Santa Comba non é un concello que teña moita tradición musical, onde ano tras ano se manteñan numerosas bandas de música, gaiteiros, charangas ou orquestras, como ocorre en moitos municipios onde a tradición, a formación de base e as sagas familiares fan que as formacións perduren no tempo.
Santa Comba non tiña unha formación musical estable, pero houbo uns cantos xalleiros empeñados en deleitar ós veciños cunhas actuacións e anécdotas que permanecerán na memoria de moitos.
Algunhas destas formacións acolleron a membros que posteriormente tiveron unha dilatada traxectoria musical, e nalgúns casos recoñecida nacional e internacionalmente. Entre elas podemos citar varios persoeiros:
José Braña nos anos 50, un acordeonista nado en Salgueiroas-Ser que formou parte das orquestras “Estrella Azules”, “Santa Comba” e “Hispania”, formada con músicos militares, e que durante unha época foi acordeonista oficial do Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela. A principios dos 60 emigrou a Brasil onde formou parte da prestixiosa orquestra “Alegrias de España”. Os que o coñeceron afirman que era un virtuoso do acordeón destacando sobre os demais. Gozaba de moita fama en iberoamérica, sobre todo despois dunha memorable actuación interpretando música rusa nunha televisión brasileña. Faleceu en Río de Janeiro nos anos 80.
Manolo Contreras, cuñado de Pepe o electricista de Ser, que aínda que non era veciño de Santa Comba (naceu en Jaén) viviu uns 10 anos aquí, onde traballou de panadeiro, mecánico e labrador. Gañou en 1.958 o concurso “Desfile de estrelas” da Radio Nacional de España e foi vocalista da orquestra “Pose” de Fontecada, a primeria de Santa Comba. Despois da súa marcha foi substituído por outro coñecido da música galega, Miguel Torres que acadou o seu maior éxito na orquestra “Compostela”. Manuel Contreras tamén formou parte da orquestra “Santa Comba” e de “Ecos de Barcala”.
José Ferrero Castaño, que sen nacer en Santa Comba trasladouse ó noso pobo para facerse cargo dunha botica, e ademais de boticario (descubriu e patentou unha menciña contra a sarna) acabou sendo xuíz de paz e alcalde. Pero a súa fama venlle pola súa gran afección á música. Ensinaba, escoitaba, compoñía e dirixía, así como a animación cultural. Na súa botica celebraba xuntanzas coa xente nova, veladas literarias e musicais. Formou un coro, tocaba o piano, cantaba nas misas dos domingos, seleccionaba voces e foi o artífice da fundación da banda de música. Cando as bandas de música viñan a tocar nas festas de Santa Comba, a primeira peza tocábana diante da súa casa e él dirixía coa súa batuta. O seu enterro celebrouse con 13 sacerdotes e unha orquestra. Unha rúa da localidade está adicada a súa persoa.
Antonio Amigo Ramos,nado en Grixoa en 1926. Foi mestre de composición no Conservatorio de Música de Valladolid onde concluíu a carreira de piano. Formou parte como arcodeonista da orquestra “Sintonía” e mesmo tocou na Banda de Santa Comba. Dirixiu a banda de Música de Silleda (Pontevedra), a de Viveiro (Lugo) e da Merza (Pontevedra) coa que gravou un disco e actuou en América. As súas composicións encheron un disco da Banda de Música da Garda Civil. Ten máis dun cento de composicións propias e creou un selo musicial. Despois de falecer traxicamente nun accidente de tráfico o 10 de novembro de 1.985, ós 58 anos de idade, o concello adicoulle unha rúa.
José Amigo Ramos, iniciouse con nove anos na música, actuando nas festas dos arredores, nunha agrupación musical formada polo seu pai, tíos, irmáns e primos, que se facían chamar “Os de Meanos”. Comezou a estudar música coincidiendo co servizo militar, e contribuíu a formar oficialmente a Banda de Música de Santa Comba na década dos cincuenta. Tocou en distintas agrupacións musicais 14 anos consecutivos (de 1.944 a 1.958) na “Pista Jallas” (posteriormente Sala de Festas Xallas). Pero o seu gran éxito tivo lugar na emigración, en Río de Janeiro-Brasil, onde foi un dos fundadores da orquestra “Alegrias de España” coa que percorrería con éxito nacións como Brasil, Uruguai ou Arxentina, visitando platós de televisión, actuando en vivo, e deixando na súa bagaxe tres discos gravados. Posteriormente formou parte de “Casino de Sevilla”, orquestra coa que percorreu toda América do Sur e da que chegou a ser director musical. Ó seu regreso a España formou parte, entre outros, de “Los Satélites”, da Banda de Ponteceso e da de Santa Comba. Entre as súas creacións ten rexistradas varias composicións adicadas a súa terra natal.
Aínda que non posuía unha formación musical nin un virtuosismo como o outros persoeiros aquí citados, non podemos esquecernos de Perfecto Pereira “Pereiriña”, nado no lugar de Montouto. Debutou como músico ós 9 anos de idade nas festas de Bustelo, despois de subir sempre ós escenarios cando viñan as orquestras ás festas da súa aldea. A partir dese intre, estivo tres décadas enriba dos escenarios. Pasou por célebres orquestras da época como foron a “Santa Comba” (na que debutou como cantante), “Los Dinámicos” ou “Los Panters”, “cobrando mil pesetas diarias cando non había estradas e os instrumentos levábanse nos carros polos camiños de terra”. Acadou o cumio coa orquestra “Los Seikos”, na que levaba a dirección, era o vocalista. Durante os últimos oito anos alternaba dita función coa de batería. “Los Seikos” foron creados polo propio Perfecto Pereira xunto co seu veciño Daniel, outro recoñecido persoeiro no mundo das orquestras, nado no concello da A Baña pero afincado na nosa terra. Daniel aportou grandes cousas á música xalleira. Formou parte doutra recoñecida orquestra como “Xuntanza”, e acadou a cima musical como pianista da orquestra “Compostela”.
A música en Santa Comba non só contribuíu ó entretemento e a diversión da xente, nun tempo onde as ofertas de ocio eran escasas, senón que tamén foi o xerme de diversas empresas municipais que se convertirían nunha referencia empresarial no municipio. Delas podemos citar a Durán Radio que nos seus comezos acompañaba a “Los Dinámicos” ou a “Los Panters” para darlle o servizo de son ou para levar os instrumentos da banda de música nunha DKW. Ou a Paco Romar, que como membro da Banda de Música Municipal decidiu mercar unha furgoneta para o transporte dos músicos. Co paso do tempo, pasou de ser chofer a dispoñer dunha auténtica empresa de transporte de viaxeiros.
ORQUESTRAS
Amigos y sus muchachos De 1948 a 1952
Pose de Fontecada De 1955 a 1965 aprox.
Santa Comba De 1959 a 1963
Los Dinámicos De 1963 a 1969
Los Panters De 1969 a 1972
Los Seikos De 1972 a 1985
Xuntanza Comezos dos 70 a inicios dos 90 “a metade eran de A Baña e outra de Santa Comba”
BANDAS E GRUPOS DE GAITAS
Grupo de gaitas “Os de Meanos”. De 1935 a 1948
“cun parón desde o comezo da guerra o 18 de xullo de 1936 ata o final da guerra co desfile da victoria o 1 de abril de 1939”
Grupo de gaitas “Los Vencedores de Montouto”, de xeito máis organizado e cobrando como grupo de gaitas estiveron en activo durante uns 20 anos, desde 1965 a 1985. Pero antes “sen ter nome e sen un número de membros fixo, cantando, tocando, regueifando ou facendo o tonto para divertirnos” existiron desde 1956 a 1965 aproximadamente.
Veciños de Montouto manifestan que existíu na zona un grupo de gaitas que se chamaban “Os Cucherlos”, aínda que sobre o mesmo non se puido documentar nada, crese que existíu nos anos 40.
Banda de Música Municipal.
A antiga Banda de Música municipal data do ano 1947, cando José Ferrero Castano comezou a darlle clases de música a uns oito ou dez rapaces na súa botica. En realidade non era unha banda, senón un grupo de rapaces que acudían ás veladas literarias e musicais de Ferrero. Non actuaban en público, agás nas festas ou con motivo dalgún acto relixioso. Pero a iniciativa de José Ferrero foi o xerme para que en 1952, e xa dirixida por José Amigo Ramos, Santa Comba contara cunha banda que comenzaba as súas actuacións dun xeito oficial con 18 membros. Esta formación tería unha vida de seis anos, de 1952 a 1958, e no seu máximo esplendor chegou a contar con 32 membros. De tódolos membros que tivo a banda na súa historia, e despois de consultar con membros aínda vivos, foi posible identificar a 36 deles.
A considerada como Banda de Música moderna tivo unha vida case idéntica á da banda antiga. Se primeiro foi Ferrero na súa botica, neste caso foi, a finais de 1984, Manuel Rodríguez Calvo “O Garrote”, que xa formara parte da banda antiga, no seu bar Xallas, e dunha forma informal, comezou a darlle clases de música a uns mozos. Posteriormente, en 1986, o concello faríase cargo da formación musical coa creación da Escola de Música Municipal, acadando no curso 87/88 que a escola pasase a ser filial do Conservatorio de Música de Santiago. O domingo 31 de marzo de 1991, ante 1.500 persoas, nun pavillón municipal de deportes repleto, presentouse a nova Banda de Música Municipal, con 37 membros de entre os 7 e 15 anos de idade, baixo a dirección de Xosé R. España Lorenzo, a subdirección do propio “Garrote” e o apoio e colaboración do que fora director da antiga banda, José Amigo Ramos. Antes da disolución da banda en 1998, Amigo tamén exerceu labouras de dirección.
MEMBROS QUE Ó LONGO DA SÚA HISTORIA FORMARON PARTE DE ANTIGA BANDA DE MÚSICA
1952-1958
Ramón García “Moncho da Bañeira”
Santa Comba
Bombo e Pratos
Francisco Romar Blanco “Paco de Pilara”
Santa Comba
Saxo Tenor
José Gesto Redondo “Pepe da Marta”
Santa Catalina – Santa Comba
Clarinete
Manuel Rodriguez “Manolo da Garrota”
Santa Catalina – Santa Comba
Saxofón
Francisco Rodriguez “O Garrote”
Santa Catalina – Santa Comba
Clarinete
Emilio Roddriguez “ O Garrote”
Santa Catalina – Santa Comba
Baixo
Juan Liñares
Santa Catalina – Santa Comba
Trombón
José Amigo Ramos
Grixoa – Santa Comba
Director
Francisco Amigo
Grixoa – Santa Comba
Clarinete
Andrés García “Andrés do Canteiro”
Grixoa – Santa Comba
Bombardino
Manuel Otero “O Parrulo”
Grixoa – Santa Comba
Saxo Barítono
José Lema “Tomás”
Grixoa – Santa Comba
Baixo
Faustino Danza Ramos
Grixoa – Santa Comba
Requinto
Manuel Danza Ramos
Grixoa – Santa Comba
Caixa e ciscorno
Herminio Silvariño Vilas “O fotógrafo”
San Cristobal- Santa Comba
Trombón
Manolo de San Cristobo
San Cristobal-Santa Comba
Bombo
Andrés O Pallajeiro
Vilar – Santa Comba
Trombón
Manuel Amigo “O manquiño”
Vilar – Santa Comba
Trompeta
Ricardo Muñiz
Mourelle – Santa Comba
Saxofón
Manuel Pose García “Manolo de Evaristo”
Fontecada – Santa Comba
Saxo
Jesús Muñiz
Guisande – Santa Comba
Trombón
Laudino do Xordo
Mourelle – Santa Comba
Caixa
Demetrio
Bugallido – Negreira
Clarinete
O Petexo de Meanos
Meanos-Zas
Saxo Tenor
O Parrando de Meanos
Meanos-Zas
Saxofón
O Cuvelo de Meanos
Meanos-Zas
Trombón
Costa de Meanos
Meanos-Zas
Trompeta
Pepe do Conde
Meanos-Zas
Baixo
Domingo Espasandín
Meanos-Zas
Bombo
Francisco Amigo
Brandomil-Zas
Clarinete
Emilio de Cachán
Muíño – Zas
Bombo
Benigno de San Fins
San Fin de Eirón-Mazaricos
Clarinete
Mero de A Baña
A Baña
Saxofón
Benigno Duarte
As Travesas – Santa Comba
Trompeta
Angel Romar “Lito”
Rial – Zas
Requinto
José Durán “Duran Radio”
Santa Comba
Asistencia cunha DKW
COMPOÑENTES DA BANDA XOVE DE MÚSICA O DIA DA SÚA PRESENTACIÓN
31 de marzo de 1991
Director
Xosé R. España Lorenzo
Subdirector
Francisco Rodriguez Calvo “Garrote”
Requintos
Sandra Quintáns García
Marcos Villar Rodríguez
Frautas
Sonia Villar Castro
Laura Rodríguez Espasandín
Sergio López Muñoz
Mª Ángeles Garrido del Río
Mª Dolores Porteiro Vázquez
Bibiana Paredes Pías
Laura Quintáns Jurjo
Mª Ángeles Conde Abelenda
Clarinetes
Eduardo M. Gómez Raposo
Mª Flor Fariña Quintáns
Fernando Rodriguez Espasandín
Isabel Fariña Negreira
Cristina Martínez Duarte
Ana Mª Conde Abelenda
Mª Beatriz Pazos Anido
Mª Ángeles Martínez Espasandín
Rosario Espasandín Landeira
Adelina Espasandín Turnes
Alicia Facal Calvo
Berta Gerpe Uzal
Saxofóns
Margarita Álvarez Amigo
José Daniel Castro Barcia
Javier Facal Calvo
Augusto Rodriguez Fraga
Angel Quintáns Jurjo
Mª Esther Espasandín Turnes
Trompetas
Juan Fariña Martínez
José Mª Facal Calvo
José Daniel Turnes Rey
Barítono
José Emilio Lois Blanco
Baixos
Juan Vázquez Rodríguez
Javier Pazos Recarey
Batería
Damián Quintáns García
José David Moreira Ares
César Moreira Ares
Imaxes con descrición. Ano. Cortesia de. Quen aparece.
cortesía | José Amigo
aparece | Únicas fotografías que foron posible obter de Antonio Amigo.
cortesía | José Amigo
aparece | Únicas fotografías que foron posible obter de Antonio Amigo.
Publicidade e nota de Prensa da Presentación da Banda de
Música de Santa Comba | marzo 19
Publicidade e nota de Prensa da Presentación da Banda de
Música de Santa Comba | marzo 19
Publicidade e nota de Prensa da Presentación da Banda de
Música de Santa Comba | marzo 19
1985
1954
cortesía | José Amigo
aparece | De esquerda a dereita, na primeira fila: Manolo de San Cristóbo (co bombo), Paco do
Garrote, Francisco de Brandomil, José Amigo (director), Faustino Danza de Grixoa,
Pepe da Marta, Manuel Danza (co tambor que está en Australia) e Moncho da Bañeira
(cos platillos). Segunda fila, de esquerda a dereita: Mero da Baña, Manolo Garrote,
Paco de Pilara, Juan Liñares, Benigno Duarte e Manuel Amigo. Terceira fila, de
esquerda a dereita: Emilio Garrote (Montevideo), Andrés García de Grixoa, Jesús
Muñíz, Andrés Turnes e José Lema “Tomás”. A foto foi sacada diante da Casa de
Montero de Zas
1943
cortesía | José Amigo
aparece | Primeira fila de esquerda a dereita: José Amigo Seoane (pai de Constantino Amigo
da Seat), Manuel Amigo (Puentevea), Constantino Amigo, José Amigo Ramos e Fidel
Amigo. Segunda fila de esquerda a dereita: Constantino Amigo Seoane, José Ramos
Ferreiro, Antonio Amigo Ramos e José Lema “Tomás”.
1959
cortesía | Perfecto Pereira
aparece | Actuación da Orquestra Santa Comba na Sala de Festas Bella Vista de Baio.
1962
cortesía | Perfecto Pereira
aparece | De pé, de esquerda a dereita: Che de Leonor, Ricardo Muñíz, Manuel de Rebordelos,
Juan da Luz, Pepe da Marta, Tino e Paco do Garrote. Agachado: Perfecto Pereira e ó
acordeón Silvariño.
1964 fotografía sacada no faro de Fisterra
cortesía | Perfecto Pereira
aparece | A orquestra Los Dinámicos existiu dende 1964 ó 1969. Entre os membros da orquestra
está Duran Radio, que era o técnico de son e tamén aportaba a furgoneta para os
desprazamentos. A fotografía foi sacada no Faro de Fisterra.
1964 nunha actuación en Teo
cortesía | Perfecto Pereira
aparece | A orquestra Los Dinámicos existiu dende 1964 ó 1969. Foto sacada durante unha
actuación en Teo.
1965 nun lugar da zona de Carballo
cortesía | Perfecto Pereira
aparece | A orquestra Los Dinámicos existiu dende 1964 ó 1969. Primeira fila, de esquerda a
dereita: Manuel de Rebordelos, Ricardo Muñíz, Che de Leonor, Herminio Silvariño e
Pepe da Marta. Segunda fila, de esquerda a dereita: Juan da Luz, Paco das Fariñas,
Tino e Paco do Garrote. Á dereita, o vocalista Perfecto Pereira.
1966
cortesía | Perfecto Pereira
aparece | A orquestra Los Dinámicos existiu dende 1964 ó 1969. De esquerda a dereita: Paco do
Garrote, Silvariño, Manuel de Rebordelos, Manquiño de Vilar, Che de Leonor, Paco das
Fariñas, Tino, Ricardo Muñíz, Pepe da Marta e Juan da Luz. En primeiro plano, pola
esquerda: Perfecto Pereira e Manolito de Paz. A foto está sacada nas escaleiras da
igrexa de Santa Comba.
1967 nunha actuación en Cacheiras-Teo
cortesía | Perfecto Pereira
aparece | A orquestra Los Dinámicos existiu dende 1964 ó 1969.
1968 na Festa dos Remedios de San Salvador
cortesía | Perfecto Pereira
aparece | A orquestra Los Dinámicos existiu dende 1964 ó 1969 e desprazábase nesta furgoneta
DKW que era propiedade de Durán Radio que exercía de técnico de son. O personaxe
da foto é Perfecto Pereira.
1968 - 1969 nunha actuación en Teo
cortesía | Perfecto Pereira
aparece | A orquestra Los Dinámicos existiu dende 1964 ó 1969. Actuación de Perfecto Pereira
en Teo interpretando o tema “Borracho”, xunto co seu compañeiro Manolito de Paz.
1969 no Río Cotón de Negreira
cortesía | Perfecto Pereira
aparece | A orquestra Los Panters existiu dende 1969 ó 1972. Atrás de pé, de esquerda a
dereita: Fuentes e Eduardo. Sentados, de esquerda a dereita: Perfecto Pereira,
Rafael da Pena, Manolo Manle e Paco das Fariñas
1969 no Río Cotón de Negreira
cortesía | Perfecto Pereira
aparece | A orquestra Los Panters existiu dende 1969 ó 1972. De esquerda a dereita: Fuentes,
Paco das Fariñas, Eduardo, Ferfecto Pereira, Rafael da Pena e Manolo Manle.
1969 no Xardín de Santa Comba
cortesía | Perfecto Pereira
aparece | A orquestra Los Panters existiu dende 1969 ó 1972. De esquerda a dereita: Perfecto
Pereira, Rafael da Pena, Eduardo, Manolo Manle, Marcelino e Fuentes.
| 1969
cortesía | Perfecto Pereira
aparece | A orquestra Los Panters existiu dende 1969 ó 1972.
1977
cortesía | Perfecto Pereira
aparece | A orquestra Los Seikos existiu dende 1972 ó 1982. De esquerda a dereita: Tino, Paco
das Fariñas, Manuel de Rebordelos, Rafael de Cambados, Perfecto Pereira, Miguel e
Che de Leonor.
1980
cortesía | Perfecto Pereira
aparece | A orquestra Los Seikos existiu dende 1972 ó 1982. De pé, de esquerda a dereita:
Perfecto Pereira, Marcelino, Che de Leonor, Paco das Fariñas e Manuel de
Rebordelos. Sentados, de esquerda a dereita: José Ramón e Moncho.
1982
cortesía | Perfecto Pereira
aparece | A orquestra Los Seikos existiu dende 1972 ó 1982. A foto corresponde a súa última
actuación na Sala de Festas Xallas o día 22 de outubro de 1982 cando se retirou
1977 aproximadamente, na sala de festas Sumara
cortesía | Lito
aparece | A orquestra Xuntanza existiu dende comezos dos anos 70 a comenzos dos 90. Aínda
que tiña domicilio de contratación en Santa Comba, era considerada medio de
Negreira-A Baña e medio de Santa Comba, sen dubida, motivado pola procedencia
dos seus membros. Atrás, de esquerda a dereita: Pose de Fontecada (baixo), Manolo
Manle (batería), Rafael da Pena (trompetista) e Lito (guitarra de voces). Diante, de
esquerda a dereita: Eduardo (Saxo), Daniel do Zapateiro (teclados) e Fuentes de
Negreira (trombón de varas).
| 1954
cortesía | José Amigo
aparece | De esquerda a dereita, na primeira fila: Manolo de San Cristóbo (co bombo), Paco do
Garrote, Francisco de Brandomil, José Amigo (director), Faustino Danza de Grixoa,
Pepe da Marta, Manuel Danza (co tambor que está en Australia) e Moncho da Bañeira
(cos platillos). Segunda fila, de esquerda a dereita: Mero da Baña, Manolo Garrote,
Paco de Pilara, Juan Liñares, Benigno Duarte e Manuel Amigo. Terceira fila, de
esquerda a dereita: Emilio Garrote (Montevideo), Andrés García de Grixoa, Jesús
Muñíz, Andrés Turnes e José Lema “Tomás”. A foto foi sacada diante da Casa de
Montero de Zas.
1953
cortesía | José Amigo
aparece | Actuación nas festas da Guadalupe de Treos en Vimianzo.
1952
cortesía | José Amigo
aparece | Actuación en Muíño (Zas). Unha das primeiras actuacións fóra do municipio.
1953. Na foto figuran dúas datas, ó 17 de xullo
de 1953 e o 3 de outubro de 1953. Corresponde a un pasarrúas nas festas de Zas entre a Casa
do Concello e a Igrexa
cortesía | José Amigo
1955 aproximadamente
cortesía | José Amigo
aparece | Actuación nos Milagros de Lamas (Zas). De esquerda a dereita: Francisco Amigo,
Faustino Danza Ramos, Manuel Danza Ramos e José Amigo.
1953 aproximadamente
cortesía | José Amigo
aparece | De esquerda a dereita: Benigno Duarte, Manuel Amigo, Paco do Garrote e Paco de Pilara.
1955
cortesía | José Amigo
aparece | De esquerda a dereita: Ricardo Muñíz, Juan Liñares, Ángel Romar (Lito), Manuel
Danza e Francisco Amigo. O vehículo é a famosa “Rubia” de Paco de Pilara coa que se
desprazaba a banda.
1954 aproximadamente
cortesía | José Amigo
aparece | Atrás, sentados, de esquerda a dereita: Francisco Amigo, Juan Liñares, Pepe da Marta
e Paco do Garrote. Deitado en primeiro plano, Manolo Otero “Farruco”.
1955 Aproximadamente
cortesía | José Amigo
aparece | Paco do Garrote e Durán Radio (non formaba parte da banda pero en ocasións facíalle
a asistencia cunha DKW).
1953 aproximadamente
cortesía | José Amigo
aparece | De esquerda a dereita: Francisco Amigo, Andrés García e José Amigo. O vehículo é a
famosa “Rubia” de Paco de Pilara coa que se desprazaba a banda.
1993
cortesía | José Amigo
aparece | De esquerda a dereita, fila traseira: Ana Gerpe Espasandín (saxofón), Sonia Facal
(saxofón), Bibiana (frauta traveseira), Dolores Porteiro (frauta), Laura de Gilá (frauta
traveseira), Susana do Bar Ucha da Ponte (trompeta), Sonia Pazos (trompeta), o cura
Daniel do Rianxeiro (trompeta), Juan Fariña (trompeta), José Facal (trompeta), Alberto
de Meanos (saxofón), Javier Facal (saxofón), Margarita Amigo (saxofón), Dani do
Zapateiro (saxofón), Berta do Avenida (clarinete) e Beatriz Pazos Anido (clarinete). De
esquerda a dereita, fila do medio: Fernando de Gilá (requinto), Manuel Goméz, fillo de
Turnes o mestre (clarinete), Marcos Villar, fillo de Pintiño (requinto), Pedro do Busto
(bombardino), Miguel de Meanos, irmán de Paco de Coframa (bombardino), José do
Avenida (saxofón alto), José Manuel Rey de Cícere (saxofón alto), Isabel de Silvariño
(trombón de Varas), Irene de Espasandín (trombón de Varas), Rosario de Espaher
(clarinete), Ángeles Martínez Espasandín (clarinete) e Adeli da Rianxeira (clarinete).
De esquerda a dereita, primeira fila: A Podóloga Esther da Rianxeira (saxofón), Juan
da Saturna (tuba), Emilio Lois (saxofón tenor), Agustín do Avenida (platillos), José
Amigo (director de pé), Victor Pazos (platillos), David Pereira (caixa), Isabel das
Travesas (clarinete), Jesús da Pereira (bombo) e Javier Pazos (tuba).
1993
cortesía | José Amigo
aparece | Pasarrúas da Banda de Música de Santa Comba nas Festas dos Milagros de
Santa Catalina.
1920
cortesía | José Amigo
aparece | É a foto máis antiga que existe da banda “Os de Meanos” creada polo pai de José
Amigo. José Amigo e o seu pai son os dous que están na foto detrás do que está co
bombo. Dos demais descoñécese a súa identidade, aínda que se sabe que eran case
todos da mesma familia.
1936
cortesía | José Amigo
aparece | Os Meanos, creados nos anos 20 segue a ser unha banda totalmente familiar. De
esquerda a dereita: Constantino Amigo Seoane, Manuel Amigo Ramos, Antonio Amigo
Ramos, Constantino Amigo Espasandín, José Amigo Seoane e Manuel Amigo Seoane.
1940
cortesía | José Amigo
aparece | Actuación na Pascua de San Cosme. Os de Meanos, creados nos anos 20 seguen a ser
unha banda totalmente familiar. De esquerda a dereita, de pé: Fidel amigo Seoane,
Constantino Amigo Espasandín, Manuel Amigo Ramos, Constantino Amigo Seoane
e José Amigo Seoane. Sentado á esquerda, Antonio Amigo Ramos e á dereita José
Amigo Ramos.
943
cortesía | José Amigo
aparece | Primeira fila de esquerda a dereita: José Amigo Seoane (pai de Constantino Amigo
da Seat), Manuel Amigo (Puentevea), Constantino Amigo, José Amigo Ramos e Fidel
Amigo. Segunda fila de esquerda a dereita: Constantino Amigo Seoane, José Ramos
Ferreiro, Antonio Amigo Ramos e José Lema “Tomás”.
| 1949
cortesía | José Amigo
aparece | José Amigo tamén formou parte da orquestra Sintonía da Coruña. Na foto é o que
aparece no lado dereito sentado e tocando o acordeón.
1958
cortesía | José Amigo
aparece | En 1958 José Amigo obtivo a diplomatura en acordeón. Esta foto foi publicada na
revista “El acordeonista” editada polo Instituto Mozart de Barcelona e que na súa
época era a revista máis importante do sector en todo o mundo.
1950
cortesía | José Amigo
aparece | José Amigo Ramos, con distintas agrupacións musicais, tocou 14 anos seguidos
(de 1945 a 1959) na Pista Jallas (posteriormente Sala de Festas Xallas). Na
foto aparece tocando o acordeón cun sobriño del (á esquerda) e co seu irmán
“Manguiño” (á dereita) na orquestra Amigos y sus Muchachos que, entre 1945 e
1949, chegou a ter 10 membros.
| 1958
cortesía | José Amigo
aparece | A foto está sacada na Pista Jallas.
entre 1950 e 1959
cortesía | José Amigo
aparece | A orquestra Amigo y sus Muchachos tocando na Pista Jallas. Ó fondo de esquerda a
dereita: Faustino Danza, José Amigo Ramos e Manuel Amigo. Ó micrófono está Durán
Radio, que non cantaba, pero, igual que facía nas outras agrupacións locais de época,
era o encargado do son.
| 1958
cortesía | José Amigo
aparece | A foto está sacada na Pista Jallas. De esquerda a dereita: Manolo Danza, José Amigo
e Lito, actualmente emigrado en Australia.
1959
cortesía | José Amigo
aparece | A necesidade de emigrar foi unha das causas da separación da Banda de Música
de Santa Comba. A foto corresponde á chegada de tres dos seus membros a Río
de Janeiro (Brasil). No centro José Amigo Romar, director da banda e os seus
primos Faustino Danza (requinto e Saxo alto) á esquerda e Manolo Danza (Caixa e
Fliscorno) á dereita
| 1959
cortesía | José Amigo
aparece | Ó chegar a Río de Janeiro, despois de deixar a banda de Música de Santa Comba,
José Amigo non perde a afección pola música e xunto a compañeiros xalleiros
emigrantes, que incluso non sabían nada de música, divírtense tocando, neste caso
nunha excursión que fixeron a Petrópolis. Na foto están ó bombo Ricardo Lueiro das
Travesas, ó acordeón José Amigo e ó tambor Aurelio Durán.
1959
cortesía | José Amigo
aparece | Ó chegar a Río de Janeiro, despois de deixar a banda de Música de Santa Comba, José
Amigo non perde a afección pola música e, con compañeiros xalleiros emigrantes,
que incluso non sabían nada de música, divírtense tocando nalgunha festa e,
posteriormente, funda o coro da Casa de Galicia de Río de Janeiro que el mesmo
1960
cortesía | José Amigo
aparece | Despois de deixar a Banda de Música de Santa Comba e chegar a Río de Janeiro,
José Amigo crea o coro da Casa de España e posteriormente a orquestra Alegrías
de España. Fundada sen un céntimo, esta agrupación constituíu o gran éxito de José
Amigo coa que percorreu Brasil, Arxentina e Uruguai. Chegou a actuar na Radio
Nacional Brasileira, nun programa presentado por César de Alenca, un dos máis
populares locutores de América Latina, en Radio Carvi de Montevideo e en TV Río.
En 1961 chegaron a ter 16 galas nun mes. A foto corresponde a unha actuación en
Portoalegre (Brasil). José Amigo é o primeiro pola esquerda.
1961
cortesía | José Amigo
aparece | Actuación na Radio Nacional de Brasil. José Amigo é o cuarto pola dereita.
1962
cortesía | José Amigo
aparece | Actuación na Televisión Río de Brasil. José Amigo é primeiro pola dereita co saxo.
1962
cortesía | José Amigo
aparece | Actuación en Radio Carvi de Montevideo (Uruguai). José Amigo é o que está co saxo
detrás do micro.
1959
cortesía | José Amigo
aparece | José Amigo durante a súa época como director e fundador da orquestra Alegrías de
España en Río de Janeiro.
1966
cortesía | José Amigo
aparece | José Amigo deixa a orquestra que fundou, Alegrías de España, e pasa a formar parte
da orquestra Casino de Sevilla (antiga Fachendes de Sabadell) onde os éxitos serían
aínda maiores. Nos quince anos que estivo na orquestra, dende 1966 a 1981, época na
que foi considerada a mellor do mundo no seu xénero actuaron entre outros países,
en Alemaña, Bélxica, Suíza, Suecia, Italia, Francia, España, Cuba, México, Venezuela,
Colombia, Perú, Bolivia, Chile, Arxentina, Uruguai, Paraguai ou Brasil. Durante as
súas galas compartiron escenario con renombradas figuras internacionais como Toni
Doce, Pérez Prado ou o bailarín Antonio Gades, co que actuaron no Teatro municipal
de Sao Paulo en Brasil. Con esta orquestra José Amigo gravou 20 discos.
1971
cortesía | José Amigo
aparece | A foto corresponde a unha actuación no Illa Porchat Clube (Clube de Campo) do
estado de Curitiba en Paraná (Brasil). José Amigo é o primeiro pola dereita da
segunda fila (semiagachado).
1971
cortesía | José Amigo
aparece | José Amigo é o quinto pola dereita na fila de atrás.
1971
cortesía | José Amigo
aparece | José Amigo é o terceiro pola dereita na fila do medio.
| 1971
cortesía | José Amigo
aparece | José Amigo é o do centro na fila do medio.
1972
cortesía | José Amigo
aparece | Posta en escena dunha canción árabe. José Amigo é o primeiro pola esquerda.
cortesía | José Amigo
aparece | Aparece José Amigo.
| festas de San Pedro de 1969
cortesía | Calzados Moledo
aparece | Actuación do grupo de gaitas Os vencedores de Montouto.
cortesía | Calzados Moledo
aparece | Actuación musical nas Festas de San Pedro.
| 1985
cortesía | Daniel do Zapateiro
aparece | Daniel do Zapateiro e Pepe do Couto, dous veciños de Santa Comba que forman
parte da coñecida orquestra Compostela. Daniel ingresou na orquestra no ano
1980. Ademais, os dous vocalistas da mesma, Miguel Torres e Enrique Miramontes
e Liborio, instrumentista, forman parte nos seus comezos como cantantes de
orquestras xalleiras: a Orquestra Pose de Fontecada, no caso de Miguel e Liborio e a
Xuntanza no caso de Enrique. A Compostela é a orquestra galega máis internacional
e chegou a actuar en Brasil, Arxentina, Uruguai, Venezuela, México, Suíza, Alemaña,
Francia e Inglaterra. O maior número de actuacións no estranxeiro foi en Brasil onde
actuaron en Río de Janeiro, Curitiba, Santos, Sao Paulo, Bahía, Flamengo, Teresópolis
ou Petrópolis. Tamén son significativas as actuacións en lugares míticos como a
TV Globo de Brasil, a TV BBC Británica ou O Lido de París. A foto está sacada en TV
española en Galicia. Na primeira fila, de esquerda a dereita: Miguel Torres, Daniel do
Zapateiro (veciño de Santa Comba), Moncho e Enrique Miramontes. Na fila de atrás,
de esquerda a dereita: Bernardo, Fagín, Joaquín, Liborio, Manuel Muñíz, Freire e Pepe
do Couto (veciño de Santa Comba).
1982 - 1983
cortesía | Daniel do Zapateiro
aparece | Daniel do Zapateiro e Pepe do Couto, dous veciños de Santa Comba que forman
parte da coñecida orquestra Compostela. Daniel ingresou na orquestra no ano
1980. Ademais, os dous vocalistas da mesma, Miguel Torres e Enrique Miramontes
e Liborio, instrumentista, formaron parte nos seus comezos como cantantes de
orquestras xalleiras: a Orquestra Pose de Fontecada, no caso de Miguel e Liborio e a
Xuntanza no caso de Enrique. A Compostela é a orquestra galega máis internacional
e chegou a actuar en Brasil, Arxentina, Uruguai, Venezuela, México, Suíza, Alemaña,
Francia e Inglaterra. O maior número de actuacións no estranxeiro foi en Brasil onde
actuaron en Río de Janeiro, Curitiba, Santos, Sao Paulo, Bahía, Flamengo, Teresópolis
ou Petrópolis. Tamén son significativas as actuacións en lugares míticos como a TV
Globo de Brasil, a TV BBC Británica ou O Lido de París. A foto está sacada na zona de
Flamengo en Río de Janeiro, co famoso Pao de Açucar ó fondo. De esquerda a dereita:
Miguel Torres, Liborio, Joaquín, Manolo Fajín, Chucho, Manuel Muñíz, Bernardo,
Freire, Daniel (veciño de Santa Comba), Fermín da Estrada e Enrique Miramontes.
1975 aproximadamente
cortesía | Daniel do Zapateiro
aparece | A orquestra Xuntanza tivo unha vida de aproximadamente 20 anos, dende comezos
dos 70 ata comezos dos 90 e aínda que tiña domicilio de contratación en Santa Comba,
era considerada medio de Negreira-A Baña e medio de Santa Comba, sen dubida,
motivado pola procedencia dos seus membros. De pé, de esquerda a dereita: Rafael,
Enrique Miramontes, Manolo o batería (veciño de Santa Comba) e Daniel do Zapateiro
(veciño da Baña pero afincado en Santa Comba dende fai moito tempo, estivo seis
anos na Xuntanza en diferentes etapas). Sentados, de esquerda a dereita: Eduardo
(tamén formou parte da orquestra xalleira Los Seikos) e Fuentes (tamén formou parte
da orquestra xalleira Pose de Fontecada)
1970
cortesía | Daniel do Zapateiro
aparece | Los Seikos foron fundados no ano 1970 e esta é a primeira foto que sacaron no xardín
do Centro de Cultura, diante dunha palmeira que aínda existe. A orquestra tivo unha
vida de 18 anos e nos seus comezos, tódolos membros eran veciños de Santa Comba.
De esquerda a dereita: Manuel de Rebordelos, Daniel do Zapateiro, Paco das Fariñas,
Perfecto Pereira, Che de Ser, Manolo o batería e Tino das Travesas.
1959
cortesía | Daniel do Zapateiro
aparece | Aínda que a foto corresponde o ano 1959, a orquestra Pose de Fontecada xa existía
no ano 1955 e tivo unha vida de aproximadamente 10 anos. En primeira fila, Manolo
Contreras, vocalista (cuñado de Pepe de Ser o electricista) e gañador en 1958 do
concurso “Desfile de Estrellas” de Radio Nacional de España. Ó seu lado co acordeón,
o neno Daniel do Zapateiro (que formaría parte entre outras orquestras de Los
Seikos, Xuntanza e Compostela); na segunda fila, de esquerda a dereita: Francisco
Amigo (irmán de Antonio Amigo que formaría parte, entre outras, do grupo Os de
Meanos e da Banda de Música de Santa Comba); Eduardo (veciño de A Baña pero
con estreita relación con Santa Comba formaría parte, entre outras, da orquestra
Los Seikos e Xuntanza), Demetrio, Manuel Pose (veciño de Fontecada, fundador e
director da orquestra) e Milito. Na fila do fondo, de esquerda a dereita: Fuentes de
Marcelle, Pepe de Ordoeste, Liborio de Corneira (posteriormente formaría parte da
orquestra Compostela) e Manolo de Ordoeste. Cando Contreras marchou da orquestra
substituíuno, Miguel Torres, que durante moitos anos foi vocalista da orquestra
Compostela e referencia musical en Galicia.
cortesía | Daniel do Zapateiro
aparece | Tríptico
cortesía | Daniel do Zapateiro
aparece | Tríptico.
1958 aproximadamente
cortesía | Pepe o Electricista
aparece | Manuel Contreras acadou o primeiro premio do programa Desfile de Estrellas de
Radio Nacional de España. É cuñado de Pepe o electricista de Ser e aínda que non
é veciño de Santa Comba (naceu en Jaén) viviu uns10 anos aquí, onde traballou de
panadeiro, mecánico e labrador. Foi vocalista da orquestra Pose de Fontecada, a
primeira de Santa Comba, onde compartiu formación con Daniel do Zapateiro (agora
na Compostela). Despois da súa marcha substituíuno outro coñecido da música
galega, Miguel Torres, tamén agora na Compostela. Manuel Contreras tamén formou
parte da orquestra Santa Comba e de Ecos de Barcala.
Na foto do Conxuto que ten a data 1985 (chamabamoslle os vencedores) , estaría ben que lle puseran os nomes dos seus integrantes . Esta foto, foi tomada no campo do adro de Castriz o día da festa de 1985 por Luis C. Gorgal.
Na foto do Conxuto que ten a data 1985 (chamabamoslle os vencedores) , estaría ben que lle puseran os nomes dos seus integrantes . Esta foto, foi tomada no campo do adro de Castriz o día da festa de 1985 por Luis C. Gorgal.