O noso escudo

Escudo de Santa CombaO NOSO ESCUDO

 

Nel perpetúanse os feitos máis relevantes e significativos da nosa historia local, desde os tempos máis remotos ata hoxe mesmo, obtidos como consecuencia dun minucioso estudio realizado por historiadores e heraldistas especializados no tema, cunha disposición e forma das armas e demais elementos do escudo baseados no cumprimento das disposicións legais que regulan esta materia, con especial atención ao seu significado como símbolos históricos desta comarca, e máis concretamente das terras deste concello, como son, entre outros, o castelo como lembranza da antiga fortaleza de Xallas, as vieiras como elemento identificador do carácter arcebispal do castelo e como pobo de paso peregrino, o dobre ondado como máxima representación do río xallas ou a cor púrpura que simboliza unhas terras caracterizadas pola presencia e importancia da minería, sobre todo da explotación do estaño.

 

Este escudo e bandeira foron aprobados nos Decretos 543/2005 (bandeira) e 545/2005 (escudo) da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, e publicados no Diario Oficial de Galicia nº 209 do 31 de outubro de 2005, previa presentación do estudio presentado polo Concello de Santa Comba, co posterior informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa xuntanza do día 20 de outubro de 2005.

 

ESCUDO: De púrpura. Un castelo de ouro (amarelo), sobre ondas de prata, sumando nos flancos de dúas vieiras tamén de prata. Ao timbre, coroa real pechada.

 

BANDEIRA: De púrpura, o castelo de ouro (amarelo), sumando nos seus flancos, de dúas vieiras brancas e acompañado, ao batente, de dúas tiras brnacas, verticais ondadas.

 

CAMPO DO ESCUDO EN COR PURPURA (MORADO): Cubre todo o espacio que deixan as armas e outros elementos decorativos do mesmo. Trátase, sen dúbida, do elemento que mellor simboliza unha terras caracterizadas pola presencia e importancia da minería, sobre todo da explotación do estaño ao longo  dos séculos, desde os tempos prehistóricos ata os contemporáneos, representando a forma máis estable  do quefacer dunha comunidade humana que atopou precisamente na minería, non só unha das súas principais formas de desenvolvemento, senón tamén o modo máis eficaz para poñer de relevo a sua natural tendencia á comunicación, sobe todo de carácter comercial, coas xentes e lugares máis arredados do munto antigo. Carácter comercial que, na idade Moderna aínda se poñía de manifesto na súa mesma condición de pobo de arrieiros.

 

CASTELO CON TRES TORRES DE OUTRO, CON PORTAS E VANTÁS ABERTAS: Ocupa todo o centro do escudo, a metade dos flancos destro e sinistro, coas torres en xefe e a base en punta. Lembranza da antiga fortaleza de Xallas, símbolo da condición de señoríal arcebispal das terras do Concello de Santa Comba, dominio exercido ao longo de oito séculos  (XII-XIX). A simbolización de continuidade que representa o acontecer histórico do Concello de Santa Comba no seu proceso de formación e consolidación como unha comunidade humana solidaria e independente en relación cos seus veciños máis próximos e arredados, calidades nas que, incluso, o seu importante movemento migratorio a ser unha proba indiscutible.

 

A VIEIRAS: Elemento identificador do carácter arcebispal do castelo, símbolo e razón da doazón que os reis fixeron destas terras á igrexa compostelá como coidadora dos restos do Apóstolo Santiago, e como pobo de paso de peregrinaxe hacia Fisterra.

 

DOBRE ONDADO: A máxima representación do río Xallas, río que nace neste concello, que configura e dá nome á bisbarra, fortalecendo a idea de unión e continuidade que simboliza a comunidade humana que conformou e conforma o actual Concello de Santa Comba.

 

Ó timbre do escudo compleméntase cunha coroa real pechada.

A GRAN FORTALEZA DO CASTELO DE XALLAS

 

“Junto a la iglesia está la fortaleza de Jallas, que muestra aver sido fuerte. Tiene su barbacana y dos fosos…En el coto de Jallas, en la feligresía de San Pedro, está la fortaleça que lleman del Jallas, está ya derribada”

 

Na actualidade non existe pero é unha peza importantísima na historia destas terras e foi a base na que se asenta o escudo heráldico do concello deseñado a finais dos anos 90.

 

Trala morte do rei Alfonso IX en 1230 estas terras pasaron a denominarse couto do Xallas, como alfoz dunha vila reconvertida á xurisdicción señorial rural, encadrado dentro do amplo señorío dos arcebispos composteláns que mandaron levantar unha fortaleza, que sería o famoso castelo de Xallas, centro de dominio e control sobre o couto de Xallas, e clave na política señorial do arcebispo compostelán.

 

O Castelo de Xallas atopábase nun pequeño promontorio a uns 400 m de altitude, edificado sobre un vello castro, case no centro das terras do Couto, o que aumentaba o seu valor estratéxico e de control do territorio, literalmente achegado á igrexa parroquial desde donde gozaba dunha ampla visibilidade sobre un dos camiños que na idade media cruzaban o actual Concello de Santa Comba. A vía partía de Portomouro, pasaba case que por diante do castelo, cruzaba o río Xallas por Boaña de Arriba e se unía en San Lourenzo de Agualada co camiño que subía cara a Bergantiños. En 1.402 o arcebispo entregóulle-los castelos do seu señorío a homes da súa confianza e puso a fortaleza de Xallas en mans dun escudeiro ambicioso de nome Rui Sánchez de Moscoso.

 

Do aspecto deste castelo de finais da idade media temos referencias abondas. Antes da guerra irmandiña tiña unha torre da homenaxe de tres sobraos rodeada por dúas cercas ameadas. Cara a 1.460 o castelo presentaba un aceptable estado de conservación, pero posteriormente o derrocaron as irmandades con ocasión do seu levantamento e das graves alteracións sociais do último tercio do século XV.

 

Logo da guerra foi reconstruído, polo menos parcialmente polo patriarca Fonseca, pero a súa vida non foi moi longa. Quedou abandonado despois da pacificación de Galicia levada a cabo polos oficiais dos Reis Católicos. En 1.535 o tellado estaba na súa meirande parte polo chan, en 1.544 xa caeran boa parte das trabes, comenzaban a derrumbarse os muros de pechamento e silvas e carballos espallábanse polo soario da fortaleza, tres anos despois en 1.547 a totalidade da fortaleza centenaria xa estaba polo chan. Sen embargo o “Libro de rentas do arcedianato do Trastámara” elaborado a finais do século XVI e principiosdo XVII  afirma “Junto a la iglesia está la fortaleza de Jallas, que muestra aver sido fuerte. Tiene su barbacana y dos fosos”.

 

As primeiras referencias a este castelo arcebispal son de finais do século XII, reinando aínda Alfonso X. A fortaleza que foi levantada no pontificado de don Xoan Arias co propósito de reforza-lo señorío episcopal, estaba situada na parroquia de San Pedro de Xallas de Castriz moi achegado ó lugar de O Hospital. A principio do século XVII o visitador Jerónimo del Hoyo considerao unha ruina total “En el coto de Jallas, en la feligresía de San Pedro, está la fortaleça que lleman del Jallas, está ya derribada”

 

En 1.617 do castelo xa só quedaban uns 10 pés de alto dunha parede, todo o demais estaba desbaratado e deixou de estar operativo nada máis entrar no período que entendemos como Idade Moderna e para a aldea próxima era unha simple morea de pedra, testemuñas mudas doutra época e semella que utilizadas para a construcción da bóveda da igrexia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *