Florentino Francisco Romar Blanco

FLORENTINO FRANCISCO ROMAR BLANCO “PACO ROMAR”

FLORENTINO FRANCISCO ROMAR BLANCO “PACO ROMAR”

Imagen 1 de 4

Labrador, músico e empresario, formou parte da histórica Banda de Música Municipal de Santa Comba e puxo en marcha o primeiro auto de transportes de viaxeiros na zona. Foi galardoado coa insignia de ouro da Asociación de empresarios de Santa Comba.


Empresario

Labrador, músico e empresario, formou parte da historica Banda de Música Municipal de Santa Comba e puxo en marcha o primeiro auto de transportes de viaxeiros na zona. Foi galardoado coa insignia de ouro da Asociación de
empresarios de Santa Comba.
Naceu o 10 de outubro de 1.923, foi labrador, músico e empresario. Formou parte da histórica Banda de Música Municipal
de Santa Comba, alá polos anos 40, na que tocaba o clarinete, e a raíz desto convertiuse en empresario. “Non había
transportes, e para desplazarnos tíñamos que ir ben a pe, ou ben en bicicleta”. “De tourné” nunha das actuacions chegaron
a Laxe, e alí enamorouse, pero non dunha muller, senón dunha “Packard”, una especie de furgoneta o suficientemente
grande como para levar a tódolos membros da banda. Era de segunda man, en bastante mal estado “pero arrisqueime”.
Pagou por aquel vehículo 23.000 ptas e invirtiu 60.000 ptas na súa restauración xa que aparte de vella estaba acondicionada
para levar peixe porta por porta.
Con asentos de madeira e tras ser bautizada como “La Rubia” pasou a ser o “coche oficial” da banda xalleira e o primeiro
auto de transportes de viaxeiros na zona. Cando os músicos non traballaban Paco animouse a utilizar o automóvil para
desplazar os xalleiros, sobre todo os días festivos e os de feria, e posteriormente colaboraba con “Raso” que xestionaba
os papeis dos emigrantes, e él trasladabaos a Vigo ou a Coruña para embarcar hacia América, “había que botar todo o día
nas estradas infernais cheas de barro e baches e cambiar rodas ou ballestas en marcha”. Pronto tivo que adquirir outro de
segunda man xa que “La Rubia” quedábase corto, e así naceu a empresa Autos Romar que foi crecendo co tempo.
Na actualidade xa desaparecida, chegou a contar con máis de 50 autobuses, con sede en Santa Comba e na Coruña,
e realizar transportes, nacionais e internacionais, colaborando con empresas como Alsa, incluso chegou a desplazar o
FC Barcelona nas súas visitas a Galicia. Paco tamén foi un dos primeiros taxistas de Santa Comba, licencia que agora
está en máns dun dos seus fillos. En Marzo de 2.005 foi galardoado coa insignia de ouro da Asociación de empresarios
de Santa Comba.
 

 

Imaxes con descripción.
Ano.
Cortesia de.
Quen aparece.

3 comments

  1. Fuad dice:

    sou do rio de janeiro/brasil.. tenho documentos antigos do Celestino Gonzalez Romar, Santa Comba, A Coruña.. voce conhece alguem da familia dele interessado em adquerir esses documentos ? Gracias

  2. Pablo Romar dice:

    Hola: feliz de ver esta paguna sobre Santa Comba. Veras mi nombre y la nesecidad de comunicarme para saber algo mas de este señor que nos han puesto el mismo apellido, sin contar tambien que mi madre se apellidaba Garcia Blanco y mi padre Romar, nacidos en Busto y Guldris respectivamente pueblos cercanos a Santa Comba. Muchas gracias por todo. Desde ya mi curiosidad sobre el arbol genealogico de este señor, ruego de ser posible algun dato. Gracias. Pablo, miami beach, florida, 33139, USA

  3. Pablo Romar dice:

    A la memoria de Benedita Garcia de Romar, el 24 de julio de 2015, en Buenos Aires. Hermana de Florinda y Manuel Garcia. Que descanse en paz.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *