Eliseo Seoane Bardanca

Padre Eliseo Seoane Bardanca.

Padre Eliseo Seoane Bardanca.

Imagen 1 de 1

Padre Eliseo Seoane Bardanca.


 

Aínda que crego e franciscano, destaco una química. As súas investigacións e publicacións coronadas por varias patentes científicas acredítano como relevante investigador e traballou principalmente nas Universidades Británicas de Londres e Glasgow, xunto ó premio Nobel de Química do ano 1.969 D.H.R. Barton. Elaborou estudos sobre os constituíntes de resinas vexetais Mastic, separando nelas por primeira vez no mundo dúas substancias, tirucalol e ácido oleanónico, e outras dúas descoñecidas. Dirixiu os departamentos de Química Orgánica de Barcelona e Valencia e do Concello Superior de Investigación Científicas de España (CSIC).

 

Naceu en Vilamaior o 1 de abril de 1.915 e faleceu en Santiago de Compostela o 5 de maio de 1.986. En 1.931 fixo en Santiago o ano do Noviciado e en 1.938 a profesión de votos solemnes. Concluídos os estudios de Filosofía, Teoloxía e demais ciencias relacionadas como ministerio pastoral e sacerdotal, ordenouse presbítero no ano 1.939. Durante a Guerra Civil en 1.937 foi desprazado a Lugo donde prestou servicios na milicia, sen perde-lo ritmo dos seus estudos, sempre cargados de sobresaíntes na súa traxectoria académica. En 1.949 e despois de inicialos estudos de Ciencias na Universidade de Santiago licenciouse en Madrid en 1.945, e en 1.949 doctorouse coa tese “Sulfamidas Arsenicales”. En Santiago de Compostela foi profesor axudante de Química Orgánica (1.945-1.949), adxunto (1.946-1.954), profesor agregado de Química Orgánica na Universidade de Barcelona (1.967-1.974) e catedrático da mesma materia na Universidade de Valencia (1.974-1.985), ata a hora da súa xublicación lectiva. As súas investigacións e publicacións coronadas por varias patentes científicas acredítano como relevante investigador e traballou principalmente nas Universidades Británicas de Londres (Birkbeck Collage, Chemistry Deparment Imperial Collage University) e Glasgow (Chemsitry Deparment), xunto ó premio Nobel de Química do ano 1.969 D.H.R. Barton. En Londres elaborou estudos sobre os constituíntes de resinas vexetais Mastic, separando nelas por primeira vez no mundo dúas substancias, tirucalol e ácido oleanónico, e outras dúas descoñecidas ás que denominou ácido masticadienónico e ácido isomasticadienónico. Foi director dos departamentos de Química Orgánica de Barcelona e Valencia e do Concello Superior de Investigación Científicas de España (CSIC). Presentou estudios no Internacional Symposium on Microchemical Techniques, en Pensilvania (EEUU), entre eles o seu traballo “Demostration of Funcional Groups in Indole Compouns by Micro Scale Reactions”. Era membro da Real Sociedade Española de Física e Química, Boletín da Universidade Santiago, Journal of the Chemical Society, Revista de Ciencia Aplicada, Ión, Tetrahedron e Información de Química Analítica, etc. Entre outros méritos ten 105 traballos científicos editados coa súa sinatura, 22 teses de doutoramento dirixidas durante o seu maxisterio, dous grandes proxectos científicios que dirixiu nas Universidades de Santiago e Valencia, e traballou no equipo do premio Nobel Barton que realizou importantes traballos de pescuda sobre triternoideos. Todo esto compaginouno coa súa laboura de crego e franciscano concretado en diversos labores pastorais como catequese rural, predicación, ensino a futuros frades e publicando escritos seus en revistas como “Liceo Franciscano” e “Verdad y Vida”. Cando finou no Hospital Xeral de Galicia en Santiago de Compostela, contaba con 71 anos, e foi soterrado en Vilamaior, a súa parroquia natal.
 

 

Imaxes con descripción.
Ano.
Cortesia de.
Quen aparece.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *