Feiras e mercados

FEIRAS E MERCADOS

Feira de Santa Comba 7

Imagen 1 de 9

Feira de Santa Comba


 

Datan de principios do século XIX e os feirantes de Xallas, en realidade, son os grandes protagonistas do comercio de subsistencia de Galicia. A habitual feira de Santa Comba ten a súa orixe en 1.813 “por estar Santa Comba en el centro de unas 18 parroquias que distan de él, la más legua y media y que no tienen a igual inmediación sino una, llamada de la carballeira, que se celebra en uno de los extremos”. Chegou a haber feiras en varios lugares do municipio.

 

En 1.868 creouse unha feira mensual nas Travesas, parroquia de San Xulián de Santa Sabiña. Tamén temos documentada a existencia, no ano 1.869, de dúas feiras anuais, cada 21 de setembro e 18 de outubro de derivados da madeira e pezas para carros, no lugar de Vilaboa en Santo Andrés da Pereira , “en el campo de Vilaboa, donde se celebran anualmente las ferias tituladas de San Lucas y San Cosme”.

 

Dezaoito anos despois, na sesión municipal do 11 de outubro de 1.886 “La Corporación acuerda, con objeto de procurar el bienestar de los vecinos, y el fomento y desarrollo de la riqueza pública, crear y establecer un mercado público en el campo de Sta. Catalina, que da frente a esta Casa Consistorial, que se celebrará dos veces al mes, los lunes de la 1ª y 4ª semana, a partir del mes de Noviembre…. invitando a todos los vecinos a que concurran con frutos, artículos de toda clase y ganados vacuno y caballar”.

 

Na actualidade, as feiras periódicas e de grande importancia celébranse no centro urbano municipal con todo tipo de produtos, o sábado anterior ó primeiro domigo de cada mes e o luns seguinte ó segundo e terceiro domingo de cada mes. Tteñen a súa orixe nas presións que ás autoridades locais fixeron en 1.813 en base ós seguintes argumentos “por estar Santa Comba en el centro de unas 18 parroquias que distan de él, la más legua y media y que no tienen a igual inmediación sino una, llamada de la carballeira, que se celebra en uno de los extremos”. Este razoamento levounos a ampliar a dúas as ferias que demandaban e suxeriron unha para Santa Comba, os “lunes siguientes a la tercera dominica de cada mes, al poder acudir a ella los traficantes de Santiago, de regreso de la celebrada en Bayo”. E outra para Ser en base o seguinte: “los lunes siguientes a los primeros domingos, aprovechando el regreso de la de Baiñas”.

 

A estrutura actual da feira ten a súa base no ano 1.936, nun tempo no que as feiras de Santa Comba estaban máis evolucionadas cás doutros concellos, xa que nos arredores eran sobre todo gandeiras, mentres que en Santa Comba, á parte das transaccións gandeiras xa se comerciaba con produtos da horta, con queixo, manteiga, ovos, produtos curados e elaborados na casa como chourizo, mel e touciño e productos artesáns coma os zocos, cestos, coitelos, artigos de coiro, ferro e cobre, e mesmo roupa.

 

O pleno do concello do 17 de maio de 1.939 aproba a ordenanza sobre matadoiros, mercados e policía sanitaria, destinada a previr enfermidades animais, e con ela instáurase unha feira de gando e froitos do país reordenada e rexida xa por un regulamento. Nos anos 70 e 80 celebrouse unha recoñecida feira de carros, xa desaparecida coa implantación masiva de tractores e maquinaria no medio agrario.

 

As feiras de Santa Comba son das máis importantes de Galicia. Celébranse nas dúas alamedas centrais do pobo, ás que lle dá nome, polo que son coñecidas por todos como o Campo da feira, e onde nunha zona de case 2.000 m2 se reúnen o sábado anterior ó primeiro domingo de cada mes e o luns seguinte ó segundo e terceiro domingo de cada mes preto de 300 postos de feirantes (existe lista de espera para coller posto) que comercian con todo tipo de produtos, desde alimenticios ata maquinaria agrícola, pasando por téxtiles, plantas, música, mobles, zapatos, etc

 

 

Imaxes con descripción.
Ano.
Cortesia de.
Quen aparece.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *