Victor Manuel Espasandín Facal

VICTOR MANUEL ESPASANDÍN FACAL

Victor Manuel Espasandín Facal - Barcelona

Imagen 1 de 116

Victor Manuel Espasandín Facal - Barcelona


Futbolista

Chegou o Barça por petición propia (e chamada persoal) de Pep Guardiola cando adestraba as categorías inferiores do clube catalán. Ademáis estivo as ordes de Frank Rijjkaard e Luis Enrique. Foi capitán do Barça B donde solo
acadou títulos e ascensos compartindo vestiario e adestramentos con xogadores do mítico Barcelona de Guardiola como Thiago Alcantara, Pedrito, Messi, Etoo, Xavi Ronaldinho ou Iniesta. En 2008 foi convocado por primeira vez polo
primeiro equipo do FC Barcelona por Frank Rijkaard e ainda que non chegou a xogar compartiu banquiño con Ronaldinho.
En 2009 durante a pretempada foi un dos elexidos para xogar dous partidos amistosos no mítico Estadio de Wembley de Londres, debutando ante o Tottenham e marcando o internacional inglés Aaron Lennon. Formou parte das
plantillas do Atlético Mineiro de Santa Comba, SD Compostela, Real Valladolid, SD Ponferradina, Barcelona B e o Omonia de Nicosia co que debutou en Champions League.
Naceu o 12 de xaneiro de 1.672 en Cícere de Abaixo, que daquela decíase “Síser”, e morreu en Tarazona (Zaragoza)
o 29 de marzo de 1.741, sendo soterrado o seu corpo nesa catedral, aínda que posteriormente os seus restos mortais
acabaron enterrados na Capela do Cristo do convento de Conxo.
Naceu o 16 de Marzo de 1.985 na parroquia de Santa Sabiña municipio de Santa Comba. Como outros rapaces do
concello comenzou a xogar ao fútbol sala no Colexio Barrié de la Maza de Santa Comba para incorporarse aos infantiles
dun dos equipos do municipio, o Atlético Mineiro.
SD COMPOSTELA 1999-2004
Posteriormente formouse nas categorías inferiores da SD Compostela (2º División B). Co Compostela acadou os
primeiros contactos co fútbol nacional por medio da categoría xuvenil en división de honra e no primeiro equipo en 2ªB.
(1999-2004).
REAL VALLADOLID 2004-2006
Enton fichouno o Real Valladolid de 2ª división, que o incorporou o seu equipo filial, ó Valladolid B, onde tivo un alto
rendemento, o que o levou a ser convocado polo primeiro equipo, debutando así por primeira vez en 2ª división.
PONFERRADINA 2006-2007
Na tempada 2006/07 foi cedido polo Real Valladolid a SD Ponferradina para xogar en Segunda División.
FC BARCELONA 2007-2010
No veran de 2007, Pep Guardiola, por aquel entón novo entrenador do FC Barcelona B solicitou a súa fichaxe.
Co clube blaugrana acadou o título de 3ª división e o ascenso de categoría. Na 2ªB, xa baixo a dirección de Luis
Enrique, como titular indiscutible, e co brazalete de capitan en moitas ocasións, acadou novamente o ascenso de
categoría a segunda división nacional, nunha época na xa compartía vestiario con xogadores, a postre internacionais,
como Thiago Alcantara, Jonathan dos Santos ou Pedrito (un dos seus mellores amigos na sua etapa blaugrana) e
compartindo adestramentos con astros como Etoo, Messi, Xavi ou Iniesta.
O 9 de febreiro de 2008 foi convocado por primeira vez polo primeiro equipo do FC Barcelona, dirixido polo holandés
Frank Rijkaard, para a disputa do encontro de Liga de Primeira División contra o Sevilla FC, aínda que non chegou a
xogar, compartiu banquiño con Ronaldinho.
Durante o veran de 2009 foi un dos 11 xogadores do filial azulgrana elexidos por Guardiola para realizar a
pretemporada en Inglaterra co primeiro equipo, chegando a xogar dous partidos amistosos no mítico Estadio de
Wembley de Londres. O seu debut ante o Tottenham e o seu duelo co internacional inglés Aaron Lennon, un 25 de
xullo (día de Santiago Apostol Patrón de España) foi seguido con atención por todos os afeccionados xalleiros nunha
retransmisión televisiva en directo.
OMINIA NICOSIA CHIPRE 2010-2011:
O finalizar o seu contrato co equipo barcelonista, ó 30 de xuño de 2010, fichou polo AC Omonia de Nicosia, campeón da
Primera División de Chipre e equipo máis laureado do país. O seu recibimento no aeroporto de Nicosia, como quedou constancia
na prensa do momento, foi digno das máis grandes estrelas do fútbol. Con este clube, ainda que fora en fase previa, debutou en
Champions League xogando contra ó Renova FK de Macedonia e posteriormente contra Metaliste de Ucrania.
Traballou as ordes de adestradores como Guardiola, Luis Enrique, Marcos Alonso, Sergio Kresic, Mendilibar ou Gabi Leis.

 

 

Imaxes con descripción.
Ano.
Cortesia de.
Quen aparece.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *