Lenda de Santa Comba

 

SANTA COMBA: DE MEIGA A SANTA POPULAR

A lenda da maior meiga galega que chegou a converterse na patroa das bruxas galegas.

 

“Santa Comba fue en su día una temible meiga, pero de las chuchonas o xuxonas, de esas que chupaban la sangre a los niños, robaban ojos para la confección de pomadas, mataban viejos y echaban alguno que otro mal de ojo. Se dice de ella que en sus años mozos, como avezada bruja, participaba en aquelarres, besando el trasero del macho cabrío, que se daba a la bebida y se abandonaba al fornicio más desenfrenado en las noches de San Juan y San Silvestre hasta que, sin saber muy bien las causas, se arrepiente, abandona esas prácticas, ejercita la penitencia, se convierte al cristianismo y hoy esta considerada la santa popular de las meigas, no reconocida por la iglesia, invocada para protegerse de los demonios, su especialidad”.

 

Extracto do libro “Breve historia de la brujería”

 

O municipio de Santa Comba homenaxea o seu patrón San Pedro e incluso a San Cristovo, pero non ten ningunha celebración para a santa que lle dá nome á localidade e cuxa estatua preside a rotonda principal da vila, paso obrigado para todos os que se dirixen desde a Costa da Morte á capital de Galicia, Santiago de Compostela, e viceversa.

 

A pesar de darlle nome ó municipio, Santa Comba permaneceu no esquecemento absoluto dos seus habitantes ata que en 1996 o goberno municipal do momento decidiu construír una rotonda para regular o tráfico que estaría presidida pola imaxe da popular “Santa”, chamada Comba, e da cal non existían precedentes físicos polo que había que poñerlle trazos e características.

 

Para facelo recorreuse ó obradoiro de pedra “Castelo”, especialistas en arte popular galega con esculturas, réplicas, restauracións e todo tipo de esculpido en cantaría repartido por países como Arxentina, Alemaña, Suíza, México ou Portugal. As indicacións dadas ó artista, desde o concello, inspiráronse nos estudos realizados polos prestixiosos investigadores Allyson M. Poska e Jesús Callejo.

 

Así naceu unha imaxe realizada en granito, de catro metros de altura (dous metros de pedestal e outros dous da propia imaxe). Na súa elaboración tentouse destacar o punto de vista relixioso, cuns trazos faciais da beleza típica das virxes, así como símbolos propiamente cristiáns como a palmeira e a pomba.

 

A escultura custou uns dous millóns de pesetas (12.000 euros), incluída dentro dun proxecto, considerado daquela moi necesario, que ascendeu a uns trece millóns de pesetas (unos 78.000 euros).

 

Santa Comba forma parte dos santos/as que chegaron á santidade polo “camiño da man esquerda”, seres que se rexeneraron, convertéronse, viron a luz… do grupo dos santos/as que antes foron bruxos ou meigas.

 

A tradición afirma que a santa galega Santa Comba foi no seu día unha temible meiga, pero das chuchonas o xuxonas, desas que lles chupaban o sangue ós nenos, roubaban ollos para a confección de pomadas, mataban vellos e botaban algún mal de ollo. E velaí, un bo día transformou radicalmente os seu sus hábitos, de tal xeito que hoxe é considerada a santa popular das meigas.

 

Santa Comba é a galeguización de Santa Columba, unha francesa que morreu no século II e da que case non se sabe nada, e menos que fose meiga. A veneración de Santa Comba está datada na Idade Media e o seu culto podería ser unha combinación de adoración a dúas virxes mártires, a xa indicada Columba francesa, de Sens, e a Columba española, de Córdoba.

 

Pero Santa Comba, en Galicia, convértese en toda unha santa aclamada popularmente porque seica nos seus anos mozos participaba activamente nos aquelarres que se celebraban en diversos arenais e praias, nos que, como avezada meiga, “bicáballe o traseiro ó macho cabrío, dábase á bebida e abandonábase ó fornicio máis desenfreado nas noites de San Xoán e de San Silvestre”, ata que, sen saber moi ben as causas, arrepíntese, abandona estas prácticas, exercita a penitencia, convértese ó cristianismo e hose é unha santa popular, non recoñecida pola igrexa, invocada para protexerse dos demos, a súa especialidade. A lenda tamén conta que a súa conversión ó cristianismo produciuse despois de se encontrar con Xesúscristo nun camiño galego.

 

En compensación, outro santo está considerado como patrón dos bruxos e meigas, San Cibrián ou San Cibrán, que como Santa Comba foi bruxo primeiro e elevado ós altares despois.

 

A partir dese momento apareceu unha clase especial de curandeiros que invocaban a Santa Comba e San Cibrán para realizar as súas sanacións “do meigallo ou do feitizo”. Nun dos seus esconxuros, a modo de exemplo, din o seguinte: “Abernuncio us pasteco con espíritu túas e de laboratorios sanates cues junto Nazareno, Hijo de la Virgen María, quita o teu pauto do corpo da hechicera”.

 

San Luciano, San Marciano, Santa Comba e San Cibrán non son casos illados de persoas que transforman as súas vidas de maneira tan radical. De Geberto d’Aurillac, antes de chegar a ser o Papa Silvestre II, disque coqueteou coa maxia e que foi un bruxo versado nas mellores artes da especialidade e que, como tal, tiña trato con diaño.

 

Precisamente polos seus poderes e polo seu pasado, a igrexa non accedeu a situar á venerada Santa Comba na galería de santos, pero hoxe é unha santa popular, que lle dá nome á localidade, xentilicio ós seus veciños (Xalleiros ou Santacombeiros), que preside a entrada á vila e que loce maxestosa e orgullosa sobre unha zona axardinada que enlaza as estradas máis importantes da comarca e que, como Neptuno ou a Cibeles, é lugar de celebracións dos éxitos deportivos de clubs locais.

 

No ano 2010, por primeira vez, rendéuselle unha homenaxe á santa dentro dos actos da Festa Celta “Beltaine”, que celebraba a súa segunda edición.

 

De calqura xeito, Santa Comba segue deixando tras de si un halo de misterio e maxia e aínda moitos datos por coñecer.

 

A información histórica sobre Santa Comba e a súa lenda procede dos estudos realizados por Allyson M. Poska e Jesús Callejo Cabo. Allyson M. Poska é especialista en historia e autora de numerosos libros; desempeña o seu labor no departamento de Historia da Universidade americana de Marylan Washington.  Jesús Callejo Cabo é licenciado en Dereito pola Universidade de Valladolid; é investigador, escritor e autor de máis de 20 libros e de artigos en prestixiosas revistas como “Año Cero”, “Más Allá de la Ciencia” o “Enigmas del hombre y del Universo”, así como do libro “Breve historia da Brujería”, no que fala extensamente da lenda de Santa Comba; tamén é colaborador do mítico programa “La Rosa de los Vientos”. 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *