Atlético Mineiro

ATLÉTICO MINEIRO

Campeón de 2ª Rexional e ascenso a 1ª Rexional 98-99

Imagen 1 de 29

tempada 98/99 cortesía | Fotos Teca aparece | De esquerda a dereita, fila de arriba: Pepe da Bouza, Emilio Facal, Benigno Espasandín, Javier do Porto, Chicho da Costa, Carlos do San Rafael, Benigno Castro (presidente), Che Facal, Paco de Coframa, Antonio do Lavadoiro, Luís Facal e Juan Carlos do Banco Pastor (adestrador). Fila do centro: Javier de Langueirón, Óscar Beiroa, Quique Fandiño, Orlando Alvite, Recarey, David, Mouro, Emilio, Ces e Raúl Periscal. Agachados: Luís de Amarelle, Javier Facal, Furri, Miguel, Sergio da Óptica, Estévez das Cerdeiras e Morón.

 

 

25 ANOS CRECENDO ATA ACADAR O TEITO DA 3ª DIVISIÓN

Como rezaba a letra do seu himno coa música da Compostela e a voz de Miguel Torres: “nacido en el año 80…”. Ahí comezou a historia dun novo clube de Santa Comba, tras 2 décadas no que o fútbol federado na Terra do Xallas tiña só o nome do Xallas. Ben coma unha escisión deste clube, ou ben como fogar para o incipiente número de fubolistas que ía xerando o deporte escolar nesta terra, o Atlético Mineiro nacía para pervivir ata celebrar as súas bodas de prata cun histórico ascenso á 3º división, a élite do fútbol afeccionado galego.

O Mineiro que nacía a comezos da década dos 80, pouco tiña que ver co das dúas décadas seguintes. Os xogadores eran case todos locais, fundamentalmente do entorno das parro quias máis relacionadas coa Mina de Varilongo. Santa Sabiña, San Salvador e Arantón foron as cunas de moitos dos primeiros xogadores do clube. E a mina tamén está relacionada, por su posto, co seu nome. E non, como algún “iluminado” xornalistaindicaba cando o equipo estaba xa en Preferente, aducindo a unha posible orixe do nome, emulando ó equipo brasileiro do Atlético Mineiro de Minas Gerais.

O Mineiro acolleu nos seus primeiros anos a xogadores queían saíndo da prolífica canteira do Xallas, que non seincorporaban ó primeiro equipo, e tamén con outros que encontraron un clube para divertirse e competir na liga da Costa. Tamén xente de Mazaricos ou Zas aproveitaron as súas amistades ou familia en Santa Comba para atopar equipo. Os primeiros derbis co Xallas enchían o Carreiro con moitos afeccionados, rivalidade, e moitas veces, bo fútbol.

O equipo morado, cores que conservou boa parte da súa historia, comezou competindo na Liga da Costa, cando aínda había un único grupo. Mediados os 80, a proliferación de equipos na zona e as reestructuracións federativas crearon a 2ª e a 3ª Rexional, e o Mineiro foi moitas veces un equipo ascensor, alternando presencias en ambas categorías. Neses anos, era un equipo de subsistencia, con humildade pero con xogadores de calidade. Eso sí as directivas, con xente comonEliseo de San Salvador, Fariña, Moncho do Jallas, Luís da Ferralla ou Benigno Castro facían auténticos esforzos para competir cada ano.

Pouco a pouco, e xa comezados os 90, o equipo comezou a ter máis ambición, quizais motivada pola chegada de xóvenes futbolistas, que foran campións xuvenís co Xallas, coma Mouro, Emilio, Santi da Bouza ou Rubio de Guisande e outros que incluso pasaran pola emigración. O equipo mellora, e a partir da temporada 92/ 93, incluso o número de directivos se incrementa.
Con máis directivos que apoien a Benigno Castro, empresarios moitos deles, como os que aportou a familia Facal, organizacióndo clube é maior, e os resultados emezan a chegar.

Na temporada 96/ 97 o Mineiro consigue o seu primeiro título coa Liga de 3ª Rexional e o ascenso definitivo cara categorías superiores. Na temporada seguinte chegou a primeira gran alegría do clube, a 1ª Copa da Costa. Tras unha polémica final, o Mineiro superaba ó Fisterra no Fontenla diante de máis de 1.500 espectadores, nun partido decisivo que non chegou a rematartras unha tángana a falta de 10 minutos para o final e con 2-0 para os locais nunha soleada tarde de Xuño do 98. Non poideron recoller a Copa (fixérono meses despois, cando a FGF resolviuo resultado definitivo), pero xa eran un equipo campión. Cunha base de xogadores locais, e a aportación do entorno santiagués, coñecidos polo adestrador da época, Arnejo, o equipo non parou con ese título.

Na temporada seguinte, con Juan Carlos Rodríguez como adestrador, o Mineiro gaña o título de 2ª Rexional e ascende a 1ª, nun final dos anos 90 onde destaca a creación de categorías de base desde infantís ata xuvenís. O comezo do século XXI tráenos a un equipo en 1ª Rexional, aínda que o ascenso meteórico vése lixeiramente freado ata achegada de Jesús Baleato ó banquillo. Co prestixioso técnico dubrés, o clube da un salto de calidade grande, afianzado coa chegada de xogadores coma Doro, que traían experiencia en categorías superiores.

Con Baleato no banquillo chega o ascenso Preferente, e a 2ª Copa da Costa, na temporada 03/04, nunha final sufrida co Baio, resolta en campo alleo; e, esta vez sí, recollendo o emblemático trofeo no campo o día da final.

Ó ano seguinte, tras un intenso duelo na Liga de Preferente con Lemos e As Pontes, a victoria no último partido fronte ós ponteses nun Fontenla ateigado, levou ó Atlético Mineiro á categoría nacional, á 3ª división. En menos dunha década, o equipo ascendeu de 3ª Rexional a 3ª división, un fito poucas veces visto no fútbol galego.
N

o verán de 2005, o Atlético Mineiro fusionouse co Santa Comba CF, equipo de fútbol base creado en 2002, no que se uniron tódolos equipos de categorías inferiores de Santa Comba, exa con José Gerpe coma presidente, adoptou o nome e comezou a súa historia na 3ª galega.

AS COPAS DA COSTA

Tras ter conquerido o seu primeiro título coa Liga de 3ª Rexional na tempada 96/97, o Atlético Mineiro gañou a súa 1ª Copa da Costa o 8 de Xuño de 1998. Curiosamente, non a puido levantar ese día, e tivo que ser, meses despois, porque a Federación tardou bastante tempo en determinar o resultado final do partido de volta celebrado en Fontenla, porque éste non puido acabar por unha tángana propiciada polos xogadores do rival, o Fisterra.

O histórico equipo da fin do Mundo foi o rival desa final. No partido de ida celebrado no Arasolis fisterrán, o resultado foi 3-3, pese a que o Mineiro chegou a gañar por 1-3, nun encontro tamén con expulsados.

Na volta, cun Fontenla volcado con máis de 1.500 xalleiros nas bancadas, o equipo de Santa Comba gañaba por 2-0 no minuto 80 cun Miguel estelar, cando o colexiado do encontro decidiu suspendelo polos incidentes propiciados por xogadores e afeccionados fisterráns. Eses 10 minutos nunca máis se celebraron.

Houbo festa no céspede…pero sin Copa, ainda que Julio Meana, presidente da Federación Galega a tiña preparada. Non se entregou, e foi meses despois, nunha fría tarde de outono, cando un representante federativo lla entregaba ó capitán Emilio.

A segunda Copa da Costa que gañou o Atlético Mineiro foina tempada 2003- 2004, cando o equipo xa adestrado por Baleato e estaba en Preferente.

Neste caso o rival foi outro histórico do fútbol costeiro, o CD Baio o rival da finalísima. No partido de ida celebrado en Fontenla, un gol de Jorge Martínez no tempo de desconto do 2º tempo,doulle unha mínima ventaxa ó Mineiro, o postre definitivo.Na volta, nunha tarde chuviosa de Xuño no Platas Reinoso de Baio, un gol de penalti de Jorge Varela mediado o 2º tempoachegaba a Copa a Santa Comba. O arreón final do Baio, non foi suficiente para remontar e gañar a Copa. Esta vez Julio Meana, non estaba presente (estaba na Eurocopa de Portugal), pero os xogadores do Mineiro sí poideron recoller o trofeo e celebrar aCopa no mesmo campo.

 

Imaxes con descrición.
Ano.
Cortesia de.
Quen aparece.

Santa Comba na memoria

Historia fotográfica de Santa Comba

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *