Antonio Amigo Ramos

Antonio Amigo Ramos.

Antonio Amigo Ramos 2

Imagen 1 de 9

Antonio Amigo Ramos


 

Foi profesor de composición no Conservatorio de Música de Valladolid onde concluiu a carreira de piano. Formou parte como arcodeonista  da orquestra Sintonía e tamén tocou na Banda de Santa Comba. Dirixiu a banda de Música de Silleda (Pontevedra),  a de Viveiro (Lugo) e da Merza (Pontevedra) coa que grabou un disco e actuou en América. As súas composicións encheron un disco da Banda de Música da Garda Civil. Ten máis dun cento de composicions propias e creou un selo musicial. O Concello adicoulle unha rúa.

 

 

Naceu en Grixoa de Cícere o 24 de Agosto de 1.926 e faleceu tráxicamente nun accidente de tráfico o 10 de novembro de 1.985, ós 58 anos de idade. Está soterrado en Corcubiòn de donde é natural a súa dona. Seu pai, seu avó, e o seu irmán tamén foron músicos. Empezou traballando na construcción, como canteiro, e foi a estudiar música o Conservatorio da Coruña donde sempre acadaba sobresaintes en solfeo e harmonía. Despois de facer o servicio militar integrouse como arcodeón na orquestra Sintonía e tamén tocaba na Banda de Santa Comba. Arredor de 1.954 pasa a ser director da banda de Música de Silleda (Pontevedra), e o mesmo cargo desenvolveuno no ano 1.959 en Viveiro (Lugo). Posteriormente trasladouse a Valladolid donde viviu 8 anos sendo profesor no Conservatorio desta capital castelá no curso superior de composición e, con 45 anos concluiu alí a carreira de piano. Xubilouse naquela cidade por enfermidade pero despois trasladouse a residir en Santiago de Compostela donde foi director doutra banda, neste caso na de Merza (Pontevedra). Con esta agrupación viaxou a Venezuela en 1981 e grabou un disco. Tamén nese mesmo ano as súas composicións encheron un disco da “Banda de Música de la Guardia Civil. Primera comandancia móvil”. Como compositor, ademais do seu propio nome utilizou os de “Rícor” e “Orgima”. Ten máis dun cento de composicións propias, entre elas unha Suite creada para a Orquestra Sinfónica de Caracas. Puso a andar un selo de produccións musicais “Producción de Discos Amigo” con obras de “Ediciones Coral”. El Ayuntamiento le dedicó una calle.

 

José Amigo Ramos
Con nove anos, xa actuaba nas festas dos arredores nunha
agrupación musical formada polo seu pai, tíos, irmáns e pri-
mos, que se facían chamar “Os de Meanos”. Comenzou a estu-
dar música coincidindo co servizo militar, e contribuiu a formar
oficialmente a Banda de Música de Santa Comba na década dos
cincuenta. Con distintas agrupacións musicais tocou 14 anos se-
guidos (de 1.944 a 1.958) na Pista Jallas (posteriormente Sala de
Festas Xallas), pero o seu grande éxito atoparíao na emigración
a Río de Janeiro-Brasil onde foi un dos fundadores da orques-
tra “Alegrías de España” coa que percorrería con éxito nacións
como Brasil, Uruguay ou Arxentina, con actuacións en directo,
visitando estudos de televisión e deixando na súa bagaxe tres
discos gravados. Posteriormente formou parte de “Casino de
Sevilla”, “Foi como xogar nun equipo de pobo e fichar polo Real
Madrid”, orquestra coa que percorreu toda América do Sur e da
que chegou a ser director musical. No seu regreso a España for-
mou parte, ente outros, de Los Satélites, da Banda de Ponteceso
e da de Santa Comba. Entre as súas creacións ten rexistradas
varias composicións dedicadas á súa terra natal.
Naceu en Santa Comba e a súa foi unha historia de amor
pola música desne o berce. Dende moi pequeno foi alimen-
tando a súa paixón familiar e, con nove anos, xa actuaba nas
festas dos arredores nunha agrupación musical formada por
seu pai, tíos, irmáns e primos, que se facían chamar “Os de
Meanos”. José comezou a estudar música coincidindo co
servizo militar, e contribuíu a formar oficialmente a Banda
de Música de Santa Comba na década dos cincuenta. Con
distintas agrupacións musicais tocou 14 anos seguidos (de
1.944 a 1.958) na Pista Jallas (posteriormente Sala de Fes-
tas Xallas). Pero o seu talento apuntaba moito máis alto e
no ano 1.958 parte rumbo a Río de Janeiro, con mito valor
e como case todos os que o fixeron naquela época, sen un
rumbo fixo. Amigo funda en Brasil un grupo en compañía
duns emigrantes españois, nacendo así “Alegrías de Espa-
ña”, onde pronto a valía do mozo artista atoparía resultados.
Malia a dominar varios instrumentos, o saxofón era a súa
verdadeira arma de expresión musical, e con “Alegrías de
España” percorrería con éxito nacións como Brasil, Uruguay
ou Arxentina, con actuacións en directo, visitando estudos
de televisión e deixando na súa bagaxe tres discos gravados.
“Antes había que gravar todosxuntos por unha misma pista”,
confesa José Amigo cos ollos iluminados cada vez que fala
do pasado tan cheo de recordos. A súa vida daría un novo xiro
cando un empresario o contrata para unha das grandes or-
questras do momento, “Casino de Sevilla”, “Foi como xogar
nun equipo de pobo e fichar polo Real Madrid”, asegura Ami-
go. Esta “camiseta” defenderíaa uns 14 anos. Os escenarios
de América do Sur aplaudían os espectáculos desta xenial
orquestra formada por músicos cataláns. O noso“artista” re-
corda actuacións difíciles, como en Bolivia onde pola altitude
“parecía que faltaba o aire e cuatábate soprar”. En Casino
de Sevilla non tardaron en nomealo director musical e foron
centos os arreglos de temas que realizou, ademais de com-
posicións propias. Nos oitenta, regresa a Galicia e traballa
uns anos con outra dlas orquestras punteiras, Los Satélites.
Tras tres anos na formación coruñesa (1981-84), quere vol-
ver ás súas raíces e participa no xénese da Banda de Ponte-
ceso, para acercarse ó seu pobo e levar a batuta da Banda de
Santa Comba. Entre as súas creacións, o veterán músico ten
rexistradas varias composicións dedicadas á súa terra natal
como “Homenaxe a Santa Comba”, “Saúdo a Santa Comba”,
“Ó pasar por Santa Comba”, “Xan Baña”, “A Tomé” e outras
con títulos máis xenéricos que son interpretadas polas ban-
das de música do país. Procede dunha estirpe de músicos e
o seu irmán, Antonio Amigo, falecido tráxicamente en acci-
dente de tráfico, da nome a unha rúa do municipio.


 

Imaxes con descripción.
Ano.
Cortesia de.
Quen aparece.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *