Antonío Tomé Taboada

Médico e caricaturista

Antonio Tomé Taboada “A Tome”.

Antonío Tomé Taboada

Imagen 1 de 7

Antonío Tomé Taboada "Paroladas"


 

Aínda que licenciado en mediciña e cun amplo curriculum como médico, tanto en Santa Comba como na guerra, Atomé aínda segue moi vivo en moitas casas de Santa Comba, e non pola súa laboura de médico, senón polas súas viñetas e debuxos coas caricaturizou a unha chea de personaxes locais perfectamente recoñecibles e fíxolle retratos a moitos personaxes da vida pública, tanto galega como española. Unha das rúas da vila recibe o seu nome

 

Naceu na Casa da Lavana, no lugar de Santa Cataliña, o lado da Casa do Concello, o 16 de agosto de 1.914. Licenciouse en Mediciña na Universidade de Santiago en 1.936, pero xa de cativo lle gustaba debuxar. Durante a guerra civil estivo no 36 como tenente médico na fronte de Toledo, e no ano 1.941 foi destinado ó hospital militar de Oviedo, pasando a Marrocos no ano 1.943. Dous anos despois en 1.945, cando contaba con 32 anos, abre consulta de médico en Santa Cataliña. Xa en 1.935 amosa as súas creacións como caricaturista nun comercio de Santiago, pero será a partir do ano 1.950 cando publique as súas viñetas e debuxos “As paroladas” no periódico herculino El Ideal Gallego, sempre utilizando a nosa língua nos pés das súas viñetas, e aínda despois da súa morte,  este xornal seguiría publicando as súas obras. Os debuxos e textos de Atomé tamén se publicaron nos xornais La Noche de Santiago de Compostela, a revista Chan, que dirixía en Madrid o xornalista Raimundo García Domínguez “Borobó”, na revista Medicina Rural e nas publicacións de Cáritas interparroquial “A Nosa Comarca”, á que tamén lle facía chega-las súas colaboracións. En realidade a súa especialidade era o caricaturismo que logo derivou cara o humorismo. As súas obras espuxéronse no Casino de Oviedo (1.941), Hostal dos Reis Católicos (Santiago 1.961), Unión de Artesáns (Santiago 1.965) e incluso en Barcelona. Atomé aínda segue moi vivo en moitas casas de Santa Comba, xa que ademáis das súas viñetas e debuxos, caricaturizou a unha chea de personaxes locais perfectamente recoñecibles, e fíxolle retratos a moitos personaxes da vida pública, tanto galega como española. Tamén segue vivo na gastronomía local, xa que un dos platos que fixeron famoso o restaurante Casa Aurelio, as perdices con verdura, proceden dunha receita que él lle dou a Pilara, propietaria do local, e que aprendera da súa nai, aínda hoxe é este un prato celébre para a degustación nesta casa dos bos xantares. O apodo de Atomé procede dun erro do diario El Ideal Gallego o transquibir a abreviatura do seu nome xunto co seu apelido, o que o marcaría para sempre. A propia profesión de médico, a súa vida en Santa Comba e o seu labor como debuxante e caricaturista fixérono un personase moi popular non só na Terra de Xallas. Faleceu o 18 de decembro de 1.974, e pasados algo máis de tres meses, o 2 de Abril de 1.975, o pleno do concello acordou por unanimidade que unha das rúas da vila reciba o seu nome, entre a capela da Nosa Señora dos Milagres e ata o final do barrio de Santa Catalina, xa que é aquí onde estaba instalada a súa clínica médica. O 16 de decembro de 2000 a Asociación Cultural Comarca do Xallas presentou o libro “Atomé. O debuxante e humorista de Santa Comba”

 

 

Imaxes con descripción.
Ano.
Cortesia de.
Quen aparece.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *