José Antonio Anido Martínez

JOSé ANTONIO ANIDO MARTÍNEz “O AXENTE ANIDO”

José Antonio Anido Martínez

Imagen 1 de 3

Membro das corpos e forzas de seguridade do estado infiltrado en ETA


Membro das corpos e forzas de seguridade do estado infiltrado en ETA

Natural de Santa Comba, de profesión Garda Civil, foi o último “topo” que o CESID (Organismo estatal encargado de coñecer e informar ó Goberno de todo aquilo que puidese afectar á seguridade, estabilidade e defensa do Estado,
na actualidade denomínase Centro Nacional de Intelixencia) logrou infiltrar na cúpula da banda terrorista ETA ata converterse en chófer do por aquel entón número un da banda, Mikel Albitzu Iriarte, alias “Mikel Antza”.
Aínda que naceu en 1968 en Estrasburgo (Francia), onde estaba emigrada
a súa familia, nunca foi un obstáculo para que se considerase Xalleiro como o
que máis, e en Santa Comba pasou grandes tempadas facendo grandes amigos
cos que agora, por razóns obvias, non ten ningún tipo de contacto.
En 1989 e cando só contaba con 21 anos infiltrouse en ETA a través de círculos
antimilitaristas de Baiona (Francia), presentándose ante o mundo “abertzale”
como desertor do servizo militar. Pouco a pouco foi gañando a confianza dos
terroristas ata tal punto de converterse, seis anos máis tarde, en chofer do por
aquel entón número un da banda, Mikel Albitzu Iriarte, alias “Mikel Antza”.
En maio de 1995, foi descuberto cando outro etarra que se aloxaba na casa
de seus pais, en Estrasburgo, viu un álbum de fotos no que Anido aparecía
vestido co uniforme da Garda Civil. Descuberta a súa verdadeira identidade
desapareceu sen deixar rastro, xa que o avisaron a tempo e puido desaparecer,
escapando dunha morte segura.
Ata ese intre, o personaxe de Anido era descoñecido para todos, pero despois
deste feito, a súa cara comezou a facerse moi popular, xa que o diario Egin,
ligado a círculos terroristas e co que colaboraba “Mikel Antza” fixo pública a
verdadeira identidade do “topo” galego con todo luxo de detalles, co obxectivo
de que todo o mundo “abertzale” tivese claro quen era Anido. Novamente,
converteuse nun descoñecido, e ninguén volveu saber del, nin siquera a súa
familia. A súa cabeza tiña un prezo e era buscada.
O 26 de novembro de 1998 dous Gardas Civís, Antonio Cabana e Xulio Domingo
Gómez Franco, adscritos á embaixada española en Colombia, sufriron un
atentado nunha céntrica rúa de Bogotá. Ámbolos dous saían dunha entidade
bancaria onde retiraran 50 millóns das antigas pesetas (300 mil euros) en
cumprimento dunha orde da embaixada española en Colombia. Cando se
dispoñían a subir a un vehículo Mazda gris, foron abordados por catro homes a
bordo de dúas motocicletas. O axente Cabana, sacou a súa pistola e abriu fogo
contra eles producíndose un violento tiroteo, no que faleceu o seu compañeiro
e el quedou ferido de gravidade, aínda que puido escapar con vida.
Este feito converteuse en noticia destacada en diferentes diarios do noso
país, e a policía colombiana informou de que se trataba dun atraco por parte
de delincuentes comúns, versión avalada pola embaixada, que tamén de
inmediato difundiu a versión oficial do atraco. Pero posteriormente sóubose
que detrás da identidade do axente Cabana se escondía a de José Antonio Anido,
e non se descarta a hipótese do atentado. Como xa sucedera anteriormente,
un diario ligado ó mundo “abertzale”, neste caso Euskadi información, que
xa substituíra a Egin, e que traballaba cunha precariedade de medios, sen
apenas correspondentes internacionais, publicou en primicia e en exclusiva
este feito e a verdadeira nova identidade de Anido.
Como é lóxico dentro dos servizos de intelixencia de calquera país, os
responsables antiterroristas, nin o Ministerio do interior, falan do tema,
pero os froitos de Anido dentro de ETA deberon ser extraordinarios, xa que
estivo seis anos dentro da banda, traballando man a man co seu líder, cuxa
capacidade de decisión era das máis altas en toda a historia do grupo armado,
posto que desde a desarticulación do ‘colectivo Artapalo’ en Bidart, o 29 de
marzo de 1992, encargábase de elaborar as directrices políticas e ideolóxicas
da organización, de determinar a súa estratexia, de establecer a coordinación
coas demais formacións da súa órbita e de manter relacións no ámbito
internacional. A “Mikel Antza” mentres tivo como chofer o axente Anido como
infiltrado, atribúeselle un papel determinante nas conversas mantidas en 1998
co PNV, EA e HB que desembocaron nos acordos de Lizarra-Garazi e no alto o
fogo máis prolongado e respectado ata a data por ETA.
Crese que foi un dos contactos en Bruxelas co entón eurodiputado do PNV
e actual presidente deste partido, Josu Jon Imaz, para iniciar o proceso.
Secundado por Belén González Peñalva, ‘Carmen’, o 19 de maio de 1999
reuniuse nun hotel de Zurich (Suíza) con tres emisarios de José María Aznar,
no único contacto directo co Goberno español producido no marco da tregua.
“Antza” impulsou a estratexia de atentados contra os representantes políticos
do PP e do PSOE acompañada dunha intensificación da violencia da rúa, foi
o artífice da frustrada doutrina da fronte nacionalista para a consecución da
independencia, e sempre co infiltrado axente Anido ó seu lado. Finalmente
“Antza” foi detido en compaña da presunta dirixente Soledad Iparragirre
Genetxea, ‘Anboto’, coa que tivo un fillo.
Actualmente “Antza” está encarcerado e de Anido, por cuestións de
seguridade, non se sabe nada, a súa actual cara, identidade e paradoiro é todo
un misterio, nin siquera se sabe se está vivo.
Como sucede en tódalas informacións sobre axentes secretos, non se sabe
a ciencia certa e con seguridade nada sobre o Axente Anido, nin tampouco
existe ningunha historia nin versión oficial sobre o seu personaxe. Por iso, toda
a información contida nesta biografía procede das informacións publicadas
por diarios de tiraxe nacional, historia da vida real doutros infiltrados levadas
ó cine e investigacións periodísticas.
A vida dun dos seus compañeiros, Mikel Lejarza “O Lobo”, foi levada ó cine
no ano 2004, como o topo máis importante na historia de ETA, cuxo arriscado
traballo propiciou a caída da cúpula da banda terrorista no ano 75, a dos
Comandos Madrid e Barcelona e levou á detención de 75 activistas, dixo nunha
charla directa con internautas que “ETA non esquece, sei que seguirei sendo o
seu obxectivo, aínda que se consiga a paz… Anido terá que someterse a cirurxía
estética, a súa cara é xa moi coñecida en círculos etarras”. De feito, Mikel
Lejarza cambiou varias veces de identidade e someteuse a varias operacións
de cirurxía estética, ata o punto de poñerse ó lado de seus pais e non ser
recoñecido.
O personaxe de Anido vai cobrando máis importancia a medida que se van
coñecendo máis datos sobre as infiltracións de axentes secretos en redes
terroristas. O periodista Jorge Cabezas, no seu libro “Infiltrados”, describe ó
longo de 300 páxinas o labor de infiltración das Forzas e Corpos de Seguridade
do Estado na organización terrorista ETA, que describe como un dos “piares” da
loita antiterrorista, e asevera que no 98% dos casos os intentos de infiltración
fracasan, o que reforza aínda máis o labor e o traballo de Anido na seguridade
nacional de España; aínda que fracasou, fíxoo despois de seis anos ,cando xa
fixera un extraordinario traballo en prol da loita antiterrorista.
No libro ‘Infiltrados. De ETA a Al-Qaeda’, Cabezas repasa os casos que van
desde Mikel Lejarza, ‘Lobo’, ata o comezo da loita contra o terrorismo islamista
en España e destaca o caso da policía Arantzazu Berradre, que logrou formar
parte do ‘comando Donosti’ e o caso de José Antonio Anido, que di del que
chegou a converterse en chofer do ‘número un’ do aparato político de ETA,
Mikel ‘Antza’. Chegando a Francia como un obxector de conciencia, que dos
círculos antimilitaristas do sur do país veciño pasou ó contorno de ETA.

 

 

Imaxes con descripción.
Ano.
Cortesia de.
Quen aparece.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *