Perfecto Pereira Barcia “Pereiriña”

Perfecto Pereira Barcia “Pereiriña”.

Orquesta Santa Comba

Imagen 1 de 23

1959 cortesía | Perfecto Pereira aparece | Actuación da Orquestra Santa Comba na Sala de Festas Bella Vista de Baio.

Estivo tres décadas enriba dos escenarios pasando por famosas orquestas da época como foron a Santa Comba na que debutou como cantante, Los Dinámicos ou Los Panters. Creou a orquestra Los Seikos, xunto co seu veciño Daniel e nos anos 80 xa chegaron a actuar en Santander.

 

Naceu no lugar de Montouto e debutou como músico os 9 anos nas festas de Bustelo despois de subir sempre os escenarios cando viñan as orquestras a aldea, e sempre cantaba campanera, desde ese intre estivo tres décadas enriba dos escenarios pasando por famosas orquestas da época como foron a Santa Comba na que debutou como cantante, Los Dinámicos ou Los Panters, “cobrando mil pesetas diarias cando non había estradas e os instrumentos levávanse nos carros polas pistas de terra”, alcanzando a máis grande popularidade coa orquestra Los Seikos, que el mesmo creou xunto co seu veciño Daniel, actualmente pianista da orquestra Compostela. Nos Seikos, unha orquestra que cando tiña 7 membros chegou a tocar con seis metales, levaba a dirección, era vocalista e durante os últimos 8 anos alternaba esa función coa de batería. Nunha mesma festa chegou a compartir escenario cunhas das mellores orquestras da época, Los Players, Los Españoles de Lito Candelas, e Trebol, además dunha banda dando pasarrúas, e nos anos 80 xa chegaron a actuar en Santander. Os veciños aínda se acordan dos grandes duelos musicais que os Seikos e Xuntanza, a outra orquestra que había no concello, tiñan no último día das festas de San Pedro.

Imaxes con descripción.
Ano.
Cortesia de.
Quen aparece.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *