David Blanco Rodríguez

Deportista

David Blanco Rodríguez

Imagen 1 de 17

David Blanco Rodríguez, debut 2000

Ciclista. Corriu o Giro, a Volta, o Campeonato de España en Ruta o Campeonato de España contrareloxio e foi internacional por España disputando o Mundial de Ciclismo de 2005. En 2001 deixou o ciclismo para ser Broker en bolsa

para posteriormente recuperar a bicicleta e converterse nunha celebridade do deporte en Portugal.
Naceu o 3 de marzo de 1.975, e fixoo como moitos outros fillos de xalleiros emigrantes, en Suiza no lugar de Biel-Bienne
(Cantón de Berna), cidade europea que máis emigrantes xalleiros acolleu, aínda que as súas raíces están na parroquia
xalleira de Arantón donde reside a súa familia, que regresou a súa terra 5 anos despois de él nacer. Mide 1,85 e os seus
comenzos foron no Clube Ciclista Santiagués, despois como amateur no Clube Ciclista Coruñés Leyma donde foi terceiro
na Volta o Futuro que gañaba o seu paisano e posteriormente gañador do Tour de Francia Oscar Pereiro. De ahí a élite da
UCI (Unión Ciclista Internacional) donde acadou o seguinte palmarés
PALMARÉS
2000. Debutou como profesional co maillot do clube Ciclista Paredes-Rota dos Moveis e formou parte do pelotón portugués
en distintas formacións ata o ano 2004.
2001. Vaise a vivir a Lisboa e ficha polo equipo ASC-Vila do Conde.
2003. Como integrante do equipo Porta da Ravessa – Tavira acadou o seu primeiro triunfo como profesional o gañar
unha etapa do Gran Premio CTT Correios de Portugal. Ese ano acadou tamén un meritorio quinto lugar na Volta a
Portugal, resultado que lle serviu para que Vicente Belda, director deportivo do equipo español Kelme, se fíxese en
él e o fichase para a seguinte tempada.
2004. Incorporouse ó Kelme-Comunidad Valenciana co que acadou o terceiro posto na Volta a Comunidade Valenciana, o
terceiro na Challenge de Mallorca e o décimo na Volta Cicilista a España 2004, despois de recuperarse dunha grave
caída no Gran Premio de Llodio e romper a pelvis por tres partes.
2005. Un terceiro posto na Volta a Castela e León e un 13º na Volta Ciclista a España levouno a ser un dos nove intregrantes
da selección española que competiu no Mundial de Ciclismo que se disputou en Madrid, no que Alejandro Valverde
conquistou a plata.
2006. Conquistou a súa primeira Volta a Portugal gracias a unha contrarreloxo final na que consiguiu acadar o liderato.
Gañou ademais dúas etapas da mesma proba e o Criterium Dunas de Corralejo-Fuerteventura.
2007. Asinou un precontrato co primero equipo profesional galego o Karpin Galicia, pero non chegou a debutar xa que o
rescindiu por motivos personais para fichar polo Duja-Taviria portugués que gañou o Gran Premio Ruta do Moveis
e a Volta o Sotavento Algarvio, ambas de Portugal. Asimesmo acadou un pódium, co tercerio posto, na cuarta etapa
de Bradford no Tour of Britain en Inglaterra.
2008. Despois de facer pódium en cinco etapas, co Taviria portugués volve a gañar a Volta a Portugal, facendo historia no
deporte do país veciño o converterse no único ciclista non portugués que conquistou dúas “grandísimas” (calificativo
co que os portugueses coñecen a Volta Ciclista a Portugal). así como o primeiro ciclista do histórico equipo Tavira
en gañala carreira.
2009. Por terceira vez volve a vencer na Volta a Portugal, tras a descalificación do portugués Nuno Ribeiro por dopaxe.
2010. Ganou a Volta a Portugal por cuarta vez (terceira consecutiva), igualando o récord de victorias na ronda lusa que ata
entón ostentaba en solitario o ciclista portugués Marco Chagas. Gañou, tamén en Portugal, a Volta o Alentejo. En
setembro dese ano pasou o Team Geox.
2011. Corre o Giro dÍtalia, La Vuelta a España, Campeonato de España en Ruta, Campeonato de España contrareloxio,
Volta a Murcia, Volta a Burgos, Volta a Asturias, Gran Premio de Lugano (Suiza), o Tour de Slovenie, Tour de Oman e
a TD Bank International Cycling Philadelphia Int. Ch. (USA).
CURIOSIDADES
En Portugal é unha celebridade, e en Tavira, sede da súa formación a recepción organizada despois do seu triunfo
na Volta a Portugal colapsou a poboación. Como curiosidade indicar que o seu soño no mundo do ciclismo non é gañar
ningunha das grandes senón o Tour de Flandes que tamén é a súa carreira preferida.
É Licenciado en administración de empresas pola Universidade da Coruña e como curiosidade indicar que no 2001
decidiu deixar a bicicleta para adicarse a súa outra pasión, a Bolsa de valores, polo que se foi a Ponferrada a traballar
como broker. Sin embargo, pronto deixou dita actividad para irse a vivir a Lisboa, donde novamente retomou o ciclismo.

 

 

Imaxes con descripción.
Ano.
Cortesia de.
Quen aparece.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *