José Ferrero Castaño

Boticario, Xuíz de Paz, Alcalde e sobre todo músico

José Ferrero Castaño

Imagen 1 de 2

Boticario, Xuíz de Paz, Alcalde e sobre todo músico


José Ferrero Castaño.

 

Sen nacer en Santa Comba,  trasladouse o noso pobo para facerse cargo dunha botica e ademais de boticario (descubriu unha medicina contra a sarna, que patentou) acabou sendo xuiz de paz e alcalde. Pero a súa fama venlle pola súa gran afección a música, ensinaba, escoitaba, compoñía e dirixía, así como a animación cultural, na súa botica celebraba xuntanzas coa xente nova, veladas literarias e musicais.Formou un coro, tocaba o piano, cantaba nas misas dos domingos, seleccionaba voces e foi o artífice da fundación da banda de música. Cando as bandas de música viñan a tocar nas festas de Santa Comba, a primeira peza tocábana diante da súa casa e él dirixíaas coa súa batuta. O seu enterro celebrousese con 13 sacerdotes e unha orquestra. Unha rúa da localidade está adicada a súa persoa.

 

Naceu en León en 1.895 e cando colleu a céntrica botica, que aínda existe no centro da vila fronte o campo da feira, trasladouse a Santa Comba, en donde casaría cunha muller do Cataduiro (Alón), Dolores Nieto Calvo. Foi boticario, xuiz de paz e alcalde de Santa Comba entre 1.938 e 1.940, pero a súa fama venlle pola súa gran afección a música, ensinaba, escoitaba, compoñía e dirixía, así como a animación cultural, na súa botica celebraba xuntanzas coa xente nova, veladas literarias e musicais. No outono de 1.917 púxolle as ilustracións musicais a “El conde Lequi. Drama cadavérico y espeluznante al magnesio” con letra de M. Losa Alvarez que se estreou nun teatro de Santiago de Compostela. A  obra “Un día n’a aldea” premiada polo xornal “La Raza” en xuño de 1.917 dirixiuna el mesmo na súa estrea no Teatro Principal de Santiago o 14 de xuño de 1.918. Compuxo “El chotis Coruña” que foi a estrear a cidade herculina na honra do seu alcalde Alfonso Molina. Unha misa a tres voces (triple, tenor e baixo), titulada “Misa coral solemne”, na que aparece “Santa Comba 1.918, arquivo parroquial de Santa Comba, marzo de 1942”. Pero ten  multitude de partituras manuscritas, como O corpus na aldea (Maio de 1922), Ralip, Carita de Macarena (pasodobre de 1.945 foi partitura propias para todos os instrumentos dunha banda), Poutpurri 1ª fácil (Maio 1950), Marisa (01/08/1950), Trangallada de las doce (10/09/1950), Guapa (marcha festas das uvas 31/12/1950), Para el carro (15/11/1951), Porque te quiero (arranxo pasodobre 10/05/1952), Amor en cartulina, Diana (25/05/1952), Habanera (arranxo propio 30/05/1952), Baila Farruco (15/06/1952), Pasa el batallón (arranxo 24/06/1952), La orgia dorada (arranxo 20/07/1952), La penúltima y nos vamos (25/08/1952), Una monada (30/08/1952), Como te has desenrrollao. Cando as bandas de música viñan a tocar nas festas de Santa Comba, a primeira peza tocábana diante da súa casa e él dirixíaas coa súa batuta. Formou un coro que acompañaba co seu piano e cantaba nas misas dos domingos, seleccionando as voces nas veladas da botica, e na casa de Turnes Fandiño facía os ensaios. En 1.950 foi o artífice para a fundación da banda de música local e tivo moito que ver na construcción dun palco da música no Campo da Feira (hoxe desaparecido) e na creación da feira do gaiteiro, xunto con Raso e o alcalde Andrés Pereira. O Pleno municipal en sesión extraordinaria do 28 de setembro de 1.956 felicitouno públicamente “por el éxito artístico obtenido en La Coruña en los actos del Día de la Provincia, donde dirigió personalmente a la Banda Municipal de aquélla ciudad en el estreno del chotis Coruña del que es autor, dando renombre y prestigio cultural a este pueblo de Santa Comba”. Como boticario descubriu unha medicina (pomada amarela) contra a sarna, que patentou. Non tivo fillos e despois de botar o resto da súa vida en Santa Comba, finou o 21 de novembro de 1.957, ós 62 anos. O seu enterro celebrouse o día 23 con 13 sacerdotes e unha orquestra. Unha rúa da localidade está adicada a súa persoa.

 

 

Imaxes con descripción.
Ano.
Cortesia de.
Quen aparece.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *