de emigrantes a Cuba co 4,5% do total da poboación, comparada coa de Brasil e Arxentina que non chegaron ó 1%.

 

Posteriormente a emigración foise consolidando en Brasil, Arxentina e Uruguai. As redes de parentesco, baseada nos lazos microsociais cos lugares de orixe formadas por avós, tíos, curmáns, pais e fillos dunha mesma parroquia e aldea, fixeron o resto e perduraron ó longo dos anos.

 

Tódolos datos son oficiais da Delegación de Emigración da Coruña e dos Censos municipais.

 

 

XALLEIROS NO MUNDO

CENSO DE EMIGRANTES ABRIL 2005

 
       
PAISES
Total : 3.334. Brasil: 1.179.  Suíza: 792. Argentina: 762. Uruguay: 292. Venezuela: 83. Alemania: 55. Reino Unido: 52. Países Baixos: 30. Francia: 27. Cuba: 22. Australia: 12. EEUU: 8. Italia: 3.  Andorra: 2. Dinamarca: 2. México: 2. Canadá: 1. Chile: 1. Finlandia: 1. Grecia: 1. Guatemala: 1. Irlanda: 1. Liechtenstein: 1. Portugal: 1. Ruanda: 1. Sudáfrica: 1.  
AMERICA  
Total: 2.351. Brasil: 1.179. Argentina: 762. Uruguai: 292. Venezuela: 83. Cuba: 22. EEUU: 8. México: 2. Canadá: 1. Chile: 1. Guatemala: 1.  
EUROPA  
Total: 968. Suíza: 792. Alemania: 55. Reino Unido: 52. Países Baixos: 30. Francia: 27. Italia: 3.  Andorra: 2. Dinamarca: 2. Finlandia: 1. Grecia: 1. Irlanda: 1. Liechtenstein: 1. Portugal: 1.  
AUSTRALIA  
Australia: 12    
AFRICA  
Total: 2. Ruanda: 1. Sudáfrica: 1.    
RANKING PROVINCIAL  
1. A Coruña: 11.773. 2. Santiago de Compostela: 5.451. 3.Carballo: 4.270.  4.Val do Dubra: 3.493. 5.Santa Comba: 3.427  

 

COMPARACIÓN POR MUNICIPIOS E PAÍSES 2005

ARXENTINA

 

BRASIL

 

URUGUAI

1

Santiago

2043

 

1

Santa Comba

1272

 

1

Carballo

1755

2

A Coruña

2005

 

2

A Coruña

538

 

2

A Coruña

1450

3

Vimianzo

1266

 

3

Santiago

307

 

3

Ponteceso

770

4

Fisterra

1030

 

4

Negreira

296

 

4

Coristanco

693

5

Muxía

780

 

5

A Baña

220

 

5

Laracha

618

6

Santa Comba

707

 

6

Val do Dubra

212

 

6

Santiago

566

7

Teo

578

 

7

Mazaricos

202

 

7

Malpica

548

8

Val do Dubra

757

 

8

Zas

187

 

8

Arteixo

448

9

Zas

549

 

9

Outes

180

 

9

Ames

373

10

Santiso

532

 

10

Ferrol

152

 

10

Cabana

350

11

Vedra

517

 

11

Ordes

95

 

11

Santa Comba

307

                             

ALEMAÑA

 

SUÍZA

 

PAÍSES BAIXOS

1

A Coruña

612

 

1

Carballo

1160

 

1

A Coruña

168

2

Santiago

247

 

2

A Coruña

1123

 

2

Carballo

80

3

Carballo

164

 

3

Santa Comba

834

 

3

Santiago

51

4

Val do Dubra

153

 

4

Vimianzo

633

 

4

Ferrol

50

5

Mazaricos

91

 

5

Cerceda

614

 

5

Laracha

42

6

Ferrol

83

 

6

Coristanco

550

 

6

Sada

36

7

Outes

78

 

7

Laracha

537

 

7

Santa Comba

32

8

Ordes

69

 

8

Outes

483

 

8

Val do Dubra

24

9

Ames

67

 

9

Ortigueira

471

 

9

Arteixo

19

10

Negreira

63

 

10

Zas

394

 

10

Trazo

10

11

Santa Comba

56

 

11

Santiago de C.

390

 

11

 

 

 

 

           
RESUMO EMIGRACIÓN :
Primeira etapa (PORTUGAL): Todos pensamos en Centroeuropa, Brasil, Arxentina ou Uruguai, pero nada máis lonxe da realidade. Os xalleiros primeiro emigraron a Portugal, concretamente a Porto, onde posteriormente utilizaron os portos de Lisboa, Porto ou Leixoes como trampolín cara Río de Janeiro. Alí presentábanse nas hospedarías e nos almacéns camuflados baixo a figura dos portugueses (a maioría dos que estaban en Río eran do Norte de Portugal), os emigrantes máis antigos e numerosos, debido a que foron os colonizadores ata 1822, cando Brasil acadou a independencia. Os xalleiros xa coñecían as posibilidades de Portugal desde moitos anos antes cando levaban mercadorías na súa calidade de arrieiros. Entre 1757 e 1784, o 18% dos varóns xalleiros casados estiveran en Portugal. Esta emigración con destino a terras lusitanas, equipara a Santa Comba cos concellos pontevedreses  fronteirizos con Portugal, onde teñen noticias de Brasil a través dos retornados ou dos familiares en América.      
Segunda etapa (BRASIL): O primeiro emigrante xalleiro documentado en Río de Janeiro data de 1873 pero a primeira emigración masiva prodúcese en 1890, froito da abolición en 1888 da escravitude. Isto significa que non había escravos para traballar polo que era imprescindible buscar man de obra para suplir o traballo dos escravo a través dunha política migratoria. Nesta época, a pesar de non seren maioritarios, os xalleiros foron os pioneiros e sentaron as bases do que sería a futura emigración galega a Río. Unha emigración espontánea, baseada en lazos de parentesco e adicada principalmente ó sector do comercio e da hostalaría. Permanecería, máis ou menos estable, ata os anos 40.      
Terceira Etapa (ARXENTINA E URUGUAI): Calquera problema no Brasil, fora político, social ou económico, como por exemplo a prohibición en 1910 da emigración froito dos desacordos entre o goberno español e o brasileiro,  “A lei dos indesexábeis” en 1921 pola cal os emigrantes eran vistos como unha das causas do desemprego e como un elemento provocador da desorde económica e da inseguridade social;  a dictadura de Getulio Vargas nos anos 30 ou a caída da produción cafetaira, non só reducía a entrada de emigrantes en Brasil, senón que provocaba que os que xa estaban no país carioca fixeran unha reemigración cara outros paises. No caso de Santa Comba foi maioritariamente a Bos Aires e Montevideo, nacendo e reforzándose así, periódicamente, un novo destino emigrante entre os anos 30 e 50. É unha emigración de longa duración e, en moitos casos, definitiva.

 

     
Cuarta etapa (SUÍZA): Desde 1960, cun máximo esplendor nos anos 70. A nova emigración dirixiuse a outros países europeos, que no caso de Santa Comba destacaba Suíza (Cantón de Berna), e en menor medida e a moita distancia Holanda, Alemaña ou Francia, cuxas economías eran máis prometedoras e onde o ascenso social podía ser máis rápido. Tamén muda o perfil estando máis coordinada polo estado. A diferencia da americana é que non é definitiva e os emigrantes acaban retornando. Esta emigración veuse potenciada polo peche da mina de Varilongo cando contaba con 1.700 traballadores. Cando se reabriu só quedaron 115.      
       
Tamén tiveron gran importancia as migracións interiores cara o resto do Estado como a Madrid, Pais Vasco e Cataluña, e sobre todo, ás Illas Canarias no desenvolvemento turístico do archipiélago na década dos 90 e principios dos  2000. Santiago foi e segue sendo un importante foco de atracción, só entre 1970 e 1986 absorveu ó 20% dos que marcharon.      

 

 

 

 

 

QUEN LLO ÍA A DICIR ÓS XALLEIROS: ANTANO POBO EMIGRANTE E AGORA DE ACOLLIDA DE INMIGRANTES.

O crecemento da poboación estranxeira no conxunto das bisbarras de Bergantiños, Fisterra, Soneira e os veciños Cerceda e Santa Comba é constante nos últimos anos.

Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) de 2009, na última década tódolos municipios da zona viron aumentar o seu censo de estranxeiros, pero foi en Santa Comba onde se produciu a maior subida de foráneos, multiplicándose por 20, ó pasar de tan só 10 a 195. Santa Comba en 2009 tiña 64 brasileiros, 21 rumanos, 18 uruguaios, 14 portugueses, 12 arxentinos, 8 colombianos, 8 peruanos, 6 italianos, 4 marroquinos e 3 ingleses.

 

CERA (CENSO DE RESIDENTES AUSENTES CON DEREITO A VOTO)

Un bo indicativo do aumento da poboación emigrante é o Censo de Residentes Ausente (CERA) que nos indica que os emigrantes representan máis do 22% da poboación da Costa da Morte con dereito a voto. Trátase dunha porcentaxe con gran peso nos procesos electorais, que non parou de aumentar nos últimos anos, mentres que, pola contra, descende a cifra de electores que viven na propia bisbarra.

O conxunto da Costa da Morte, entendendo esta zona como: as bisbarras de Bergantiños, Fisterra, e Soneira e os veciños Cerceda e Santa Comba;  conta, segundo o CERA de 2010, con 141.908 veciños censados con dereito a voto. Deles o 22,2 % (31.618) viven no estranxeiro. Os municipios con maior peso da poboación emigrante no censo de electores son:

 

CENSO DE RESIDENTES AUSENTES (CERA) CON DEREITO A VOTO 2010

POR %

 

POR Nº DE HABITANTES

1

Fisterra

32,70%

 

1

Carballo

4498

2

Vimianzo

32,60%

 

2

Santa Comba

3399

3

Laxe

30,50%

 

3

Vimianzo

3322

4

Muxía

29,40%

 

4

Fisterra

2024

5

Santa Comba

27,90%

 

5

Muxía

1913

6

Zas

25,60%

 

6

Laracha

1888

7

Cabana

25,10%

 

7

Ponteceso

1651

8

Dumbría

24,40%

 

8

Coristanco

1597

9

Cerceda

23,30%

 

9

Zas

1593

10

 Ponteceso

23,20%

 

10

Camariñas

1544

 

En Santa Comba había no ano 2003 un total de 3.269 emigrantes con dereito a voto, no 2009 esa cifra reduciuse en 40 personas,  para quedar en 3.229. Pero tres anos despois, en 2010, aumentou en 170 persoas ata chegar ós 3.399 habitantes.

 

 

Imaxes con descrición.
Ano.
Cortesia de.
Quen aparece.


 
 

Santa Comba na memoria

Historia fotográfica de Santa Comba

3 comments

  1. Jose pena azquez dice:

    Lembranças de um emigrante (1948)
    (Um Filho de Santa Comba)
    ESCOLATRIDADE???? O QUE E ISO???

    Eu tinha ido alguns messes, a escola do CARDADOR de RANDUFE, Um cidadão que tinha estado na Argentina e em terra de cegos quem tem um olho e o REI ele o CARDADOR um pouco mais instruído, se propôs a dar aulas de matemática aos rapazes da redondeza,e assim nos poucos dias que frequentei a escolinha dele,consegui entender para que serviam os nu meros. Outra foi a Escola de MIRIJILDO das caselas,que me ensinou como se juntavam letras para formar palavras, era assim: B-A-BA, P-A PA R-O RO P-E-PE, iso era ditado de um caderninho chamado Cilabario, e na Escola municipal de SANTA CATELINHA que também frequentei alguns mezés, tendo como Professor Don Modesto Pais,um cidadão com mais de 60 anos, ali tive algumas noções de geografia, que ele nos ensinava cantando assim: Espaaaaaaaaña leeeemita al Nooooooorrte com los moooontes Peeeerineus que noooooooss separam de Fraaaaaancia. e quado terminavam as aulas, ele nos mandava sair da sala de aula cantando a tabuada.
    Mas o que o que iso ta haver com o assunto ESCOLARIDADE?? eu explico: em nossa chegada ao Rio de Janeiro,era preciso apresentar se a policia federal para adeque-rirmos a carteira de identidade de Estrangeiro e a carteira de trabalho,(naquele momento fiquei sendo o 127.198 estrangeiro No rio de Janeiro)Fomos ate la e no departamento de Estrangeiros, dois funcionários começaram a preencher uma ficha na qual nos seriamos identificados, um deles me examinava ou me interrogava e transmitia para o colega que fazia as anotações,era assim pela ordem:nome Jose, idade 18 anos cor branca,olhos verdes,altura 1,82m, peso 68 quilos, corria tudo bem, mas chegou a vez de que ele para saber minha instrução, teria que me interrogar, e dai veio a tal pergunta: ESCOLARIDADE??? eu mal entendia a linguagem dele e muito menos sabia o que era a tal de Escolaridade,e fique ali parado olhando para ele meio abobalhado, ai o funcionário me fez de novo a pregunta desta vez assim: moço digame qual e o seu grau de ES-CO-LA-RI-DA-DE, eu continuei estupefato olhando para ele sem dizer nada,mas a esa altura uma boa alma que eu não vi quem era,respondeu por mim me salvando, dizendo ao funcionário: SEGUNDO GRAU COMPLETO, e deu tudo certo e eu que mal sabia assinar o meu nome, recebi a minha carteirinha de identidade de Estrangeiro de Nº127198 co a anotação de Segundo grau completo.
    Tempos depois, quando eu tive que acompanhar aqui neste pais,os estudos de meus filhos e mais adiante os de minhas netas e netos, fique sabendo que para chegar ao segundo grau de escolaridade, era necessário estudar 11 anos, e eu em todo o tempo que frequentei essas trés escolinhas que mencionei acima, acho que Somadas as trés pouco passara de 11 meses.

    J.PENA

  2. Jose pena azquez dice:

    LEMBRANÇAS DE UM IMIGRANTE (DECA DE 1940)
    (DE UM FILHO DE SANTA COMBA (CASELAS)

    Eramos uma família típica daquelas redondezas, tínhamos terras para plantar o que comíamos, tínhamos sempre cinco ou sete vaquinhas, que trabalhavam as terras (puxando o arado), e nos davam um leitinho, engordávamos uns porcos para abater e assim tínhamos carne salgada ou defumada para temperar a nossa boia e…(dava para encher a barriguinha), e de vez em quando criávamos um bezerrinho para vender e com os CARTOS arrecadados pagávamos a CONTRIBUICION e ainda dava para comprar umas peças de couro cru para calçado, que os sapateiros de Noia vinham vender nas feiras de SANTA COMBA, com essas peças faiamos os ZOCUS- para quem não sabe eu explico: os tais SOCUS eram um tipo de calçado feito co couro cru, e solado era de madeira, e as vezes ainda colocávamos umas brochas para que durassem mais, que muitas vezes se soltavam (AS BROCHAS), e iam parar nas patas das nossas vaquinhas.
    Mas como eu já doce, colhíamos e comia-se do que plantávamos e criávamos, e ia dando para o gasto, mas tudo isso mudou quando por la apareceu uma tal de Junta de Abastos, era um órgão criado pelo governo da ESPANHA (devastada por uma guerra Civil),Com a finalidade de arrecadar gêneros alimentícios de que ja tinha pouco, mas era para dar para quem não tinha nada o que comer.Tudo isso estava acontecendo nos anos da década de 1940, estou bem por dentro de tudo isso, porque meu pai nessa época, era o Alcaide do bairro de SANTA COMBA DE XALHAS, e eu, este cristão que vos fala, era indicado por meu pai para bater na porta dos vizinhos e em nome da JUNTA de ABASTOS dizer-lhes qual era a parte da colheita que cada lavrador teria que entregar para a tal JUNTA. Com tudo isso ainda era possível aguentar, era so botar mais bERZAS no no caldo e ia dado para encher a barriguinha (como já disse.) so que, pouco mais adiante, a JUNTA de ABASTOS voltou com outro programa.
    O tal programa era denominado de PLATO ÚNICO,era o seguinte: a JUNTA de ABASTOS mandava para o meu PAI, uma lista para cada lugar da paroquia, essa lis continha um pedido de um valor X em dinheiro, para ser arrecadado entre os vizinhos, hoje eu me faço esta pregunta: de que caralho de dinheiro estavam falando aqueles Senhores da tal JUNTA???? Os meus vizinhos e nos, mal conseguíamos juntar um real, para comprar as correias de couro cru, para poder amarrar os nosso ZOCUS!!! Mas mesmo assim e talvez com medo da tal JUNTA DE ABASTOS, todos os vizinhos davam algumas PERRAS, e assim se conseguia juntar alguns PATACONS Para entregar a tal JUNTA..
    J.PENA

    PS: ERAM TEMPOS DIFFICEIS, PASSÁVAMOS POR DIFICULDADES NESSA ÉPOCA, TANTO DE DINHEIRO COMO DE OUTROS ARTIGOS DE PRIMEIRA NESSECIDADE!!!

  3. Eduardo Weaver de Vasconcellos Barros dice:

    Sou bisneto de Anselmo José Barbeito, aqui apontado como um dos primeiros galegos do Rio de Janeiro. Meu bisavô construiu efetivamente um patrimônio razoável, explorando o ramo de padaria, e tinha efetivamente alguma importância na colônia espanhola no rio de Janeiro, tendo ocupado por mais de vinte anos, no final do século XIX, cargos na diretoria da Beneficência Espanhola. Faleceu de forma inesperada, provavelmente coração, possivelmente em 1904, em uma chácara na Rua Garcia Redondo, região do Meier, depois de uma cavalgada ida e volta a Usina da Tijuca, para resolver problemas familiares, segundo diz a lenda, deixando muitos filhos, embora muito jovens e despreparados, talvez em função de sua personalidade muito autoritária. No começo do século XX aparece como autor de uma ação judicial muito importante, autêntico “leading case”, a respeito dos limites de intervenção do estado na propriedade particular, na qual, infelizmente, foi derrotado no Supremo Tribunal Federal. Alguns de seus descendentes conseguiram preservar e até hoje cultivar sua memória, ainda que dispondo de poucas informações oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *