Descendentes dos Celtas

OS XALLEIROS OS MAIS XENUINOS DESCENDENTES DOS CELTAS

 

“aquella comarca marcada con el poderoso sello de aquella rama, la última, pero no por eso menos noble, de las tribus célticas que acamparon sobre el suelo de Europa”. Manuel Murguía. Historia de Galicia.

 

Xa o dícían os historiadores e literatos de séculos pasados, os xalleiros son os máis xenuínos representantes da ascendencia celta.

 

Manuel Murguía na súa Historia de Galicia describía a xurisdicción de Xallas como “aquella comarca marcada con el poderoso sello de aquella rama, la última, pero no por eso menos noble, de las tribus célticas que acamparon sobre el suelo de Europa”.

 

Ademais, un estudo científico sobre as mutacións xenéticas da Universidade de Zaragoza no que colaborou o doutor Ángel Carracedo -director do departamento anatómico forense do Instituto de Medicina Legal de Santiago de Compostela, referencia mundial en xenética forense e fillo predilecto do municipio- certifica a orixe celta dos xalleiros.

 

O mesmo estudo conclúe a enorme incidencia do xen denominado APO B3500 en varios puntos de Galicia e resulta que en Santa Comba e na ría da Coruña son as zonas onde se dá un maior número de casos, o que achega os veciños de Santa Comba ás colectividades actuais de Centroeuropa, Gran Bretaña e Irlanda, nas que se asentaron poboadores celtas e suevos.

 

A investigación considera que os actuais poboadores de Xallas comparten una mutación xenética inalterada tras 6.000 anos e que hai características endogámicas, como que o xen se dá en enfermos de hipercolesterolemia familiar e persiste ó longo do tempo.

 

Esta unidade xenética cos celtas refórzase coas evidencias da arqueoloxía e a toponimia, a existencia de poboados castrexos, restos de orfebraría e nomes como Arciprestado de Céltigos ou Vilar de Céltigos e o palpable legado suevo na toponimia como Guldrís, Castriz, Esternande, Armada ou Guisande, ademais do grupo de xermanismos que deu orixe a máis nomes no actual termo municipal de Santa Comba.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *