Alonso de Fonseca

Alonso de Fonseca III

Alonso de Fonseca

Imagen 1 de 4

En medio del patio del impresionante Claustro del Palacio de Fonseca, se encuentra la Estatua de Alfonso de Fonseca y Ulloa, el que fué Arzobispo de Toledo y Primado de las Españas. El Claustro es un bello ejemplo de la arquitectura Renacentista, y la figura del Arzobispo está en actitud pensante. En este Palacio fué donde nació, y a su muerte lo donó para colegio de los niños pobres, después pasó a ser Universidad, y actualmente es la Biblioteca Xeral de la Universidad


Relixioso

Arcebispo de Santiago de Compostela, fundador da Universidade galega, encargado de derramar a agua bautismal sobre ese neno que, anos despois, ocuparía o trono español co nome de Felipe II de España (Rey de España,
Portugal, Nápoles, Sicilia, Cerdeña, Inglaterra e Irlanda, Duque de Milán, Soberano de los Países Bajos y Duque de Borgoña), foi párroco de San Pedro de Santa Comba de Xallas.
Non debeu ser pequeña a importancia da parroquia de San Pedro de Santa Comba xa na segunda metade do século XV, cando Alonso de Fonseca III, un dos señores máis relevantes da Galicia do século XVI, arcebispo de Santiago
de Compostela e de Toledo, fundador da Universidade de Santiago, contaba entre os seus méritos o ter sido “nomeado cura de San Pedro de Santa Comba, en tierra de Jallas” como el mesmo lembra no seu testamento outorgado en
Salamanca o 17 de febrero de 1534.
Literalmente, figura nese importantísimo documento (Os Fonseca na Galicia do Renacemento de José García Oro e M.ª José Portela Silva) o seguinte texto:
“Yten mandamos a la iglesia parrochial de San Pedro de Santa Comba de Jallas, que es en el dicho arçobispado de Santiago, un hornamento de terçiopelo verde y aya capa, casulla, alva, manípulos e estola e frontal con sus çenefas
e regaliçes todo cumplido e bien fecho y ansimismo mandamos que se haga para esta dicha iglesia una custodia de plata para el Santísimo Sacramento de peso de quatro marcos, lo cual ansymismo le mandamos por le hacer gracia
e limosna e por los frutos que gozamos siendo cura de ella”.
O feito de que, como explica o Catedrático de Historia Moderna da Universidade da Coruña, D. Baudilio Barreiro Mallón, esta doazón (o ilustre profesor describe con detalle a fermosa custodia) se deberá “a que o citado Arcebispo
gozara tempos atrás do beneficio curado desta parroquia, que, por suposto, non desempeñou”, non diminúe en absoluto o significado de que o Arcebispo compostelán, fundador da Universidade de Santiago, tivera sido titular da nosa
parroquia de San Pedro de Santa Comba.
Alfonso de Fonseca naceu en Santiago en 1476, na rúa do Franco, morreu en Alcalá de Henares (Toledo) en 1534 e foi
soterrado en Salamanca. Curioso das ciencias humanas, velou as súas armas intelectuais en Salamanca, donde adquiriu
maior presteza en Teoloxía e Leis. No concernente a súa actividad pastoral, sabese que foi párroco de Santa Comba de
Xallas e Santa María a Grande en Pontevedra. Asimismo, actuou como notario e arcediano de Cornado. A partir de 1490,
exerceu como canónigo en Compostela.
Cando tiña 32 años, en 1507, seu pai quiso retirarse do Arzobispado e que lle sucedera él. Para soslaiar a prohibición
eclesiástica de que un fillo sucedera o pai, tivo que ir a ver o papa, Alejandro VI, viaxando a Roma e a Nápoles. Así en en
1507 Alonso de Fonseca III tomou posesión como arzobispo de Santiago, e ocupou el cargo ata 1523, ata que, sucedendo
o cardenal Cisneros, Fonseca pasou a dirixir o arzobispado toledano, siempre baixo a sombra protectora da monarquía.
A súa lealtade a Corona obtivo unha recompensa simbólica, ou si se quere, protocolaria, xa que foi o encargado de
derramar a agua bautismal sobre ese neno que, anos despois, ocuparía o trono de España co nome de Felipe II.
Fonseca III participou no Consello Real que asesoraba a Carlos V e baixo dita responsabilidade respaldou o Rey cuando
éste solicitou un impulso económico o seu proxecto imperial nas Cortes de Santiago (1520). Tivo que facer fronte a Rodrigo
Osorio de Moscoso, conde de Altamira, polas suas intromisións no señorío das Terras de Santiago e puso freno as inxusticias
dos gobernadores mediante a súa proximidade aos monarcas e o papado. Mantivo pleitos cos monxes benedictinos de San
Martín Pinario, nun momento de resurxurdimento desta Orden en Galicia.
Alcanzou a bula do papa Clemente VII o 15 de marzo de 1526 para a fundación en Santiago de Compostela, dun Colexio
novo co título de Santiago Alfeo, o actual Colexio de Fonseca. No seu testamento de 1531, marcou as liñas xerais da súa
fundación. Este colexio sería a matriz da Universidad de Santiago de Compostela.
A súa labor humanista tivo proxección continental, estando sempre moi unido a Erasmo de Rotterdam, o que protexeu
e incluso axudou económicamente nos momentos máis difíciles.
Don Alonso desenrrolou durante a súa vida unha notable actividade intelectual, foi protector da cultura o arte e a
literatura, completando un notable proxecto cultural que fixo del uno dos mecenas máis considerables do seu tempo,
situando a igrexa galega y posteriormente a española nas correntes culturais da época.
Entre as obras que fixo construir o sabio arzebispo en Compostela, o estudioso Xosé Filgueira Valverde menciona a
portada catedralicia que antecedeu a diseñada por Casas e Novoa, o edificio claustral, a Capela da Concepción, máis as de
Santa Cruz e del Alba, os soberbios retablos de San Bartolomé e de San Xoan, a fachada do Palacio Arzebispal, o Hospital
Real, os colexios de Santiago Alfeo e San Xerónimo.
 

 

Imaxes con descripción.
Ano.
Cortesia de.
Quen aparece.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *