Orixes Celta

Casco celta

Imagen 1 de 12

Casco celta

 

OS MÁIS XENUÍNOS DESCENDENTES DOS CELTAS.

 

Xa o dicían os historiadores e literatos de séculos pasados, os xalleiros son os máis xenuínos representantes da ascendencia celta. Manuel Murguía na súa Historia de Galicia describía a xurisdición de Xallas como “aquela comarca marcada col poderoso selo daquela póla, a última, pero non por iso menos nobre, das tribos célticas que acamparon sobre ol solo de Europa”.

Pero agora, un estudo científico da Universidade de Zaragoza coa colaboración de Ángel Carracedo, director do departamento anatómico forense do Instituto de Medicina Legal de Santiago e fillo predilecto do municipio, sobre as mutacións xenéticas, certifica a orixe celta dos xalleiros. Este conclúe a enorme incidencia do xene denominado APO B3500 en varios puntos de Galicia e son Santa Comba e a ría da Coruña as zonas onde se dá un maior número de casos, o que achega ós veciños de Santa Comba ás colectividades actuais de Centroeuropa, Gran Bretaña e Irlanda, onde se asentaron poboadores celtas e suevos. A investigación considera que os actuais poboadores de Xallas comparten unha mutación xenética inalterada tras 6.000 anos e que hai características endogámicas como que o xene se dá en enfermos de hipercolesterolemia familiar e persiste ó longo do tempo. Esta unidade xenética cos celtas refórzase coas evidencias da arqueoloxía e a toponimia, a existencia de poboados castrexos, restos de ourivaría e nomes como Arciprestado de Céltigos ou Vilar de Céltigos e o palpable legado suevo na toponimia como Guldrís, Castriz, Esternande, Armada ou Guisande, ademais, o grupo de xermanismos é o que deu orixe a máis nomes no actual termo municipal de Santa Comba.

CREACION DO MUNICIPIO

Céltigos, Ialles, Alcayaa, Couto de Jallas

Creouse no ano 1836. O sete de xuño dese ano, na sesión da Deputación da Coruña, establécese o Concello de Santa Comba tal e como hoxe o coñecemos, coas 17 parroquias, e daquela, con 4.475 habitantes.

No Trienio Liberal, concretamente en 1821, o que hoxe coñecemos como Concello de Santa Comba estaba dividido en dous, o de Cícere e o de Xallas.

Como xurisdicción de Xallas xa existía no século XVIII e hai moitos indicios que nos permiten situar as orixes históricas da fidalguía local de Santa Comba antes de 1577, polas armas dos Caamaño conservadas no Pazo de Cícere de arriba, o que significa que a incrustación dominical da fidalguía rural xa era unha realidade no século XVI.

Documentos de aproximadamente o ano 1209 permítennos saber que, durante o reinado do monarca Afonso IX, en Xallas existía un concello dependente do rei xa que este lles daba as súas ordes directamente, que facía xustiza no seu nome e que contaba cuns alcaldes, Domingo Alegre e Domingo Fernández, denominados “homes do concello”.

Ademais, por documentación posterior sebemos da existencia dunha vila chamada “Ialles (Xallas) d’Alcayaa”, dotada cun alfoz e situada nestas mesmas terras, que permaneceu baixo o dominio arcebispal ata o século XIX.
No século XII, cando Xallas non é unha realidade e Céltigos é a única referencia posible, crese que San Cristovo de Mallón podía ser recoñecida como San Cristovo de Céltigos, xa que é a única igrexa consagrada a este patrón. Trala morte do rei Afonso IX, en 1230, estas terras pasaron a denominarse couto do Xallas, como alfoz dunha vila reconvertida á xurisdicción señorial rural. Cara a 1373, Céltigos xa perdera terreo e desaparece cando a denominación de Santa Comba de Céltigos se converte en “San Pedro de Santa Comba do couto de Jallas”. Ata o ano 1920 a aldea máis poboada do municipio era Vilar de Céltigos que aínda existe hoxe coa mesma denominación. Céltigos tamén lle dá nome, na actualidade, ó arciprestado.

Foi capital de arciprestado e unha das aldeas máis grandes da provincia da Coruña.

O condado de Trastámara, que xunto co de Lemos e o de Andrade, foron os máis importantes títulos hereditarios de Galicia, ten a súa orixe nas Terras de Xallas, de aí recibiu o nome de Trastámara, é dicir, máis alá do Tambre (tralo Tambre).

Existen indicadores da presenza de asentamentos humanos nestas terras desde aproximadamente 4.000 anos antes de Cristo, e somos, segundo estudos científicos contrastados, os máis xenuínos representantes da ascendencia celta, o que achega os veciños de Santa Comba ás colectividades actuais de Centroeuropa, Gran Bretaña e Irlanda, onde se asentaron poboadores celtas e suevos.

Santa Comba forma parte da Terra de Xallas, xunto co concello de Mazaricos. No ano 1834 cando Domingo Fontán entregaba oficialmente o seu “Mapa ou Carta Xeográfica” á Súa Maxestade a Augusta Raíña Gobernadora Dona María Cristina de Borbón, xa situaba a “Comarca de Jallas”, rodeada pola “Tierra de Soneira” o “”Valle de Vimianzo” e o “Valle de Barcala, e era a única que recibía a denominación de comarca.

Ó longo da historia e ata chegar á Santa Comba actual, estas terras chamáronse, Célticos, Xallas, Couto de Xallas, Ialles d’alcaya e San Pedro de Santa Comba do Couto de Jallas.

 

Imaxes con descripción.
Ano.
Cortesia de.
Quen aparece.

2 comments

  1. erminialopez dice:

    Queria saber quien me mando este email

    Sois de las Cantadeiras de Santa Comba em Buenos Aires?

    Gracias

    herminia

    • José Luis Varéla Martínez admin dice:

      Esta es una página web de fotos antiguas de Santa Comba en La Coruña, España, supongo que te habrán enviado el enlace para que mires algo, ¿eres de Santa Comba?

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *