José Suárez Suárez

Empresario, funcionario, Xuiz de Paz, xestor deportivo e verdadeiro artífice
da emigración Xalleira cara América

José Suárez Suárez “Raso”.

José Suárez Suárez

Imagen 1 de 1

Empresario, funcionario, Xuiz de Paz, xestor deportivo e verdadeiro artífice da emigración Xalleira cara América

Foi empresario, xuiz de paz, encargado de quintas, funcionario, un dos máis míticos xestores deportivos no fútbol da  Costa da Morte a  fronte do Xallas fútbol club e incluso proposto para alcalde en varias ocasións, cargo de rexeitou sistemáticamente. Na súa faceta de empresario adicouse a xestionar a salida cara a América de tódalas persoas que emigraban fuxindo da probreza, o que o converteu no verdadeiro artífice da emigración xalleira de Santa Comba e Mazaricos, así como de municipios limítrofes de A Baña, Negreira e Val do Dubra e Zas cara a América, e especialmente cara Brasil. Foi un dos artífices da creación da feira do gaiteiro, xestionou un dos primeiros bancos que se estableceron na localidade, e na casa na que na viviu  estableceuse o telégrafo despois de que estivera en Santa Catalina. É socio fundador e presidente honorífico do Xallas F.C. e o único membro do clube que ten a insignia de ouro do clube sufragada polos propios xogadores. Conta coa insignia de recoñecemento o mérito da Federación Galega de Fútbol e do Coléxio Galego de Árbitros. O Concello de Santa Comba recoñeceu a súa laboura co galardon deportivo “Toda unha vida”.

 

 

Naceu ó 9 de xullo de 1.918 en Avellaneda-Arxentina froito da emigración, pero xa de moi pequeniño viviu en Santa Comba. Foi empresario, xuiz de paz durante 12 anos, encargado de quintas no concello, funcionario durante 33 anos e un dos máis míticos xestores deportivos no fútbol da  Costa da Morte a  fronte do Xallas fútbol club. Foi proposto en varias ocasións para Alcalde, proposta que rechazou sistemáticamente pola súa oposición o réximen dictatorial do xeneral Franco. Esta actitude levou a que se produciran varios rexistros na súa casa, e fora proposto para fusilamento, xunto con varios veciños de Vilar. Na súa faceta de empresario adicouse a xestionar a salida cara a América de tódalas persoas que emigraban fuxindo da probreza, encargándose de todo, incluido papeleo, autobuses ata Vigo, estancias e xestións ante o consulado, e en moitas ocasións incluso adiantaba os cartos da pasaxe, o que o converteu no verdadeiro artífice da emigración xalleira de Santa Comba e Mazaricos, así como de municipios limítrofes de A Baña, Negreira e Val do Dubra e Zas cara a América,  e especialmente  hacia Brasil. De feito Brasil  é o país, xunto con Suiza, que máis riqueza lle xenerou ás Terras do Xallas con cartos procedentes da emigrancción. Aínda na actualidade Brasil segué notando a base emigratoria que creou alí “Raso” con veciños da zona, xa que é o país no que Santa Comba encabeza o ranking de emigración galega con 1.272 xalleiros oficiais según o censo de 2005, ségelle A Coruña cidade con 538, Santiago con 307, Negreira con 206, a Baña 220, Val do Dubra 212, Mazaricos 202, e Zas 187, aínda que a colonia de xalleiros estimase que pode chegar ós 5.000 habitantes, que rexentan os mellores e máis modernos locais de hostelería en Ipanema, Tijulla, Leblón ou Copacabana en Rio de Janeiro. Xunto co médico Atomé e o Alcalde do momento foi o artífice da creación da feira do gaiteiro, que consistía e traer un gaiteiro para amenizalas feiras, en concreto a terceira, a feira nova, a dos segundos luns de mes. Xestionou un dos primeiros bancos que se estableceron na localidade, o de Hijos de Olimpio Pérez, e na casa na que na viviu ata a súa morte estableceuse o telégrafo despois de que estivera en Santa Catalina, que era xestionado polo seu cuñado Salomón Arce Martinez. É un dos personaxes máis míticos de toda a historia do fútbol da Costa, non solo polos resultados deportivos do club que presidía senón tamén polos métodos de xestión utilizados propios do século XXI, reflexados incluso en diarios de prestixio da época como “El Ideal Gallego” ou no desaparecido “Riazor” que na consecución do primeiro título da Copa da Costa, publicou a súa portada coa foto do clube e a seguinte frase “El verdadero fútbol sin los males del profesionalismo, Muchas gracias Raso”. Posteriormente outro diario facíase esta pregunta “¿Tuvo el Xallas su Lendoiro o el Deportivo su Raso?”. Nos 60 cando o Xallas gañou a Copa contra o Negreira, puso 140.000 ptas da época do seu bolsillo que amortizou na terceira eliminatoria, a final de tempada o clube tiña 20.000 ptas de superavit, sin contar as cuotas dos socios. No apartado deportivo concentraba os xogadores en pensións de Santiago e dormía con eles para vixialos e evitar que saíran de noite para estar frescos nos partidos, e o mesmo día do partido seguía coa concentración, neste caso cunha comida na casa do que el consideraba a súa man dereita “Ricardo de Capeáns”. Contaba no clube con médico, o coñecido “Atomé”, que xa daquela suministraba vitaminas os xogadores, e por si fora pouco primava os xogadores con 100 ptas partido, que se convertían en 500 nas finales. É socio fundador e presidente honorífico do Xallas F.C. é o único membro do clube que ten a insignia de ouro do clube sufragada polos propios xogadores dos anos 60 (Arufe, Amarelle, Ra, Puchini, Riverita, Ventura, Nicanor, Aparicio, Varela, Pahíño, etc), que novamente se xuntaron en novembro de 2002 para rendirlle unha homenaxe despois do multitudinario que tivo lugar nos anos 80. Conta coa insignia de recoñecemento o mérito da Federación Galega de Fútbol e do Coléxio Galego de Árbitros. Durante a súa xestión o Xallas F.C. acadou tres Copas da Costa e dous Subcampeonatos, así como o prestixioso trofeo Manzana de Oro O Paraíso de Muros, de entre outros títulos. O Concello de Santa Comba, na primeria gala do deporte que recoñece a persoeiros locais destados no seu papel de promoción no deporte concedeulle o galardón deportivo no apartado “Toda unha vida”. Faleceu ó 27 de xullo de 2006 cando contaba con 88 anos.

 

 

Imaxes con descripción.
Ano.
Cortesia de.
Quen aparece.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *