Vehículos

Autobús Barreiros Saeta 75

Imagen 1 de 137

| 1967 cortesía | M.ª Jesús do Redondo aparece | Autobús Barreiros Saeta 75. Os personaxes son Manuel Mata e Pepe do Celta

VEHICULOS E  TRANSPORTE

 

“Los Diputados que suscriben, teniendo presente el estado de abandono que por parte de la provincia se ha considerado el distrito judicial de Carballo, que no tienen una sola carretera provincial completa, ni un camino vecinal que hubiese sido subvencionado con fondos provinciales, ruegan a la Excma. Diputación se sirva declarar carreteras provinciales las de Santiago a Lage, por puente Portomouro, Santa Comba y Zas, la de Carballo a Alvite por Santa Comba, la de Corme al puente de Portomouro por Puenteceso y Castriz”.

 

 

 

AS PRIMEIRAS INFRAESTRUCTURAS VIARIAS E DE TRANSPORTE

 

A Rede de camiños de Galicia entre 1.845 e 1.865 mostraba a existencia de varios que pasaban polo Concello de Santa Comba; eran os camiños de ferradura de Buño a Castriz, de 24 Km; de Santiago a Laxe por Santa Comba, de 60 Km; de Santa Comba a Lestón por Anxerís e Golmar, de 41 Km e de Carballo a Noia por Santa Comba, de 59,9 Km.

 

O 7 de abril de 1.848 a Deputación Provincial clasifica como “camino de primer orden el camino de Muros a Santa Comba, debido al deseo de fomentar la agricultura y el comercio, abriendo vías de comunicación”.

 

Posteriormente, e dentro dos esforzos construtivos nos anos 1.855 e 1.856, tamén se clasifica como camiño de primeira orde o de Santiago a Baio por Portomouro e Santa Comba. De segunda orde, catalógase o camiño de Santiago a Bergantiños por Castriz. No Plan de Estradas de 1.857 aparece como estrada de terceira orde a de Negreira a Camariñas por Santa Comba e A Agualada.

 

En Xaneiro de 1.864 a Deputación publica o plan xeral de camiños veciñais da provincia, onde figuran o camiño de Negreira a Muxia pola Ponte Antes e Concellos da Baña e Santa Comba; o camiño de Santiago a Vimianzo e Carantoña polos concellos de Ames, A Baña e Santa Comba; o camiño de Santiago a Ponteceso polo de Castriz e Concello de Santa Comba; o camiño de Noia a Carballo polo Concello de Santa Comba e Ponte Castriz e o camiño de Santa Comba a Cerceda por Tordoia.

 

Un ano despois, en 1.865, apróbase un plan para a construción de estradas financiadas con fondos provinciais, entre as que se atopa a de Ponte do Porco a Santa Comba por Bergondo, Cambre, Culleredo, Cerceda e Tordoia. No ano 1.867 suprímese o partido xudicial de Negreira, e Santa Comba pasa ó de Carballo en 1.871, o que sería moi beneficioso para as comunicacións: “Los Diputados que suscriben, teniendo presente el estado de abandono que por parte de la provincia se ha considerado el distrito judicial de Carballo, que no tienen una sola carretera provincial completa, ni un camino vecinal que hubiese sido subvencionado con fondos provinciales, ruegan a la Excma. Diputación se sirva declarar carreteras provinciales las de Santiago a Lage, por puente Portomouro, Santa Comba y Zas, la de Carballo a Alvite por Santa Comba, la de Corme al puente de Portomouro por Puenteceso y Castriz”.

 

A partir dese intre, moitas da pontes de pedra, na súa maioría medievais, van ser substituídas por outras que se axusten ás novas pendentes e ás aspiracións de mellora nas condicións do transporte. Pero, de tódolos camiños e estradas que se construíron, houbo unha que tiña unha importancia maior, foi a estrada de Santa Comba a Santiago que pasaba por Portomouro. En 1.884 esta estrada atopábase en construción e o concello, en sesión plenaria do 31 de marzo de 1.884, para non atrancar o proceso, acordou ceder toda a parte de montes do común, que foi ocupada pola estrada, e once anos despois, á altura de 1.895, xa estaba rematada.

 

Procedeuse entón á reparación do camiño veciñal que desde a Casa Consistorial unía a vila de Santa Comba coa estrada, nunha extensión aproximada dun quilómetro que, unha vez máis, ante a falta de recursos do concello, como queda reflectido nas actas plenarias do 2 de setembro de 1.895, fíxose a partir da iniciativa e prestación persoal dos veciños.

 

 

AS LIÑAS DE TRANSPORTE

 

Os servizos de bagaxes, os servizos diarios de carruaxes no “cupé”, os servizos de trolebuses, os coches de liña e os primeiros taxis

 

As comunicacións eran realmente complicadas, os camiños veciñais por onde circulaban recuas de carros amosaranse aínda a finais de século XIX totalmente insuficientes paras as necesidades do tráfico local.

 

No ano 1.865 o goberno da provincia saca a poxa a prestación do servizo de bagaxes no camiño da Coruña a Corcubión e Fisterra (Arteixo, Carballo, Santa Comba e Ponte Olveira). A adxudicación do punto de Santa Comba a Ponte Olveira, Zas e Santa Comba, foi concedida a D. José María Fernández, a quen tamén se lle adxudica en 1.866. De 1.867 a 1.871 encárgase do punto de Santa Comba D. Angel Barrera Fernández.

 

No mes de abril de 1.896, un ano despois de rematada a estrada de Santa Comba a Santiago, e segundo as actas plenarias do concello do 20 de abril de 1.896, os coches de liña que se dedicaban ó transporte de pasaxeiros, xa estaban funcionando nesta estrada.

 

Así empezou o século XX, cun servizo diario de carruaxes a Santiago, ás dúas da tarde e cun prezo de catro pesetas no interior e de tres no “cupé”. Esta liña amplíase pouco despois, en 1.905, cando se comunica a vila con Vimianzo (por Portomouro) nun servizo diario que comeza a súa explotación coa coñecida “Empresa Guillén y Santa Comba”.

 

Posteriormente, en xuño de 1.926, a empresa Santa Combés establece unha liña de viaxeiros e mercadorías con ómnibus de Santiago a Camariñas. Desde 1.930 ata 1.950 a liña de Vimianzo é substituída pola de Corcubión e a partir de 1.960 dáse unha maior variedade de liñas de comunicación entre Santa Comba e as vilas do seu arredor.

 

AS EMPRESAS LOCAIS

 

Manolo do Celta foi pioneiro nos transportes de viaxeiros cunha furgoneta que Franco trouxera a España para o servizo dos militares que estaban na guerra.

 

O transporte de viaxeiros, por parte de empresarios locais, comezou en 1.938 cando Manolo do Celta mercou e acomodou para o transporte de viaxeiros, unha furgoneta Chandler que Franco trouxera a España dous anos antes para o servizo dos militares que estaban na guerra.

 

Posteriormente, en 1.952, Paco Romar comezou cunha Packard, popularmente coñecida como “A Rubia”, de terceira man,  que lle mercara por 23.000 pesetas ó Rebeirán, que a súa vez lla comprara a uns veciños de Laxe que a empregaban para a venda de peixe. Paco investiu nela  50.000 pesetas (algo máis do dobre do que lle custou) en adaptala para o transporte de viaxeiros. Nun principio, estaba a disposición, case en exclusiva, da Banda de Música de Santa Comba, da que Paco formaba parte.

 

En 1.955 Paco Romar quería poñer en marcha un servizo regular de viaxeiros, pero a administración obrigáballe a ter como mínimo dous coches. Por iso, asociouse con Severino Amarelle e crearon a empresa de transportes Romarelle e “á Rubia arrimámoslle outra furgoneta, ou xa non sei o que era, porque non tiña marca e estaba construída con pezas doutros vehículos”.

 

Uns catro anos despois, a sociedade Romar-Amarelle desfíxose, quedando por un lado Autos Romar, e polo outro, Severino Amarelle fillo facíase cargo de Autobuses Amarelle.

 

Desde aquela, Autos García “os do Celta”, Autos Romar e Autos Amarelle conviven nunha harmónica competencia. En 2010, Autos Romar foi absorbida pola coruñesa Autocares Vázquez.

 

 

OS PRIMEIROS TAXIS

 

Ademais de carruaxes, trolebuses e autocares, o concello tamén contou desde 1.930 con servizo de taxis.

 

Vilar e Barreiro foron os pioneiros, seguidos despois por José Negreira, o único existente no concello en 1.935. Dez anos máis tarde, en 1.945, contamos xa con catro taxis: Durán Castro y Cª, Manuel García, Casimiro López e Ricardo Villar.

 

Pouco despois hai un retroceso e en 1.950 atopamos só dous servizos, o de Manuel García e Casimiro López, aínda que dez anos máis tarde, vólvese a recuperar o índice, con catro servizos novos, Manuel García, Ramón Otero, Arturo Pose e Francisco Romar. O número de taxis foi medrando desde entón.

 

 

Imaxes con descrición.
Ano.
Cortesia de.
Quen aparece.


 
 

Santa Comba na memoria

Historia fotográfica de Santa Comba

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *