Enerxía eólica

SANTA COMBA MUNICIPIO PIONEIRO EN ENERXÍA EÓLICA

Sevipol 3

Imagen 1 de 14

Muiño de vento, aeroxerador


AQUÍ INSTALOUSE EN 1983 O PRIMEIRO MUÍÑO DE VENTO CON FINS COMERCIAIS

 

Galicia converteuse, desde hai anos, nun referente no desenvolvemento da enerxía eólica. É a comunidade española líder en produción, grazas a unhas condicións de vento excepcionais, que a sitúan como o sexto país do mundo que máis electricidade xera a través dos aeroxeradores. Pero os comezos non foron, nin moito menos, sinxelos, donde Santa Comba pasará á historia como o pioneiro deste tipo de enerxía.

 

 

Segundo os datos da Xunta de Galicia, a comunidade galega contaba en 2008 con máis de 3.000 muíños, repartidos por máis dun cento de parques, que conseguiron variar a clásica estampa dos montes. A primera vez que se colocou un muíño de vento con fins comerciais provocou, pouco menos, que unha revolución no concello coruñés de Santa Comba, o municipio que pasará á historia como o pioneiro deste tipo de enerxía.
Corría o ano 1983 e, na capital da comarca de Xallas, a empresa Engasa (Energía de Galicia, S.A) instalaba un estraño muíño, ante a perplexidade dos lugareños presentes. Era o primeiro aeroxerador que se conectaba á rede eléctrica en Galicia, nun momento no que poucos crían que o vento podía ser aproveitable para xerar electricidade.

 

Engasa, con forte apoio de Sodiga, preséntalle ó Ministerio de Industria unha proposta para a explotación dos xeradores eólicos para instalar en Santa Comba e A Laracha. O proxecto tiña un carácter básicamente experimental, como experiencia piloto para comprobar a viabilidade da enerxía eólica desde o punto de vista técnico e económico. Serviría, así mesmo, para potenciar a industria autóctona en sectores de tecnoloxía avanzada, pois a empresa Gaélico estaba tamén interesada no proxecto, e comprometíase a producir os equipos eléctrico e electrónico do xerador eólico.

 

O custo total estimado do investimento era de 10,8 millóns de pesetas (pouco máis de 60 mil euros). A produción anual prevista era de 125.000 Kwh por aeroxerador, cun valor total de un millón de pesetas (6 mil euros). A súa instalación realizouse dentro dun proxecto piloto de experimentación de máquinas eólicas de tamaño medio unidas á rede, no que se incluía a toma de datos que, nun principio, se limitou á enerxía activa producida e ó número de horas de funcionamiento. Estas informacións eran transmitidas ó Centro de Estudios de la Energía, en Madrid, dependente do Ministerio de Industria y Energía.

 

A elección de Santa Comba por parte de Engasa non foi casual. A empresa tiña, e aínda ten na actualidade, un socio local, Electra de Santa Comba, a quien lle vendían a electricidade. Pero esta non foi a única razón pola que o negocio eólico se iniciou aquí, e non nas zonas de montaña, onde está situada a meirande parte dos aeroxeradores.

Os pioneiros do vento en Galicia utilizaron un xerador denominado Wind–Matic, de orixe nórdica, xa que non existían fabricantes nacionais, por iso o Ministerio de Industria y Energía autorizou a importación de dous xeradores eólicos WM-14S de 55 Kw cada un, procedentes da empresa dinamarquesa Wind-Matic, filial do grupo holandés Holec. No subsector eólico materializouse a compra de dous xeradores a Gaélico, dos que só se chegou a instalar o de Santa Comba, pero non o da Laracha, descartado por diversos problemas.

 

Para determinar o sitio no que se habería de instalar, aterrou en Galicia un técnico chegado directamente de Dinamarca. A súa misión estaba clara: elixir unha zona na que soprase o vento suficiente para que o negocio resultase rendible. Na práctica, esa elección non resultou demasiado fructífera. Por incrible que pareza, o técnico nórdico percorreu parte de Galicia na procura de zonas aptas para o negocio eólico, sen utilizar anemómetros, tal e como se calcula na actualidade a velocidade do vento, e pese ó rudimentario dos mecanismos, o técnico só errou a medias. Non andaba descamiñado, porque na actualidade si existen en Santa Comba parques eólicos. O seu único erro foi a localización exacta. “O certo é que tiña bo olfacto, porque determinou as zonas a ollo e sen medidores; atinou no municipio pero errou no sitio”, lembra o actual presidente de Engasa, Benito Fernández. No lugar elixido sopraba a 4 metros por segundo, cando hoxe en día o habitual é que rolde os 7 metros por segundo.

O primeiro aeroxerador de Galicia conectado á rede instalouse a finais de 1982 e empezou a funcionar en maio de 1983, feito que pasou totalmente desapercibido nos medios de comunicación do momento. Non houbo ningunha alusión na prensa da única empresa que ousou apostar por esta enerxía renovable.

 

Como preveían os agoreiros, o proxecto de Santa Comba terminou sendo un desastre, pero esa experiencia pioneira serviu para que Galicia sexa hoxe unha potencia na explotación deste recurso.

 

A historia do primeiro aeroxerador galego conectado á rede tivo un triste final. Á falta de vento uníronselle diversas avarías que mantiveron o muíño en dique seco durante moitos meses. Paradoxicamente, foi unha tormenta a que terminou para sempre co Wind–Matic de Santa Comba. Por sorte, os muíños que poboan os montes galegos son bastante máis resistentes ós temporais que aquel modelo dinamarqués.

A experiencia tivo, ademais, un efecto perverso entre as empresas eléctricas. Os socios de Engasa quedaron escaldados, ata o punto de que na primera tanda dos plans eólicos non participaron porque non crían no tema e durante moitos anos quedou a idea de que non funcionaba. No que restou da década dos 80 o apartado eólico estivo estancado, pero no mundo eólico Engasa e Santa Comba xa quedarían para sempre como a primera empresa e o primeiro municipio de Galicia e, que se saiba, de España, en interesarse, daquela, polo novedoso sector.
 

 

Imaxes con descripción.
Ano.
Cortesia de.
Quen aparece.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *