Esperanza Calvo Vázquez

Periodista

Esperanza Calvo Vázquez

Imagen 1 de 28

Esperanza Calvo Vázquez en Muxia cun alixo de cocaína

Conta con ampla experiencia en tódolos campos relacionados co xornalismo: televisión, prensa e internet, que a levaron a percorrer medio mundo realizando numerosas reportaxes, algúns deles premiados, para recoñecidos
medios informativos de todo o país.
Traballou como redactora, presentadora, colaboradora, guionista ou produtora para numerosos medios informativos, entre os que destacan a Televisión de Galicia, Tele 5, CNN+ ou Mediaset España. Compartiu noites con prostitutas,
bandas organizadas e todo tipo de delicuentes, ao lado dos servizos especiais de diversas policías do país.
Entre outras coberturas informativas estivo presente na intervención dun alixo de 4.000 quilos de cocaína en Punta da Buitra (Muxia) en 2009; no accidente do voo 5022 da compañía Spanair no que faleceron 154 persoas en agosto
de 2008; na operación das forzas especiais antinarcóticos da policía Colombiana para a destrución dun laboratorio de cocaína na selva de Cúcuta (Colombia) en Novembro de 2010; na incautación dun alixo de 700 quilos de hachix coa
Garda Civil de Alxeciras en Agosto de 2006 ou nos atentados do 11 M. Así mesmo, en 2008 cubriu en Austria e Suiza a Eurocopa de fútbol que gañou España.
É Premio do Ministerio de Defensa pola reportaxe “Aprendices de Soldado” sobre a loita contra a Pirataría en Somali,. entregado pola Ministra de Defensa Carme Chacón en Xuño de 2011. Tres das súas reportaxes relacionadas
con temas de narcotráfico obtiveron a Nécora de Ouro, o máximo galardón que cada ano outorga a Fundación Galega contra o Narcotráfico en Outubro de 2007.
Despois de que Informativos Telecinco a destinase á sección de reportaxes en coberturas internacionais, vive China dende 2011 onde exerce de correspondente de Mediaset España e Informativos Tele 5 para Asía-Pacífico.

 

Naceu o 12 de Xullo de 1978 e como a maioría dos Xalleiros cursou ensino básico no Colexio local Barrié de la
Maza, onde a súa nai era profesora e mesmo chegou a exercer de directora. Posteriormente licenciouse en Ciencias
da Información pola Universidade Pontificia de Salamanca coa titulación de Periodismo (Promoción 1997-2001) e conta
con formación complementaria no sector como o Curso de Técnicas de Voz e Comunicación para Profesionais na escola
“Educación de La Voz”.
Dispón así mesmo de diversa formación de historia obtida na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de
Compostela. É Técnico en Salvamento e Socorrismo pola Federación Galega de Salvamento e Socorrismo e Monitora de
Tempo Libre, Vela e Wíndsurf pola Xunta de Galicia.
“O 11-M foi a cobertura máis dura que afrontei na miña vida”
“Estamos nunha das azoteas da rúa Téllez, en fronte á Estación de Atocha. Recórdoo coma se fose onte. A cámara é Juanma,
tiña o pelo longo por aquel entón. O outro rapaz que escoita a radio comigo é Gabriel Relaño, un compañeiro de Alerta 112…. na
mesma azotea estaba a BBC. Eles dicíannos: esta barbaridade leva o selo de Al Qaeda. Non lles podíamos crer, pero canta razón
levaban. Foi o primeiro día dunha longa semana sen durmir, sen comer, sen pensar….ata que 5 días despois volvemos á casa e
chegou o baixón. Foi a cobertura máis dura que afrontei na miña vida”.

1.
20 de agosto de 2008. Aeroporto de Madrid-Barajas.
Informativos Tele 5. Cubrindo o accidente do voo 5022 da
compañía Spanair no que faleceron 154 persoas.
2|3.
Agosto de 2011. Como correspondente dos servizos
informativos de Tele 5 para Asia-Pacífico. 4. Xaneiro de 2009.
Punta da Buitra Muxia. Informativos Tele 5. No operativo da
Policía Nacional polo cal se interviu un alixo de 4.000 quilos
de cocaina. Na foto co cámara Raúl Vaquero.
4.
Xaneiro de 2009. Punta da Buitra Muxia. Informativos Tele 5.
No operativo da Policía Nacional polo cal se interviu un alixo
de 4.000 kilos de cocaina. Na foto co cámara Raúl Vaquero.
5|6|7. 19 de setembro de 2010. Base Militar de Bihanga (Uganda).
Informativos Tele 5. Reportaxe sobre o traballo do Exército Español
sobre a misión da Unión Europea contra a pirataría no Índico.
Esta reportaxe foi galordanada cun premio especial de
periodismo outorgado polo Ministerio do Interior que lle foi
entregado pola Ministra de Defensa do goberno de España
Carme Chacón. Co cámara Berni Vila.
8|9|10|11|12|13|14.
22 de novembro de 2010. Selva de Cúcuta
(Colombia). Informativos Tele 5. Operación das forzas especiais
antinarcóticos da policía Colombiana para a destrución de un
laboratorio de cocaína na selva. Co cámara Berni Vila. 15. 8 de
febreiro de 2006. De patrulla coa Policía Local de Alxeciras.
Programa Alerta 112 de Antena 3. Co seu esposo e cámara
Juanma Cuéllar.
15.
8 de febrero de 2006. De patrulla con la Policía Local de
Algeciras. Programa Alerta 112 de Antena 3. Con su esposo y
cámara Juanma Cuellar.
16.
31 de agosto de 2006. Porto de Alxeciras. A Garda Civil
incáutase dun alixo de 700 quilos de hachix. Programa A
Fondo de Antena 3. Co seu esposo e cámara Juanma Cuéllar.
17|18. 29 de xuño de 2008. Viena (Austria). Cubrindo para informativos
Tele 5 a Eurocopa que gañou España. Co cámara Pope Maroto.
19.
Novembro de 2006. Vilagarcía de Arousa. Premio da Fundación
Galega contra o narcotráfico. Nécora de Ouro 2006 por unha
serie de reportaxes sobre a loita contra o tráfico de drogas
nas rías galegas emitido no programa A Fondo de Antena 3.
20.
Presentación Libro 2004. Publicación dun libro sobre o traballo
dos reporteiros en televisión con outros catro compañeiros
do programa Alerta 112: Unha noite sen estrelas. Edicións
Laberinto. Colección Espejo de Tinta.
21.
Entrevista TVG realizada polo veciño de Zas Lois Oreiro.
22.
Praza de Tiananmen en Pekín, China.
23|24. 11M Atocha. Trens de Atocha. Co cámara Juanma Cuéllar e o
compañeiro de Gabriel Relaño do programa Alerta 11

EXPERIENCIA PROFESIONAL
Despois de realizar prácticas na corresponsalía da CNN+ en Bruxelas-Bélxica (1999), continuou estas en como redactora
do informativo diario do Telexornal 1 da Televisión de Galicia (2000-2001).
No ano 2002 exerceu de redactora e presentadora dunha sección no magazine diario “A Tarde é Nosa” para Televisión
de Galicia por medio da produtora Pórtico de Comunicacións. Foi presentadora, guionista e produtora do programa
de cociña “Bo Proveito”, en Televisión de Galicia por medio da produtora TV7. Ese mesmo ano, e como redactora, traballou
para “Actual”, magazine semanal emitido en Televisión de Galicia por medio de El Mundo TV e para o magazine diario.
“Que Boa Tarde” de Televisión de Galicia, por medio da produtora Pearsons TV.
En outubro do ano 2002 deu o salto aos medios informativos nacionais exercendo como redactora de “Sen Límites”,
programa semanal de reportaxes dunha hora de duración dos servizos informativos de Antena 3 TV, canle no que
posteriormente exercería de redactora para o programa “Alerta 112”, coñecido programa semanal de reportaxes
de actualidade dos servizos informativos da canle estatal. En “Aleta 112” compartiu moitas noites con delincuentes e
narcotraficantes ao lado dos servizos especiais de diversas policías do país.
En Xullo de 2004 traballa en Madrid para a Televisión Autonómica de Galicia, cargo que exercería ata xaneiro de 2006
cando se incorpora á redacción de “A Fondo”, sección de reportaxes dos Servizos Informativos de Antena 3 TV que se
emitían nos telexornais do medio día.
En Setembro de 2010 dá o salto ao periodismo internacional e realiza unha reportaxe sobre a misión da Unión Europea contra
a Pirataría en Somalia, gravación que realiza coas tropas españolas que participan na instrucción do futuro exército somalí en
Uganda. Posteriormente continúa cunha serie de reportaxes sobre o turismo sexual infantil e narcotráfico en Colombia.
En Xaneiro de, Informativos Telecinco destínaa á sección de reportaxes en coberturas internacionais.
En agosto de 2011 vaise a vivir a China onde exerce de correspondente de Mediaset España e Informativos Tele 5 para
Asía-Pacífico.
Entre outras coberturas informativas estivo presente na intervención dun alixo de 4.000 quilos de cocaína en Punta da
Buitra (Muxia) en 2009; no accidente do voo 5022 da compañía Spanair no que faleceron 154 persoas en agosto de 2008; na
operación das forzas especiais antinarcóticos da policía Colombiana para a destrución dun laboratorio de cocaína na selva
de Cúcuta (Colombia) en Novembro de 2010; na incautación dun alixo de 700 quilos de hachix coa Garda Civil de Alxeciras,
en Agosto de 2006. Asimesmo, cubriu a Eurocopa de fútbol que gañou España.
PREMIOS
Premio do Ministerio de Defensa pola reportaxe “Aprendices de Soldado” sobre a loita contra a Pirataría en Somalia,
entregado pola Ministra de Defensa Dna. Carme Chacón. Xuño de 2011.
Tres das súas reportaxes relacionadas con temas de narcotráfico obtiveron a Nécora de Ouro, o máximo galardón que
cada ano outorga a Fundación Galega contra o Narcotráfico. Outubro de 2007.
En 2004 participou na publicación dun libro sobre o traballo dos reporteiros en televisión con outros catro compañeiros
do programa Alerta 112: Unha noite sen estrelas. Edicións Laberinto. Colección Espejo de Tinta.

 

Imaxes con descripción.
Ano.
Cortesia de.
Quen aparece.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *