Consellos antes de recoller cogomelos

 

Cogomelos e micoloxía na comarca do Xallas en Santa Comba

 Setas de Santa Comba 08

vitri1

 

O que hai que saber antes de recoller cogomelos

Consellos prácticos para o afeccionado

 

 

Calquera afeccionado á micoloxía sabe o que se  pode ou non facer.  Non
obstante, estas son algunhas das pautas elementais á hora de saír a desfrutar de tan apasionante mundo:

1. Rexeitar o emprego da bolsa de plástico xa que impide a esporación dos exemplares recollidos.

Utiliza unha cesta (elixe unha lixeira e a ser posible de castiñeiro). Segundo camiñes irás repartindo as esporas polos sitios por onde pases  e evitarás que se estropeen os cogomelos recollidos.

2. Non recollas nin rompas os exemplares vellos ou aqueles  que pertenzan a outras especies que non coñezas. Déixaos onde están.

3. En caso de dúbida sobre a especie, non a collas. E se o fas (para a súa posterior identificación) leva un só exemplar, enteiro e nun  recipiente distinto a onde tes os cogomelos destinados ó consumo.

4. Déixate aconsellar polos expertos do lugar. Eles saben, xa que levan anos comendo e  non se intoxicaron .

5. Respeta os exemplares pequenos.

6. Leva roupa de abrigo e de protección por se chove, un calzado apropiado e, a ser posible, teléfono móbil. Se vas só, dille a alguén a onde vas.

7. Respeta todo tipo de vida. Non deixes desperdicios (non costa nada levar no peto o papel de aluminio do bocadillo…)

 

Dado que o obxectivo principal desta publicación é a de servir de orientación ós afeccionados, como vehículo de iniciación ós principiantes na recollida de cogomelos, quero adicar unhas líneas a dar unha serie de consellos ou orientacións que son de interese para poder desfrutar deste marabilloso mundo con seguridade, á vez que se desfruta e respecta un entorno natural privilexiado.

Cando un afeccionado sae polo monte a buscar cogomelos, aparte da roupa e calzado adecuados, debería ir provisto como mínimo de: unha cesta para a recollida, unha navalla para a extracción, unha libreta e un lapis para tomar notas sobre datos interesantes observados no momento e que máis tarde, quizás non recorde. En canto ós non iniciados, o máis sensato sería facerse acompañar dalgunha persoa máis experta e que puidera servirlle de referencia para poder progresar lentamente sen correr riscos.

Un bo recolector de cogomelos será identificado por percorrer o monte sen que se note a súa presencia despois da súa colecta de cogomelos e pola súa inconfundible cesta de castiñeiro ou material similar. Hai que rexeitar as bolsas de plástico como recipientes, porque contribúen a un deterioro rápido dos cogomelos. Asimesmo é moi útil nalgúns casos portar unha pequena navalla con cepillo.

Non é conveniente a recolección de cogomelos en tempo moi húmedo. Se están encharcados, algunhas das súas características poden variar dificultando a identificación e ademáis, perden unha boa parte dos caracteres organolépticos (sabor, olor, textura, etc.). Tampouco convén recolectalos se caeu xeada, salvo excepcións, as súas características veranse alteradas facéndoas non aptas para o consumo.

Non se deben utilizar anciños ou instrumentos similares para remover a capa superficial do monte. Esto perxudica seriamente os micelios menos profundos, e polo tanto, as futuras fructificacións; así como a do resto do ecosistema microbiano que vive no mantillo. Esta práctica nociva para o mantillo está expresamente prohibida.

 

Se o obxectivo da recolección é o estudo dos cogomelos, convén extraelos minuciosamente cunha navalla completamente para poder observarlos con tódalas súas características (sombreiro, pé, anel, volva, etc.). Tampouco convén mezclalos no mesmo recipiente.

Débense recoller sempre cogomelos do tamaño axeitado e sans. Se teñen vermes non son aptos para o consumo. Se son moi grandes poden resultar insípidos. E se son pequenos non esporaron aínda, e polo tanto non cumpriron a  súa misión no monte; ademáis nos primeros estadíos de desenvolvemento é moito máis fácil a confusión con especies tóxicas.

Non recolectar cogomelos que estean próximos a posibles sitios contaminados (industrias, estradas, etc.). Estes incorporan con facilidade algúns metais pesados e substancias carcinóxenas presentes nestas áreas e se se consumen, pasan ó organismo humano perxudicando a saúde.

Unha boa práctica e non consumir tódolos cogomelos que se recolectan. Convén deixar algúns exemplares para facilitar a súa identificación no caso dunha posible intoxicación.

Débense respectar os cogomelos que non se coñecen; aparte de embelecer o bosque, compren un importante labor biolóxico no mesmo. Os cogomelos que presentan vermes é mellor deixalos no  campo xa que, en xeral, non son aptos para o consumo humano, están liberando unha grande cantidade de esporas e ademáis poden contaxiar a toda a cesta. O mellor é recoller só exemplares a medio desenvolvemento, xa que os moi abertos son ademáis bastante insípidos.

A incrementar os coñecementos micolóxicos contribúen as publicacións que, como esta, amosan fotografías e descricións dalgúns dos cogomelos máis frecuentes en Santa Comba e na comarca do Xallas para o seu desfrute. Pero ¡ollo! son só unha axuda máis; saiba que pode haber cogomelos moi similares que non encontrará aquí. Desconfíe da primeira impresión que lle cause un cogomelo que encontrou nun libro, en especial se é un debuxo, dado que moitas veces pode darse o caso de que a especie que nós encontramos non aparece nel xa que se trata dunha especie pouco frecuente ou dunha traducción doutro manual fito para micoflora moi distinta. Asimesmo existen notables diferencias morfolóxicas nos exemplares segundo a zona, o estado de desenvolvemento ou a humidade dos últimos días, que poderían levarnos a equivocarnos na identificación.

Unha boa axuda é a aprendizaxe con persoas realmente coñecedoras dos cogomelos; pero hai que desconfiar dos “expertos” que tan só coñecen unhas cantas especies.

En tanto os nosos  coñecementos se vaian incrementando, só debemos recoller os cogomelos que coñezamos perfectamente. A este respecto, hai que lembrar, e insistir unha vez máis, que non hai ningunha fórmula sinxela para poder determinar a comestibilidade ou toxicidade dun cogomelo. Moitas aínda  seguen sendo as crenzas populares, máis ou menos arraigadas, que nos informan de formas incorrectas sobre a comestibilidade dun cogomelo. Algunhas das máis coñecidas  cítanse a continuación.

Todas elas son falsas:

  • É falso que ó cocer cogomelos cunha moeda ou obxectos de prata, ou incluso c0uns dentes de allo, estes ennegrezan se os cogomelos son tóxicos. Por exemplo a cicuta verde (Amanita phalloides) non ennegrece coa prata.
  • É falso que un cogomelo sexa tóxico porque cambie de cor ó cortalo. Algúns cambian de cor e son comestibles.
  • É falso que os cogomelos brancos sexan todos comestibles e os azuis tóxicos. O Amanita verna ou  o Amanita virosa son dous exemplos de cogomelos moi tóxicos de cor branco, mentres que o pistonuda ou pé azul (Lepista nuda) ten cores azuis e é de excelente comestibilidade.
  • É falso que un cogomelo sexa comestible polo feito de que estea parcialmente comido o mordido por animais, como por exemplo lesmas ou corzos. Son seres vivos completamente distintos e con metabolismo moi diferente; polo tanto, as consecuencias de comelos no son equiparables.
  • Igualmente, non demostra nada o feito de dalas de comer a algún animal doméstico e esperar os seus resultados. Hai velenos de efecto moi prolongado, incluso que tardan en manifestarse máis de 24 horas.
  • É falso que un cogomelo  sexa comestible se o seu sabor ou olor son agradables. Algúns dos cogomelos de maior toxicidade, como o Amanita phalloides, olen e saben ben.
  • É falso que sexan comestibles tódolos cogomelos que medran sobre madeira. O Galerina marginata, por exemplo, medra na madeira e é moi tóxico.
  • É falso que só son tóxicos os cogomelos que teñen anel e volva.
  • É falso que un cogomelo perda a toxicidade se se macera un tempo en vinagre ou salmoira.

Santa Comba na memoria

Historia fotográfica de Santa Comba

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *