Relixión

Inauguración da nova igrexa Parroquial de san Pedro de Santa Comba

Imagen 1 de 91

1966 cortesía | José María Pintos. Arquivo parroquial de Santa Comba

RELIXÍON, IGREXAS E CLERO

 

 

Nunha  pequena  ermida en “Santa Catalina Darmada…muy sucia y llena de basura e paresce que en ella hacer muchos fuegos…, duermen hombres y mujeres, personas deshonestas y de mal vivir y hacen estúprulos y deshonestidades en ofensa de Nuestro Señor Dios y de la Virgen Santa Catherina”.

 

 

 

AS IGREXAS

 

Igrexas históricas en tódalas parroquias salvo na capital municipal (Santa Comba)

 

Case tódalas parroquias de Santa Comba teñen igrexas dun gran valor histórico-artístico que son o orgullo das súas xentes, a excepción da parroquia de Santa Comba, que contaba cunha histórica igrexa en pleno centro do casco urbano municipal, ó lado do Pazo de Santiso (ou do pozo) e que se derrubou cando se construíu a actual, a principios dos anos 60.

 

Algo semellante pasoulle á de San Salvador de Padreiro, de estilo barroco, derrubada por ser pequena e estar en malas condicións. Desta igrexa consérvase en San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela, o retablo de estilo barroco.

 

Na visita pastoral de 1.548 faise referencia a unha pequena ermida en “Santa Catalina D’armada” que tiña dous altares, nun dos cales estaban as imaxes de Santa Catalina e de San Gregorio, mentres que o outro estaba baleiro, e a capela producía entón unha paupérrima impresión “muy sucia y llena de basura e paresce que en ella hacer muchos fuegos…, duermen hombres y mujeres, personas deshonestas y de mal vivir y hacen estúprulos y deshonestidades en ofensa de Nuestro Señor Dios y de la Virgen Santa Catherina”.

 

Documentalmente, as primeras referencias ás igrexas que temos no noso municipio son as de Arantón e Fontecada, no século IX, inventariadas no “documento de Tructino”. Tructino fora enviado polo rei Afonso III, para facer inventario das igrexas pertencentes á sé de Iria. No municipio só hai dúas igrexas románicas, a de San Fiz de Freixeiro e a de San Cristovo de Mallón.

 

 

 

CREGOS, CLERO E RELIXIÓN

 

D. Alfonso de Fonseca, Arcebispo e benefactor de Santiago, fillo de Dona María de Ulloa da Casa de Alba, foi crego de Santa Comba. O Bispo de Tarazona Frei García Pardiñas, naceu no pazo de Cícere de Embaixo.

 

D. Afonso de Fonseca, Arcebispo e benefactor de Santiago, fillo de Dona María de Ulloa da Casa de Alba, foi crego de Santa Comba. O Bispo de Tarazona, Frei García Pardiñas, nacido no pazo de Cícere de abaixo, fundou a capela de Nosa Señora da Mercede e reconstruíu a igrexa parroquial de San Pedro de Cícere.

 

Temos referencias dos primeiros cregos que fixeron do concello o seu lugar de residencia e mandaron construír a súa casa a carón das igrexas das que estaban titulados, como Xoán Mazáns, reitor de Santa Comba a finais do século XV. Aínda que este comportamento correspondíase máis ben coa súa situación de poderoso local que coas súas funcións pastorais.

 

Outros cregos dos que se ten constancia son: Rodrigo de Sampaio, crego de San Pedro de Santa Comba en 1.441. D. Juan Estévez Caamaño, veciño de Alón, ex-crego de Ser e Montouto, que fundou unha “misión“ popular en Ser, alá polo ano 1.741. D. José Cabeza Docampo, que na década de 1.950 era o párroco de San Pedro de Santa Comba, San Pedro de Cícere e San Xoán de Grixoa.

 

Reitor e Clérigo eran persoas distintas, o Clérigo predicaba na igrexa pero tiña escasa relevancia. Moitos deles eran franceses emigrados que atendían as igrexas por un bocado de pan. Este é o caso de Martín Bonifacio que celebraba misa en Mallón e Alón, ou Guillerme que facía o propio en Santa María de Esternande.

 

 

 

POUCAS MISAS

 

En 1.548 ningún dos templos do concello tiña o Santísimo Sacramento nos seus altares e nun bo número delas a Eucaristía celebrábase soamente cada dúas semanas e mesmo, nalgún caso, cada tres. O motivo disto era os escasos ingresos que tiña a parroquia, o baixo número de veciños e que as igrexas estaban en lugares casi desertos.

 

 

 

AS CONFRARÍAS PARROQUIAIS

 

No século XVI nacen as confrarías parroquiais, primeira expresión do asociacionismo campesiño a medio camiño entre o sentido relixioso e o festivo. Chegou a haber 34 confrarías dedicadas a diversos santos e virxes, pero foron desaperecendo, xa que a autoridade eclesiástica, no ano 1740, prohibiu a celebración das comidas de irmandade entre os cofrades o día da festa, polos excesivos gastos, pendencias e argumentos dos bispos en base a “desórdenes por comer hombres y mujeres juntos”

 

En 1.543 había tres, a de Santo Antón na Pereira, a de Santa Lucía en Meanos (que daquela pertencía a Xallas) e a de Veracruz en Santa Comba. Ninguna delas tiñas a súa constitución aprobada e déuselles un prazo para evitar que quedasen prohibidas como confrarías relixiosas.

 

Na visitas pastorais do século XVI xa non aparecen citadas éstas, pero rexistráronse 31 confrarías, 21 delas dedicadas a diversos santos, cinco á Virxe (tres delas baixo a advocación do Rosario), unha ás ánimas do purgatorio e 4 ó Santísimo.

 

Un século máis tarde, a mediados do XVIII, soben de 31 a 34, pero agora 18 das 34 estaban dedicadas ó Sacramento, en seis era a Virxe a honrada (en dous casos baixo a advocación do Rosario, nun á Nosa Señora do Carmo e noutra lembrando a súa natividade). Noutras 14 lembran a diversos santos, aínda que case sempre comparten dedicación co Sacramento e coa Virxe.

 

Posteriormente moitas delas desapareceron. Esta desaparición foi motivada pola autoridade eclesiástica, que en 1.740, prohibiu que os días de festa se celebrasen as comidas da irmandade entre os confrades, polos excesivos gastos, pendencias e argumentos dos bispos en base a “desórdenes por comer hombres y mujeres juntos”.

 

 

Imaxes con descrición.
Ano.
Cortesia de.
Quen aparece.


 
 

Santa Comba na memoria

Historia fotográfica de Santa Comba

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *