Manuel Xaime Barreiro Gil

Político e economista

Manuel Xaime Barreiro Gil

Imagen 1 de 2

Economista, senador, parlamentario, conferenciante e colaborador de prensa, chegou a ser presidente do Partido Socialista no Senado durante dúas lexislaturas e representante de España en importantes organizacións europeas como a OTAN, CE ou OCDE.


Manuel Xaime Barreiro Gil

 

Economista, senador, parlamentario, conferenciante e colaborador de prensa, chegou a ser presidente do Partido Socialista no Senado durante dúas lexislaturas e representante de España en importantes organizacións europeas como a OTAN, CE ou OCDE.

 

Naceu no lugar de Freixeiro o 18 de Agosto de 1.951. É Doutorado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (1983), en cuia Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, presidiu o seu Colexio de Decanos e Directores de Centros, sendo  membro do Consello de Goberno. Na mesma Universidade imparte docencia e realiza investigación na área de  Historia e Instituciones Económicas desde 1977.

 

Entre 1982 e 1996 foi Senador electo pola provincia da Coruña, desempeñando o cargo de Presidente do Grupo Parlamentario Socialista do Senado de España durante dúas lexislaturas.

 

Na súa condición parlamentaria foi membro, en representación de España, da Unión Parlamentaria Internacional (UPI) nas Asambleas Parlamentarios do Consello de Europa (CE), na Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), a Unión Europea Occidental (UEO) e a Organización para a Cooperación e o desenrrolo Económico (OCDE).

 

Publicou diversos traballos académicos sobre a Galicia contemporánea e temas europeos. Dicta conferencias e é colaborador habitual de diversos medios de comunicación de Galicia  (El Correo Gallego, Correo Televisión, Radio Galega, Televisión de Galicia y El País-Galicia).

 

Fruto da súa actividade académica, que inclue a súa inserción en diversos grupos de investigación, son abundantes as súas publicacions, unha parte das cales, tratan sobre os problemas básicos do crecimento económico e, entre elos, o papel motriz do sistema de transportes.

 

Desde 2009 é Director Xerente da Fundación dos Ferrocarris Españois.
 

 

Imaxes con descripción.
Ano.
Cortesia de.
Quen aparece.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *